Boletín de subconsultas
Revisión del 21:28 20 nov 2021 de Joselv (discusión | contribuciones) (Página creada con «= Tarefas = As tarefas propostas son as seguintes: * Tarefa 1. Realizar consultas que utilicen os operadores relacionais combinados con subconsultas dentro dunha condición…»)
Tarefas
As tarefas propostas son as seguintes:
- Tarefa 1. Realizar consultas que utilicen os operadores relacionais combinados con subconsultas dentro dunha condición.
- Tarefa 2. Realizar consultas que utilicen o predicado BETWEEN combinado con subconsultas dentro dunha condición.
- Tarefa 3. Realizar consultas que utilicen o predicado IN combinado con subconsultas dentro dunha condición.
- Tarefa 4. Realizar consultas que utilicen o predicado EXISTS combinado con subconsultas dentro dunha condición.
- Tarefa 5. Realizar consultas que utilicen subconsultas que non forman parte dunha condición.
Utlizaranse as bases de datos tendaBD, traballadores e
Tarefa 1. Realizar consultas que utilicen os operadores relacionais combinados con subconsultas dentro dunha condición
A tarefa consiste en realizar as seguintes consultas utilizando operadores relacionais pra relacionar unha consulta principal con subconsultas dentro dunha condición.
As tarefas do 1.1 a 1.6 serán sobre a base de datos tendaBD e do 1.7 a 1.12 sobre a base de datos traballadores
- Tarefa 1.1. Seleccionar código e peso dos artigos que teñen o peso máis pequeno có peso do artigo de código '077WN45'.
- Tarefa 1.2. Seleccionar código, nome, peso e cor dos artigos da mesma cor có artigo de código '242C283', e que teñan un peso maior ou igual co peso medio de todos os artigos.
- Tarefa 1.3. Seleccionar código da tenda e nome do xerente das tendas nas que se vendeu polo menos unha unidade do artigo de código ' 077WN45'.
- Tarefa 1.4. Mostrar a lista de artigos cun prezo de venta maior có prezo de venta do artigo máis barato de cor negra. Obter o mesmo resultado nos dous casos seguintes:
- Utilizando any.
- Utilizando a función min().
- Tarefa 1.5. Seleccionar código de artigo, descrición do artigo e código do provedor para os artigos que subministra o provedor que ten o nome SEAGATE.
- Tarefa 1.6. Mostrar información do artigo máis caro, Seleccionando o seu código, nome, prezo de venta e nome do provedor que o subministra.
- Tarefa 1.7. Mostrar nomes e salarios dos empregados que teñan salario maior có salario de tódolos empregados do departamento 122. O resultado móstrase ordenado por nome de empregado.
- Tarefa 1.8. Mostrar os nomes e salarios dos empregados con salarios maiores ou iguais a o de Claudia Fierro, ordenados alfabeticamente. Resolver esta consulta:
- con subconsulta.
- sen subconsulta utilizando JOIN.
- Tarefa 1.9. Mostrar nome e presuposto dos departamentos que teñen o presuposto máis alto e o máis baixo.
- Tarefa 1.10. Mostrar número, nome, data de ingreso na empresa e nome do departamento no que traballa o empregado ou empregados que levan máis tempo na empresa.
- Tarefa 1.11. Mostrar nome e salario dos empregados que cumpran algunha das seguintes condicións:
- Ingresaron na empresa despois do 1-1-88.
- Ingresaron na empresa antes do 1-1-88 pero teñen un salario inferior ao salario medio de todos os empregados da empresa.
- Tarefa 1.12. Mostrar a extensión telefónica asignada a máis empregados indicando o número de empregados que a comparten. Se hai máis dunha, deben aparecer todas.