Boletín de subconsultas

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Tarefas

As tarefas propostas son as seguintes:

  • Tarefa 1. Realizar consultas que utilicen os operadores relacionais combinados con subconsultas dentro dunha condición.
  • Tarefa 2. Realizar consultas que utilicen o predicado BETWEEN combinado con subconsultas dentro dunha condición.
  • Tarefa 3. Realizar consultas que utilicen o predicado IN combinado con subconsultas dentro dunha condición.
  • Tarefa 4. Realizar consultas que utilicen o predicado EXISTS combinado con subconsultas dentro dunha condición.
  • Tarefa 5. Realizar consultas que utilicen subconsultas que non forman parte dunha condición.

Utlizaranse as bases de datos:

Tarefa 1. Realizar consultas que utilicen os operadores relacionais combinados con subconsultas dentro dunha condición

A tarefa consiste en realizar as seguintes consultas utilizando operadores relacionais pra relacionar unha consulta principal con subconsultas dentro dunha condición.

As tarefas do 1.1 a 1.6 serán sobre a base de datos tendaBD e do 1.7 a 1.12 sobre a base de datos traballadores

Tarefa 1.1

Seleccionar código e peso dos artigos que teñen o peso máis pequeno có peso do artigo de código '077WN45'.

Tarefa 1.2

Seleccionar código, nome, peso e cor dos artigos da mesma cor có artigo de código '242C283', e que teñan un peso maior ou igual co peso medio de todos os artigos.

Tarefa 1.3

Seleccionar código da tenda e nome do xerente das tendas nas que se vendeu polo menos unha unidade do artigo de código ' 077WN45'.

Tarefa 1.4

Mostrar a lista de artigos cun prezo de venta maior có prezo de venta do artigo máis barato de cor negra. Obter o mesmo resultado nos dous casos seguintes:

  • Utilizando any.
  • Utilizando a función min().

Tarefa 1.5

Seleccionar código de artigo, descrición do artigo e código do provedor para os artigos que subministra o provedor que ten o nome SEAGATE.

Tarefa 1.6

Mostrar información do artigo máis caro, Seleccionando o seu código, nome, prezo de venta e nome do provedor que o subministra.

Tarefa 1.7

Mostrar nomes e salarios dos empregados que teñan salario maior có salario de tódolos empregados do departamento 122. O resultado móstrase ordenado por nome de empregado.

Tarefa 1.8

Mostrar os nomes e salarios dos empregados con salarios maiores ou iguais a o de Claudia Fierro, ordenados alfabeticamente. Resolver esta consulta:

  • con subconsulta.
  • sen subconsulta utilizando JOIN.

Tarefa 1.9

Mostrar nome e presuposto dos departamentos que teñen o presuposto máis alto e o máis baixo.

Tarefa 1.10

Mostrar número, nome, data de ingreso na empresa e nome do departamento no que traballa o empregado ou empregados que levan máis tempo na empresa.

Tarefa 1.11

Mostrar nome e salario dos empregados que cumpran algunha das seguintes condicións:

  • Ingresaron na empresa despois do 1-1-88.
  • Ingresaron na empresa antes do 1-1-88 pero teñen un salario inferior ao salario medio de todos os empregados da empresa.

Tarefa 1.12

Mostrar a extensión telefónica asignada a máis empregados indicando o número de empregados que a comparten. Se hai máis dunha, deben aparecer todas.

Tarefa 2. Realizar consultas que utilicen o predicado BETWEEN combinado con subconsultas dentro dunha condición

A tarefa consiste en realizar as seguintes consultas utilizando o predicado BETWEEN para relacionar unha consulta principal con subconsultas dentro dunha condición.

As tarefas do 2.1 será sobre a base de datos tendaBD e a tarefa 2.2 sobre a base de datos traballadores

Tarefa 2.1

Mostrar nome e prezo de venda dos artigos que teñen un prezo de venda comprendido entre o prezo do artigo '0713242' e a media de prezos de todos os artigos. Os datos deben mostrarse ordenados alfabeticamente polo nome do artigo.

Tarefa 2.2

Seleccionar o nome e número de departamento dos empregados que pertenzan a un departamento cun presuposto comprendido entre os presupostos dos departamentos 122 e 121 (incluídos). Os datos deben mostrarse ordenados de menor a maior polo número do departamento.

Tarefa 3. Realizar consultas utilizando subconsultas co predicado IN

A tarefa consiste en realizar as seguintes consultas utilizando o predicado IN para relacionar unha consulta principal con subconsultas dentro dunha condición.

