A sustentabilidade nas organizacións empresariais

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Sustentabilidade-nas-organizacións-empresariais.PNG

Introdución

Desde a Declaración dos Dereitos do Home e do Ciudadano do 1789 as sociedades foron progresando e acadando novos dereitos. O progreso industrial levou a un desenvolvemento, que non impedíu que persistan no mundo graves problemas de pobreza e inequidade; guerras e desigualdade; e co tempo, diversos problemas ecolóxicos, entre o que cabe salientar o calentamento global.

ACTIVIDADE. Ler de forma colectiva a Declaración dos dereitos humáns de 1948 (en galego ou en castelán. Segue moi vixente case un século despois 

Trala segunda guerra mundial, unha organización supranación chamada Nacións Unidas, na que están representada a meirande parte dos países do mundo, busca dotar dun marco de estabilidade para o progreso mundial en paz. Desa organización xurde a partir dos anos 80 informes cunha conciencia crítica sobre cómo se estaba a producir o desenvolvemento mundial, e comeza unha carreira por atopar mellores xeitos de garantir o crecemento.

Podes ver unha cronoloxía dos Acordos Internacionais que foron xerando un cambio no modelo de desenvolvemento.

Marco xurídico da sustentabilidade

Marco xurídico
Fitos

A sustentabilidade é o principio que busca satisfacer as necesidades da poboación actual sen comprometer as necesidades das futuras xeracións ao tempo que se garante un equilibrio entre o crecemento da economía e o respeto ao medioambiente.

É un concepto recolllido no informe do ano 1987 "O noso futuro común" da ONU, onde tamén se establecen os seus tres pilares básicos: o ambiental, o económico e o social.

Nota. Actualmente tamén se engade como pilar a sostenibilidade política.


A Axenda 2030

A Asamblea Xeral da ONU adoptou a Axenda 2030 para o Desenolvmento Sostible, un plan de acción a favor das persoas, o planeta e a prosperidade, que tamén ten a intención de fortaleces a paz universal e o acceso a xustiza. Componse de 17 obxectivos concretados en 169 metas.

Marco de cooperación da ONU para o desenvolvemento sostible

O Marco de Cooperación das Nacións Unidas para o Desenvolvemento Sustentable é o instrumento máis importante para a planificación e a execución das actividades de desenvolvemento das Nacións Unidas a nivel nacional. O Marco de Cooperación é un acordo entre as Nacións Unidas e o Goberno anfitrión que determina e reflicte as contribucións do sistema das Nacións Unidas para o desenvolvemento no país e dá forma á configuración dos activos das Nacións Unidas necesarios dentro e fóra do país.

O Marco de Cooperación guía todo o ciclo de programas dos equipos das Nacións Unidas nos países, impulsando a planificación, a implementación, o seguimento, a presentación de informes e a avaliación do apoio colectivo das Nacións Unidas para o logro da Axenda 2030.

Os Marcos de Cooperación baséanse en catro obxectivos clave:

  • Deben artellar claramente a resposta colectiva das Nacións Unidas para axudar aos países a abordar as prioridades e deficiencias nacionais no seu camiño cara ao cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS). O Marco de Cooperación é un vehículo para apoiar a transformación económica, ofrecendo opcións para replantexar as políticas e prácticas económicas arredor da sustentabilidade para unha transformación económica inclusiva, diversificada e intensiva en emprego que promova os dereitos e o benestar de todos os cidadáns, fortaleza as economías e protexa o planeta.
  • Deben encarnar o espírito de alianzas que está no centro da Axenda 2030. Iso significa alianzas cos gobernos anfitrións, pero tamén alianzas con todas as partes interesadas — a sociedade civil, o mundo académico, os parlamentos, o sector privado, os socios bilaterais — para aproveitar as fortalezas de todos e impulsar un cambio transformador.
  • Deben axudar a converter a promesa colectiva da Axenda 2030 de non deixar a ninguén atrás en accións tanxibles para as persoas sobre o terreo, especialmente as máis vulnerables. Os equipos das Nacións Unidas nos países necesitarán, máis que nunca, ir máis aló das medias nacionais para observar datos máis específicos cun enfoque reforzado na inclusión e na loita contra as desigualdades.
  • Deben proporcionar aos equipos das Nacións Unidas nos países as ferramentas para adaptar as respostas ás necesidades e realidades nacionais específicas, garantindo que todas as entidades das Nacións Unidas, estean ou non presentes sobre o terreo, poidan apoiar eficazmente a implementación nacional da Axenda 2030.

Protocolo de Kyoto e Acordo de París

O Protocolo de Kyoto e o Acordo de París son os acordos máis importantes en materia de sustentabilidade.

