Economía verde e circular
Economía verde
Na Conferencia das Nacións Unidas sobre o Desenvolvemento Sustentable (Río+20), a Economía Verde —no contexto do desenvolvemento sustentable e a erradicación da pobreza— foi recoñecida como unha ferramenta para acadar un desenvolvemento sustentable social, económico e ambiental. O Programa da ONU para o Medio Ambiente (PNUMA) definiu a Economía Verde como "aquela economía que resulta nun maior benestar humano e equidade social, reducindo significativamente os riscos ambientais e as escasezas ecolóxicas". Na súa expresión máis simple, unha Economía Verde pode considerarse como aquela que é baixa en carbono, eficiente en recursos e socialmente inclusiva.
A economía verde persegue varios obxectivos fundamentais para lograr unha transformación positiva e sustentable da economía actual. Estes obxectivos inclúen:
- Sustentabilidade ambiental: implica protexer e conservar o medio ambiente, reducir a contaminación e promover as enerxías renovables.
- Desenvolvemento económico inclusivo: promover un crecemento económico que beneficie a todas as persoas, creando empregos verdes e sustentables e fomentando a innovación.
- Uso eficiente dos recursos: empregar de forma responsable os recursos ecosistémicos, evitando a xeración de residuos innecesarios e optimizando o consumo de enerxía e materiais.
- Responsabilidade social: garantir a equidade social, o respecto dos dereitos humanos, a participación cidadá, a inclusión de comunidades vulnerables e asegurar condicións laborais xustas.
- Resiliencia e adaptación ao cambio climático: emprender políticas e medidas que permitan que as sociedades e as economías se adapten aos desafíos climáticos.
DEBATE- Pensar que é viabel o modelo de economía circular? Cales cres que son os principais obstáculos, e cómo se poderían superar?
DEBATE. Cancelas cos ferros do colchón. Feismo ou exemplo de economía cirular no rural? Artigo do diario El País.