Economía verde e circular
Sumario
Economía lineal
O modelo de produción e consumo que predominou desde a Revolución Industrial ata a actualidade está baseado na economía lineal.
A economía lineal é un sistema no que o proceso de produción e consumo segue un fluxo consistente en extraer os recursos, fabricar os produtos, consumilos e desbotar os residuos cando xa non se utilizan.
O fluxo da economía lineal segue, polo tanto, as seguintes fases:
- Extracción: Extráense os recursos naturais necesarios para a fabricación.
- Produción: Os recursos naturais extraídos son utilizados para fabricar produtos.
- Distribución e consumo: Os produtos distribúense e póñense a disposición dos consumidores.
- Desboto: Cando o produto chega ao final da súa vida útil, é desbotado.
Este modelo de produción e consumo actual presenta unhas características que o fan insostible a longo prazo.
- Esgotamento dos recursos
- É preciso extraer grandes cantidades de recursos naturais que son finitos e, polo tanto, acabarán esgotándose se continuamos coa súa sobreexplotación.
- Consumismo excesivo
- Fomenta un modelo de consumo desmedido baseado na cultura de "mercar, usar e tirar".
- A obsolescencia programada é unha das estratexias para estimular a demanda constantemente e reducir a vida dos produtos.
- Xeneración e xestión ineficiente de recursos
- Este modelo produce unha enorme cantidade de residuos que, na súa maioría, acaban en vertedoiros ou son incinerados.
- Non se dá prioridade á recuperación, reciclaxe e reutilización dos materiais para darlles unha nova vida.
- Impacto ambiental
- O obxectivo deste modelo é maximizar o beneficio económico das empresas sen ter en conta o impacto ambiental ou social que poida ter a actividade económica.
- A economía lineal ten un impacto moi negativo sobre o medio ambiente (emisión de gases de efecto invernadoiro, contaminación, produción de residuos, consumo de auga, uso de enerxías non renovables, etc.), polo que é unha das principais responsables do cambio climático e da degradación do planeta.
- Desigualdade social
- En moitos casos, o modelo actual provoca desigualdades e pobreza. A explotación laboral, a falta de acceso a recursos e servizos básicos, e a desigual distribución da riqueza entre individuos ou entre territorios son problemas asociados a este modelo.
É evidente que non podemos seguir actuando como se os recursos naturais fosen infinitos e a Terra non estivese en perigo polos efectos da nosa actividade económica. É necesario e urxente que a sociedade aposte por un modelo de produción e consumo responsable, fundamentado nunha economía verde e circular.
“El mundo es suficientemente grande para satisfacer las necesidades de todos, pero siempre sera demasiado pequeño para la avaricia de algunos. Mahatma Gandhi”
Economía circular
A Economía Circular (EC) quere eliminar os residuos nos ciclos produtivos rexeitando dous conceptos da Economía Lineal (EL): Obsolescencia Programada e Descartabilidade.
Hai algúns conceptos veciños que nutren este concepto.
- economía verde
- Estudiarase en profundidade a cotinuación
- bioeconomía
- Conxunto das actividades económicas que obteñen produtos e servizos, xerando valor económico, utilizando, como elementos fundamentais, os recursos de orixe biolóxica, de maneira eficiente e sostible. O seu obxectivo é a produción e comercialización de alimentos, así como de produtos forestais, bioprodutos e bioenerxía, obtidos mediante transformacións físicas, químicas, bioquímicas ou biolóxicas da materia orgánica non destinada ao consumo humano ou animal e que impliquen procesos respectuosos co medio, así como o desenvolvemento dos contornos rurais.
- simbiose industrial
- A simbiose industrial é un fenómeno no que dúas ou máis empresas se benefician mutuamente a partir do intercambio de residuos ou subprodutos para utilizalos como insumos.
- C2C (Cradle to Cradle) ou berce a berce
- Paradigma de deseño de economía circular que imita á natureza: o residuo dun sistema convértese en nutriente para outro.