Acordo de París

O Acordo de París é un tratado internacional sobre o cambio climático xuridicamente vinculante. Foi adoptado por 196 Partes na COP21 en París, o 12 de decembro de 2015, e entrou en vigor o 4 de novembro de 2016.

O seu obxectivo é limitar o quecemento global a moi por debaixo de 2, preferiblemente a 1,5 graos centígrados, en comparación cos niveis preindustriais.

Para acadar este obxectivo de temperatura a longo prazo, os países propoñen alcanzar o máximo das emisións de gases de efecto invernadoiro o antes posible para lograr un planeta con clima neutro para mediados de século.

O Acordo de París é un fito no proceso multilateral do cambio climático porque, por primeira vez, un acordo vinculante fai que todos os países se unan nunha causa común para emprender esforzos ambiciosos para combater o cambio climático e adaptarse aos seus efectos.

Como funciona o Acordo de París?

A aplicación do Acordo de París require unha transformación económica e social, baseada na mellor ciencia dispoñible. O Acordo de París funciona nun ciclo de cinco anos de medidas climáticas cada vez máis ambiciosas levadas a cabo polos países. En 2020, os países presentaron os seus plans de acción climática, coñecidos como contribucións determinadas a nivel nacional (NDC).


Nesas NDC os países comunican as medidas que tomarán para reducir as súas emisións de gases de efecto invernadoiro co fin de acadar os obxectivos do Acordo de París. Os países tamén comunican nesas contribucións as accións que tomarán para crear resiliencia e adaptarse aos efectos do aumento das temperaturas.

Para enfocar mellor os esforzos cara ao obxectivo a longo prazo, o Acordo de París invitou os países a formular e presentar para 2020 estratexias de desenvolvemento a longo prazo con baixas emisións de gases de efecto invernadoiro.

As estratexias de desenvolvemento a longo prazo con baixas emisións de gases de efecto invernadoiro proporcionan o horizonte a longo prazo ás contribucións determinadas a nivel nacional, aínda que, a diferenza destas, as estratexias a longo prazo non son obrigatorias. Non obstante, sitúan as contribucións determinadas a nivel nacional no contexto das prioridades de planificación e desenvolvemento a longo prazo dos países, proporcionando unha visión e dirección para o desenvolvemento futuro.

Como se apoian os países entre si?

O Acordo de París proporciona un marco para o apoio financeiro, técnico e de creación de capacidade aos países que o precisan.

Que se conseguiu? Aínda que é necesario aumentar en gran medida as medidas relativas ao cambio climático para acadar os obxectivos do Acordo de París, os anos transcorridos desde a súa entrada en vigor xa deron lugar a solucións con baixas emisións de carbono e a novos mercados. Cada vez máis países, rexións, cidades e empresas están establecendo obxectivos de neutralidade de carbono. As solucións de cero emisións están a facerse competitivas en todos os sectores económicos e xa representan o 25 % das emisións. Esta tendencia é máis notoria nos sectores da enerxía e o transporte, e creou moitas novas oportunidades de negocio para os que se adiantan.

Para 2030, as solucións de cero emisións de carbono poderían ser competitivas en sectores que representan máis do 70 % das emisións mundiais.

Marco estratéxico de enerxía e clima

España conta desde 2019 cun Marco Estratéxico de Enerxía e Clima, con tres eixes principais: a mitigación, a adaptación e a transición xusta. Este marco constitúe a ferramenta clave para acadar o obxectivo fundamental da descarbonización da nosa economía, mediante o cal se dota de un marco normativo e xurídico a todas as medidas que xa se están a poñer en marcha, aporta certeza aos investimentos e comprométenos co desenvolvemento dos territorios que poidan verse afectados polo proceso de transición enerxética.

Procura ser unha oportunidade para a transformación da sociedade e a economía española coa que gañar en prosperidade, seguridade enerxética, xeración de emprego industrial, innovación, saúde, desenvolvemento tecnolóxico e xustiza social, acompañando aos colectivos máis vulnerables.

As pezas clave que constitúen este Marco son:

  • A Lei de Cambio Climático e Transición Enerxética, marco normativo e institucional para facilitar a progresiva adecuación da nosa realidade ás esixencias que regulan a acción climática. Esta ferramenta facilitará e orientará a descarbonización da economía española cara ao 2050.
  • O Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima 2021-2030, documento estratéxico que define os obxectivos de redución de emisións de gases de efecto invernadoiro, de penetración de enerxías renovables e de eficiencia enerxética.
  • O Plan Nacional de Adaptación ao Cambio Climático 2021-2030, instrumento de planificación básico para promover a acción coordinada fronte aos efectos do cambio climático en España, cuxo principal obxectivo é evitar ou reducir os danos presentes e futuros derivados do cambio climático e construír unha economía e unha sociedade máis resilientes.
  • A Estratexia de Transición Xusta, instrumento que permite a identificación e adopción de medidas que garantan aos traballadores e territorios afectados pola transición cara a unha economía baixa en carbono, un tratamento equitativo e solidario. O obxectivo é que non se produzan impactos negativos sobre o emprego nin a despoboación.

