Terminator
Revisión del 19:21 26 ene 2026 de Joselv (discusión | contribuciones) (Página creada con « = Intordución = [https://gnometerminator.blogspot.com/p/introduction.html Terminator] é unha das ferramentas que emprego a miúdo e ven sendo unha terminal con algunhas…»)
Intordución
Terminator é unha das ferramentas que emprego a miúdo e ven sendo unha terminal con algunhas características especiais:
- Permite traballar con pestanas.
- Permite traballar con divisións horizontais e verticais (splits).
- Permite definir perfís (profiles) cun tipo, tamaño e cor de letra, cor de fondo, ... Eu emprego os perfís para dúas cousas:
- Ter un perfil para traballar no ordenador e un perfil para proxectar co canón cun tamaño de letra grande para que o alumnado poida seguir as explicacións.
- Ter varios perfís e asocialos a equipos diferentes (p.e. estamos administrando varios servidores por ssh) o que permitiranos distinguilos e reducir as posibilidades de cometer erros, como instalar software onde non é ou aplicar configuracións en equipos equivocados. Os meus alumnos, sobre todo ó comezo do curso, deben crear varios perfís para traballar en 'remoto' nas súas máquinas virtuais por ssh.
instalación
Para instalalo:
sudo apt-get update sudo apt-get install terminator
Unha vez instalado podemos arrincalo e premendo o botón dereito do rato podemos:
- Dividir a terminal horizontalmente.
- Dividir a terminal verticalmente.
- Abrir pestanas.
- Escoller a opción Preferencias para poder crear perfís
Premendo en Perfiles e despois no botón Añadir podemos definir as características do novo perfil. A modo de exemplo, o meu perfil server ten a letra tamaño 8, cor de fondo branca e de letra azul.
Unha vez creado o perfil podemos activalo premendo no Botón dereito --> Perfiles --> Server.
Na páxina da documentación podes atopar información máis detallada para sacar o máximo partido ó terminator.