Cabe destacar que, ao ser unha disciplina relativamente nova, aínda non chegamos a un acordo sobre unha definición global de EC, xa que aínda non existe un órgano rector mundial nin un consenso xeneralizado arredor desta definición.
DEBATE- Pensar que é viabel o modelo de economía circular? Cales cres que son os principais obstáculos, e cómo se poderían superar?
DEBATE. Cancelas cos ferros do colchón. Feismo ou exemplo de economía cirular no rural? Artigo do diario El País.
AUDIVISUAL. A Economía Circular en 4 minutos! E en 2 minutos!
As 7R da economía circular
Das 3R do consumo ecolóxico (reducir, reutilizar e reciclar) vaise ampliando cos anos ata chegar as 7R da economía circular.
Obsolescencia programada
Práctica comercial consistente na fabricación de produtos cunha vida útil limitada ou xerando artificialmente a necesidade de mercar produtos sustitutorios innecesariamente; económicamente a curto prazo é beneficioso para as empresas porque aumentan as ventas e os ingresos, pero e perxudicial para consumidores e para o medioambiente cun consumo de recursos innecesarios.
CURIOSIDADE. Foi Clifford Brooks Stevens o que acuñou o termo obsolescencia programada. Este deseñador industrial a definiu como "o desexo do consumidor de ter algo un pouco máis novo, un pouco mellor e un pouco antes do necesario."
E froito da actual sociedade capitalista, na que os cidadáns desexan ter sempre máis consumibles nunha procura dunha felicidade que non acaban de atopar.
Hai varios tipos de obsolescencia programada:
- Funcional. Cando un produto pasa a estar limitado polo sistema operativo, non permitindo novas actualizacións, ou raletizándose e funcionado de xeito limitado tras unha actualización
- Planificada. Programando unha vida útil máis limitada desde a súa fabricación, o que fará que tras un número de usos deixe de funcionar.
- Por defecto. Cando unha peza rompe, se avería ou se esgota, non se pode reemplazar, facendo necesario cambiar o produto ao completo.
- Incompatible. Non permite o seu uso interoperable con outros fabricantes, ou con versión anteriores ou posteriores do produto.
- Psicolóxica. Marketing agresivo ofertando novos produtos que en apariencia dan novas funcionalidades, pero resultan ser máis unha cuestión de atraer o cliente coa exclusividade do último modelo.
A Unión Europea está lexislando o dereito a reparar, obrigando aos fabricantes a reparar un produto por un precio e prazo razonables tralo fin da garantía; facilitando acceso a pezas de recambio, información e ferramientas relacionadas coa reparación para os consumidores; e dando incentivos para optar pola reparación, como vales e fondos.
Compra solamente lo necesario, no lo conveniente. Lo innecesario, aunque cueste un solo centimo, es caro. Lucio Anneo Séneca
Economía verde
Na Conferencia das Nacións Unidas sobre o Desenvolvemento Sustentable (Río+20), a Economía Verde foi recoñecida como unha ferramenta para acadar un desenvolvemento sustentable social, económico e ambiental. O Programa da ONU para o Medio Ambiente (PNUMA) definiu a Economía Verde como "aquela economía que resulta nun maior benestar humano e equidade social, reducindo significativamente os riscos ambientais e as escasezas ecolóxicas". Na súa expresión máis simple, unha Economía Verde pode considerarse como aquela que é baixa en carbono, eficiente en recursos e socialmente inclusiva.
RESUMO. A economía verde e aquela que mellora o benestar humano e a equidade social á vez que reduce os riscos ambientais e a escaseza ecolóxica.
A economía verde caracterízase por baixas emisións de carbono, polo uso eficiente dos recursos e por ser socialmente inclusiva.