Existe tamén unha Estratexia de Descarbonización a Longo Prazo, documento que permitirá que España reduza, non máis tarde de 2050, as súas emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI) nun 90 % respecto a 1990. Isto implica reducir as emisións de CO2 desde as 334 millóns de toneladas equivalentes (MtCO2eq) emitidas en 2018 a un máximo de 29 MtCO2eq emitidas en 2050.

Adicionalmente, á vista do incremento das tensións xeopolíticas e nos mercados, o Plan +SE (Plan Máis Seguridade Enerxética) diríxese a aportar máis seguridade fronte aos prezos da enerxía aos fogares e ao conxunto da economía española, e contribuír a incrementar a seguridade de subministración da Unión Europea. Trátase dun plan con medidas de rápido impacto dirixidas ao inverno 2022/2023, xunto con medidas que contribúan a un reforzo estrutural desa seguridade enerxética.

España busca con este paquete de medidas estruturais facer fronte aos desafíos que presenta o escenario actual, todo isto no marco dunha planificación a medio e longo prazo que de máis predictibilidade e seguridade aos investimentos, ofrecendo os sinais apropiados e con suficiente antelación.

Pacto mundial

Os dez Principios do Pacto Mundial son uns principios de sustentabilidade corporativa baseados en catro piares: dereitos humanos, relacións laborais, medio ambiente e loita contra a corrupción, cuxo obxectivo é facilitar un xulgamento básico do que os principios simbolizan, como se enlazan co sector empresarial e contribuír á relación destes como parte constitutiva da filosofía organizacional das empresas adheridas.

Os 10 Principios do Pacto Mundial son:

Dereitos Humanos
Principio 1: As empresas deben apoiar e respectar a protección dos dereitos humanos fundamentais, recoñecidos internacionalmente, dentro do seu ámbito de influencia.
Principio 2: As empresas deben asegurarse de que os seus socios e colaboradores non son cómplices na vulneración dos Dereitos Humanos.
Relacións Laborais
Principio 3: As empresas deben apoiar a liberdade de afiliación e o recoñecemento efectivo do dereito á negociación colectiva.
Principio 4: As empresas deben apoiar a eliminación de toda forma de traballo forzoso ou realizado baixo coacción.
Principio 5: As empresas deben apoiar a erradicación do traballo infantil.
Principio 6: As empresas deben apoiar a abolición das prácticas de discriminación no emprego e na ocupación.
Medio Ambiente
Principio 7: As empresas deberán manter un enfoque preventivo que favoreza o medio ambiente.
Principio 8: As empresas deben fomentar as iniciativas que promovan unha maior responsabilidade ambiental.
Principio 9: As empresas deben favorecer o desenvolvemento e a difusión das tecnoloxías respectuosas co medio ambiente.
Anticorrupción
Principio 10: As empresas deben traballar contra a corrupción en todas as súas formas, incluídas a extorsión e o suborno.

Ao incorporar os Dez Principios do Pacto Mundial das Nacións Unidas nas súas estratexias, as empresas non só cumpren coas súas responsabilidades básicas cara ás persoas e ao planeta, senón que tamén establecen as bases para o éxito a longo prazo.

Axenda 2030 e os ODS

Odss 960x200.jpg

UNSDGLogo2016 es.png

As 5 P da sustentabilidade

As 5 p
TAREFA. En grupos de 3-4 persons, escollede dous ODS por grupo para profundizar no seu coñecemento. Reflexionade sobre se esas metas deses ODS son facilmente alcanzables, a nivel local e global. Escollede unha portavocía que expoña a vosa ánalise e as conclusións
TAREFA. Qué podes facer ti como alumno e futuro traballador? Explica na túa vida e no teu sector qué podes facer para acadar cada un deses ODS. Este libro pode facilitarche moitas ideas prácticas para acadar cada obxectivo.