As tarefas do 3.1 a 3.6 serán sobre a base de datos tendaBD e do 3.7 a 3.15 sobre a base de datos traballadores

Tarefa 3.1

Obter a lista de provedores que subministran como mínimo un artigo de cor negra.

Tarefa 3.2

Mostrar identificador de cliente, apelidos e nome na mesma columna separados por coma, para os clientes que só teñen unha venda. O resultado estará ordenado polo identificador do cliente.

Tarefa 3.3

Mostrar identificador e nome dos clientes que fixeron algunha compra despois do día en que o cliente número 6 fixo a súa última compra.

Tarefa 3.4

Mostrar os nomes dos xerentes das tendas nas que se fixo algunha venta.

Tarefa 3.5

Importe total das vendas que se fixeron ao cliente LEANDRO FERREIRO BENITEZ.

Tarefa 3.6

Seleccionar o id, apelidos e nome dos empregados que aínda non fixeron ningunha venda.

Tarefa 3.7

Mostrar o número de departamento e o número de empregados dos departamentos que teñen un presuposto anual superior a 36000 euros.

Tarefa 3.8

Mostrar nome de departamento e de empregado para os empregados que traballan nalgún departamento que dependa do centro 'SEDE CENTRAL'. Os datos mostraranse ordenados por departamento e nome de empregado.

Tarefa 3.9

Mostrar número de empregados e suma dos salarios, comisións e fillos, para os departamentos nos que existe algún empregado cun salario base mensual maior de 2000 euros.

Tarefa 3.10

Mostrar o nome de todos os directores de departamento ordenados polo número de departamento. Resolver a consulta:

  • con subconsultas.
  • sen subconsultas.

Tarefa 3.11

Mostrar os nomes dos directores de departamentos que dependen dun centro de traballo que ten un nome que empeza pola letra 'S'. Resolver a consulta:

  • con subconsultas.
  • sen subconsultas.

Tarefa 3.12

A empresa decide gratificar aos directores en funcións incrementando o seu salario base un 5%. Mostrar ordenados alfabeticamente, os nomes destes empregados, o seu salario, a gratificación que lle corresponde, e o salario final que resulta de sumarlle a nova gratificación ao salario. Resolver a consulta:

  • con subconsultas.
  • sen subconsultas.

Tarefa 3.13

Mostrar nome e salario dos empregados co salario base maior cá media dos soldos dos directores que están en funcións.

Tarefa 3.14

Mostrar nome e salario+comisións dos empregados do centro “RELACIÓN CON CLIENTES ” que gañan máis de 1500 euros entre salario e comisións, ordenados por departamento, salario+comisión e nome.

Tarefa 3.15

Mostrar os nomes dos empregados que traballan no mesmo departamento que Lavinia Sanz ou Cesar Pons.

Tarefa 4. Realizar consultas utilizando subconsultas co predicado EXISTS

A tarefa consiste en realizar as seguintes consultas utilizando o predicado EXISTS para relacionar unha consulta principal con subconsultas dentro dunha condición.

As tarefas serán sobre a base de datos tendaBD

Tarefa 4.1

Mostrar a lista de artigos cun prezo de venta maior có prezo de venta do artigo máis barato de cor negra utilizando unha consulta de existencia.

Tarefa 4.2

Mostrar o nome dos artigos de cor negra que teñan algunha venda de máis de 5 unidades. Obter o mesmo resultado nos dous casos seguintes:

  • sen utilizar join.
  • utilizando join.

Tarefa 4.3

Mostrar nome e apelidos dos clientes que non fixeron ningunha compra.

Tarefa 5. Realizar consultas utilizando subconsultas que non forman parte dunha condición

A tarefa consiste en realizar as seguintes consultas utilizando subconsultas que non formen parte dunha condición.

As tarefa 5.1 será sobre a base de datos tendaBD e as tarefas 5.2 e 5.3 sobre a base de datos traballadores.

Tarefa 5.1

Mostrar as vendas diarias para cada tenda. A información que se debe mostrar é: código e poboación da tenda, data das vendas, suma dos importes das vendas na tenda nesa data con dous decimais, e acumulado dos importes das vendas feitas pola tenda ata esa data, con dous decimais.

Tarefa 5.2

Seleccionar o número de departamento, a media dos salarios do departamento, e o salario medio de todos os empregados da empresa, para os departamentos que teñen un salario medio maior que o salario medio de todos os empregados da empresa.

Tarefa 5.3

Mostrar o nome dos empregados que non son directores, e a diferenza do salario base respecto ao do empregado que menos cobra. Ordenar o resultado de forma descendente pola diferenza e ascendente polo nome.

Solucións as tarefas

Podes atopar as solucións ás tarefas do boletín de subconsultas.