A Green Economy Coalition estableceu unha serie de principios, prioridades e vías para lograr unha economía verde, que contan co respaldo de importantes organismos internacionais como as Nacións Unidas (ONU), o Organismo para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE) ou a Organización Internacional do Traballo (OIT), entre outros
ACTIVIDADE. Calcula a túa pegada de carbono.
Obxectivos
A economía verde persegue varios obxectivos fundamentais para lograr unha transformación positiva e sustentable da economía actual.
- Sustentabilidade ambiental
- implica protexer e conservar o medio ambiente, reducir a contaminación e promover as enerxías renovables.
- Desenvolvemento económico inclusivo
- promover un crecemento económico que beneficie a todas as persoas, creando empregos verdes e sustentables e fomentando a innovación.
- Uso eficiente dos recursos
- empregar de forma responsable os recursos ecosistémicos, evitando a xeración de residuos innecesarios e optimizando o consumo de enerxía e materiais.
- Responsabilidade social
- garantir a equidade social, o respecto dos dereitos humanos, a participación cidadá, a inclusión de comunidades vulnerables e asegurar condicións laborais xustas.
- Resiliencia e adaptación ao cambio climático
- emprender políticas e medidas que permitan que as sociedades e as economías se adapten aos desafíos climáticos.
Outros obxectivos que procura acadar:
- Erradicar a pobreza
- favorecendo o reparto equitativo da riqueza e das oportunidades. A creación de emprego e o impulso da innovación deben xerar un crecemento económico do que se beneficien todas as persoas
- Apostar pola eficiencia enerxética
- empregando os recursos naturais de xeito eficiente e sostible, xerando menos residuos e optimizando o consumo de enerxía e materiais
- Empregar enerxías renovables
- reducindo emisións de CO2 e gases de efecto invernadeiro
- Compromiso das entidades públicas
- dotando recursos a adopción de medidas para loitar co cambio climático
- Buscar o benestar da sociedade
- Compaxinando o desenvolvemento socioeconómico, e apostando polos investimentos en educación, tecnoloxía, innovación, emprego verde e sostible
Principios
Os principios básicos dunha economía verde para acadar os obxectivos de desenolvemento sustentable son:
Tendencias
As principais tendencias da economía verde son:
- Enerxías renovables
- Consumo responsable
- Movilidade sostible
- Agricultura sostible
- Infraestruturas verdes
- Cultura empresarial verde
- Economía circular
Beneficios da economía circular e verde
Estes son, entre outros, os beneficios para o medio natural:
- Diminución no uso de recursos enerxéticos e naturais
- Mellora da eficiencia enerxética
- Redución da dependencia dos combustibles fósiles
- Descenso da emisión de gases de efecto invernadeiro
- Menor xeración de residuos
- Prorización no desfrute de servizos no canto de posesión de artigos
- Productos fabricados máis durareiros e sostibles: reutilizables, reparables e reciclables
- Aposta polo ecodiseño
- Creación de novos nichos de emprego de calidade
- Crecemento da competitividade das empresas
- Mellora da calidade de vida das persoas consumidoras
- Menor dependencia de terceiros países
- Minimización da pegada ecolóxica
- Protección da biodiversidade e menor presión sobre o medioambiente
Diferencias e semellanzas entre a economía circular e a vede
As dúas´do mesmo xeito:
- abogan por invertir en innovación e tecnoloxía como vía para acadar un desenvolvemento sostible
- buscan a transición ecolóxica e a descarbonización para reducir as emisións e loitar contra o cambio climático
- posiblitan novos perfís profesionáis e empregos asociados o desenvolvemento sostible e á conservación da biodiversidade
Mais a economía verde está centrada nas consecuencias sobre o medioambiente mentres que a economía circular está no ciclo de vida dos produtos; e a primeira reclama máis orzamento público, e a segunda máis cooperación entre axentes socioeconómicos.
O ecodeseño
Metodoloxía que busca reducir os efectos medioambientais da fabricación de produtos e propiciar o cambio hacia unha economía cirucular.
