PHP Instalación Apache
Sumario
Introdución
- Para poder traballar con PHP é necesario dispor de un servidor Web con soporte de PHP.
- Un destes servidores é o Servidor Web Apache, é un servidor Web amplamente coñecido.
- Unha vez instalado Apache teremos que instalar o módulo que nos da soporte para poder cargar páxinas PHP.
- Para instalar Apache podemos optar por:
- Instalar un paquete de software denominado XAMPP (LAMPP para Linux). Dito paquete xa trae consigo o servidor web Apache, o soporte para PHP e un xestor de base de datos Mysql.
- Instalar o servidor web Apache.
- Elixiremos unha das dúas opcións...
Nota: Se queremos non temos porque instalar o servidor Web Apache se imos traballar có IDE Netbeans, xa que este utiliza unha característica de PHP para ter un servidor web propio. Necesitaremos instalar PHP.
Instalación do Lampp
- É a versión Linux dun paquete denominado XAMPP.
- Unha vez instalado teremos de vez: Servidor Web Apache, servidor de base de datos Mysql, PHP e Perl.
- Para instalalo teremos que:
- Descargar a versión que nos interese dende este enlace.
- Otorgamos permisos de execución ao arquivo .run descargado: sudo chmod +x xampp-linux-x64-8.2.12-0-installer.run
- Executamos o arquivo: sudo ./xampp-linux-x64-8.2.12-0-installer.run
- Os arquivos quedarán descargados en /opt/lampp
- Unha vez descargado podemos iniciar Lampp (inicia o servidor web e o mysql) coa orde: sudo /opt/lampp/lampp start ou parar o servizo coa orde: sudo /opt/lampp/lampp stop
- Se queremos ver o estado dos servidores podemos executar a orde: sudo /opt/lampp/manager-linux-x64.run &.
- Aparecerá a seguinte pantalla onde debemos ter iniciados os servizos de Apache e Mysql.
Instalación do Apache
- Nota: Máis información neste enlace.
- Nunha consola de comandos executaremos:
sudo apt-get update sudo apt-get install apache2
- Unha vez instalado aparecerá a seguinte pantalla se no navegador de Internet escribimos na URL: http://localhost.
- Por defecto apache vai buscar as páxinas que se atopan no cartafol: /var/www/html.
Instalación do PHP
- Debedes cambiar o número de versión polo que vos interese.
- Para instalar o PHP podemos facer uso do repositorio Ondřej Surý:
sudo apt update sudo apt install -y \ ca-certificates \ software-properties-common sudo add-apt-repository -y ppa:ondrej/php sudo apt update
sudo apt install -y \ php8.5 \ libapache2-mod-php8.5
- Neste curso impartiremos Laravel, polo que xa podemos instalar os módulos que se necesitan:
sudo apt install \ php8.5-cli \ php8.5-mysql \ php8.5-xml \ php8.5-mbstring \ php8.5-curl \ php8.5-zip \ php8.5-bcmath \ php8.5-sqlite3 \ php8.5-intl
- Unha vez instalada temos que habilitar a extensión php e reiniciar o apache:
sudo a2enmod php8.5 sudo systemctl restart apache2
- Nota: Se temos algunha version anterior teremos que inhabilitala. Para iso podemos ver que módulos temos instalados con:
1 ls -l /etc/apache2/mods-enabled/php*
- E dependendo da saída podemos inhabilitar as versións anteriores (son uns exemplos):
1 sudo a2dismod php8.1 2 sudo a2dismod php8.2
- Actualizaremos o arquivo dir.conf e engadiremos index.php ao principio:
- sudo nano /etc/apache2/mods-enabled/dir.conf
1 <IfModule mod_dir.c> 2 DirectoryIndex index.php index.html index.cgi index.pl index.php index.xhtml index.htm 3 </IfModule>
- Reiniciamos o servizo:
1 sudo service apache2 restart
- Para comprobar se está ben instalado podemos crear un arquivo: /var/www/html/index.php
1 <?php 2 phpInfo(); 3 ?>
- E cargar a páxina dende o navegador escribindo na URL: http://localhost/index.php.
- Obteremos o seguinte:
Módulos en PHP
- Php ten a posibilidade de instalar 'módulos' para ampliar as súas funcionalidades.
- Para obter a lista de módulos: sapt-cache search php8.5-
- Para instalar un dos módulos da lista: sudo apt-get install nome_do_modulo
- Por exemplo o módulo php5-gd para manexo de imaxes (redimensionar,...) escribiríamos o seguinte código:
1 sudo apt-get install php8.5-gd 2 sudo systemctl restart apache2
- Se queremos ver os módulos cargados:
1 php -m
- Unha vez instalados podemos habilitalos ou deshabilitalos empregando a orde a2enmod ou a2dismod.
- No caso de querer empregar Laravel (que vai ser necesario neste curso) necesitamos activar un módulo que xa está descargado por apache.
- Dito módulo é o mod_rewrite que permite que url's có formato https://www.mistio.es/productos/1 sexan correctamente interpretados (apache intentaría buscar o cartafol /productos/ dentro do sitio web, pero para Laravel é un dato)
1 sudo a2enmod rewrite 2 sudo systemctl restart apache2
Activación na visualización dos erros en PHP
- Cando esteamos a desenvolver código PHP vai ser moi habitual que as páxinas non amosen o que en principio pretendemos por algún erro no código.
- A diferenza das linguaxes de programación de aplicacións de escritorio (tipo Java, VB.NET,...) o navegador non vai informar do erro.
- Durante a fase de desenvolvemento pode ser interesante ter activada a directiva que fai amosar os erros atopados no código no navegador.
- Para iso hai que modificar o arquivo php.ini
- A localización do arquivo é:
- Se estades a utilizar Apache => /etc/php/8.5/apache2/php.ini
- Se estados a utilizar LAMPP => /etc/php/8.5/cli/php.ini
- Dita localización pode variar en función da versión de PHP instalada.
- Para saber onde se atopa podedes velo na páxina onde chamastes á función phpinfo() do punto anterior, na liña Loaded confuguration file.
- Unha vez localizado o arquivo teredes que editalo cun editor (e permisos administrativos). O podedes facer coa orde:
1 sudo nano /etc/php/8.5/apache2/php.ini
- Debedes buscar a liña: display_errors = Off e cambiala a display_errors = On
- Unha vez feito, reiniciade o servizo:
1 sudo systemctl restart apache2
Nota: Lembrar que esta opción só é aconsellable durante o desenvolvemento da aplicación. Despois deberedes deixalo como estaba.
-- Ángel D. Fernández González -- (2025).