Aspectos ambientais, sociais e de gobernanza (ASG)

thumb En Inglés ASG é ESG - enviroment, social, governance

ASG utilízase para avaliar as prácticas dunha empresa ou organización nos tres ámbitos claves para o desenvolvemento sustentable:

A (ambiente)
Fai referencia a como unha empresa aborda o cambio climático e o impacto das súas actividades no planeta, así como a súa xestión dos recursos naturais.
S (social)
Refírese a como unha empresa trata aos seus empregados e á comunidade onde está inserida (condicións laborais, relacións entre os traballadores, cumprimento dos dereitos humanos, políticas de conciliación, relación co entorno, etc.).
G (gobernanza)
Relaciónase coa estrutura e o bo goberno das empresas, a ética empresarial, a loita contra a corrupción, a acción colectiva, a transparencia ou a toma de decisións.
ASG-dedo.jpg

Polo tanto, os criterios ASG son un conxunto de normas que se deben seguir á hora de tomar unha decisión empresarial. Non se trata só de pensar en aspectos e vantaxes financeiras, senón tamén de buscar os pros e os contras de cada decisión en termos de impacto sobre o medio ambiente e a sociedade. Ademais, estes criterios están ligados a outros conceptos como responsabilidade social, economía circular ou respecto e valores compartidos.

Se se teñen en conta estes criterios, as empresas poden tomar decisións máis sustentables e responsables.

Algunhas ventaxas de impulsar políticas ASG poden ser:

  • Unha estratexia corporativa plena e responsable
  • Custos de financiamento máis eficientes e sustentables
  • Organización empresarial máis responsable
  • Cumpre cos requisitos regulatorios
  • Colabora na conciliación familiar dos empregados
  • Aumentan as oportunidades laborais na empresa
  • Redución de custos operativos e de produción
  • Retorno do investimento
  • Dispoñen dun sistema de gobernanza baseado en principios éticos
  • Imaxe corporativa

Os stakeholders e os criterios ASG

Stakeholders-esg.JPG

Criterios ASG

As inversións socialmente responsables

A medición da sostenibilidade

Os indicadores de sustentabilidade defínense coma aqueles factores que se poden medir e que contribúen a que a actividade empresarial e produtiva sexa sostible.

Indicadores de sustentabilidade ambiental

Miden o éxito das medidas á hora de minimizar as externalidades negativas no medio ambiente. Estas últimas son consecuencia da propia actividade empresarial, que non resulta inócua. A produción, especialmente na industria, precisa consumir recursos e enerxía, o que afecta ao entorno. Ademais, durante o proceso, xéranse desperdicios que poden provocar contaminación.

Os indicadores de sustentabilidade ambiental céntranse en determinar a redución desas externalidades.

Algúns exemplos son:

  • Consumo de enerxía
  • Cantidade de auga consumida.
  • Ciclo de vida do produto.
  • Materia prima utilizada.
  • Pegada de carbono.
  • Emisións de dióxido de carbono durante o transporte.
  • Kilómetros recorridos nos procesos loxísticos
  • Redución de residuos e taxas de reciclaxe

Indicadores de sustentabilidade social

Neste caso, os indicadores sociais miden como a empresa se relaciona coa sociedade ou coa súa comunidade local. Do mesmo xeito que co medio ambiente, estas organizacións afectan a grandes colectivos de persoas. Tal é a situación dos empregados, os clientes, os provedores ou os accionistas. As decisións que tome a dirección afectaranlles de maneira directa ou indirecta.

Así, as compañías deben desenvolver unha actividade ética e que teña en conta como usan os seus recursos humanos. Algo así maniféstase en salarios adecuados, postos de traballo saudables ou non discriminando a empregados concretos. Ao final, é fundamental non esquecer a importancia da parte social do ESG. Sen prestarlle atención, non se conseguirán bos resultados.

Estes son diferentes indicadores útiles:

  • Xestión da diversidade.
  • Cumprimento coas políticas de igualdade.
  • Transparencia na xestión de recursos humanos.
  • Apoio á conciliación laboral e familiar.
  • Seguridade e saúde dos traballadores.
  • Impacto social

Indicadores de sustentabilidade institucional

Os indicadores de sustentabilidade institucional céntranse en aspectos económicos e financeiros. A organización ten que ser rendible para manter as súas funcións en equilibrio. Para conseguir isto, a empresa debe seguir uns criterios de gobernanza racionais e que reduzan os riscos. Unha mala decisión, como a compra dun negocio deficiente, pode levar á quebra.

Ademais, é preciso que existan contrapesos dentro da organización para limitar o poder omnímodo da dirección. Ao mesmo tempo, débese destacar o papel dos criterios de bo goberno. Así, desenvolverase unha cultura empresarial baseada na sustentabilidade e na transparencia.

Entre os indicadores atopamos:

  • Fondo de manobra.
  • Débeda.
  • Volume de negocio.
  • Rendibilidade xeral.

Materiais audivisuais

Actividades

  • Transformacción
  • Unidade didáctica ODS
  • Identificación de stakeholders
  • Temas para o debate
    • Reconversión naval en Ferrol
    • Reconversión da central mineira das Pontes
    • Altri, Celulosa e Reganosa
    • Nike e política de xénero coas deportistas
    • Selección feminina de fútbol e caso Rubiales