A norma ISO 14006 define o ecodeseño no desenvolvemento de produtos coma o conxunto de procesos que reducen o impacto ambiental ao longo do ciclo de vida dos produtos.
Estratexias e principios
Os principios nos que se basea o ecodeseño son:
- Deseño que axude a creación dun produto óptimo
- Selección de materiais máis sostibles
- Diminución do uso de materiais
- Melloras na produción
- Melloras na distribución
- Uso máis sostible
- Melloras no ciclo de vida
- Melloras relacionadas co final da vida do produto
TABOA MCGRAHWILL 68
Beneficios do ecodeseño
Algúns dos beneficios de implantar o ecodeseño na empresa son:
- Beneficios económicos derivados das posibilidades que ofrece de reducción de costes, mellora do acceso a financiación e aumento da competitividade
- Fomento da innovación, a creatividade e a busca de novos modelos de negocio
- Mellor cumprimento da legalidade medioambiental adiantándose a regulacións futuras e evitando sancións
- Mellora da imaxe pública da empresa e as súas marcas
- Maior motivación do persoal da empresa
Etapas no proceso de ecodeseño
A selección dunha solución de deseño determinada buscará un compromiso entre as consideracións ambientáis, técnicas, de calidade, de seguridade e económicas. O proceso debe seguir estas etapas:
- Definir as funcións do produto
- Determinar os aspectos medioambientais que se terán en conta (requisitos de materiais, enerxía, emisións,...)
- Identificar estratexias de mellora ambiental do produto
- Fixar obxectivos ou metas ambientais
- Especificar o produto con consideracións ambientais
- Desenvolver solucións técnicas (deseño definitivo)
Análise do ciclo de vida
Recursos audiviosuales
- The Lightbulb Conspiracy. Comprar, tirar, comprar.
- Reparar, reutilizar y reciclar. Parlamento Europeo.
Resumo
- O sistema económico lineal é o modelo tradicional
- realízase a extración dos recursos naturais para fabricar produtos de consumo que ao finalizar a súa vida útil se convirten en residuos e se tiran
- é un modelo insostible, con gran impacto medioambiental
- está asociado ao consumismo, un sobreconsumo irreflexivo que empurra a adquirir bens e servizos sen valorar a necesidade real para facelo
- A economía circular é un sistema produtivo e de consumo que procura alargar a vida dos recursos, reducindo os residuos que xeneramos e as materias primas que consumimos
- Basease en conservar, protexer e cuidar os recursos naturais para favorecer a súa rexeneración optando por
- as enerxías renovables
- erradicar os combustibles fósiles
- aumentar a vida dos produtos (facilitando a súa reparación, reutilización ou reciclado)
- favorecer decisións sobre produción e consumo que supoñan un uso eficiente dos recursos
- fálase das 7R: redeseñar, reducir, reutilizar, reparar, renovar, recuperar e reciclar
- a pegada ecolóxica é un indicador que mide o impacto da nosa forma de vida no medioambiente.
- é un índice de sostenibilidade de ámbito internacional
- A economía verde é aquela que resulta nun mellor benestar e equidade social reducindo significativamente os riscos ambientais e as escaseces ecolóxicas
- os seus obxectivos son:
- erradicar a pobreza
- propiciar o uso de enerxías renovables
- acadar o benestar da sociedade
- a obsolescencia programada é unha práctica comercial que consiste en fabricar un produto de xeito que teña unha vida útil limitada
- obriga a substitucións innecesarias aumentando as ventas, pero sendo insostible ecolóxicamente
- a UNE-EN ISO 14040 define
- o ACV coma "a recopilación e avaliación das entradas, as saídas e os impactos ambientais potenciais dun sistema do produto a través do ciclo de vida
- o ecodeseño no desenvolvemento de produtos coma o conxunto dos procesos que reducen o impacto medioambiental durante o ciclo de vida dos produtos.