PHP Modelo - Vista - Controlador
Revisión del 21:09 12 nov 2016 de Wiki (discusión | contribuciones)
- Como editor de texto recomendo instalar Brackets.
- Primeiro vídeo: basicamente fala de instalar composer e con el instalar Laravel. Para instalar Laravel necesitamos ter php instalado.
- Para instalar Laravel, dende consola escribiremos: composer create-project laravel/laravel nome_proxecto "5.1.*"
- Sendo 5.1 a versión de Laravel a utilizar
- Para lanzar o servidor web do proxecto creado, estando no cartafol raíz de dito proxecto, escribiremos: php artisan serve
- Aparecerá unha mensaxe informando de que o servidor web está levantado e escoitando no porto 8000. Escribiremos na URL do navegador: http://localhost:8000
- Segundo vídeo: Fala de facer probas.
- Durante o mesmo indica que fai uso de artisan. Artisan é un comando de Laravel. Podedes consultalo neste enlace.
- Para executar un comando de artisan temos que escribir: php artisan comando dende o raíz do sitio web creado.
- Cando creamos un modelo coa orde: php artisan make:model Note
- Isto crea un arquivo de nome Note.php no cartafol /app no raíz do proxecto.
-- Ángel D. Fernández González -- (2016).