PDM UD1 Control Versions
Introdución
- Ás veces pode ser necesario traballar como equipo con outras persoas ou traballar en diferentes lugares.
- Para xestionar eses proxectos, Android Studio integra un software que permite gravar un historial de modificacións dos proxectos, ter diferentes versións nas que os diferentes usuarios poden traballar e fusionalas máis tarde.
- Entre ese software temo:
- Neste punto, aplicarás as bases para traballar con Git.
- Esta entrada non é un manual completo do uso deste software, só serve para mostrar o máis básico, podendo chegar a facer moitas máis operacións.
- Debemos distinguir Git con GitHub.
- GitHub é un sitio web que usa o software Git para controlar as versións dos seus proxectos.
- Veremos como gardar os proxectos nesa plataforma.
- Indicar que na versión gratuíta, os proxectos subidos á plataforma son de acceso público.
- Teremos que facer un pequeno pagamento para ter un aloxamento privado.
Instalando Git
- Instalando Git
En Android xéranse moitos arquivos dos cales non é necesario ter unha copia deles nas diferentes versións que se crean con Git. Un exemplo moi claro son os arquivos apk (as aplicacións preparadas para ser instaladas). Estes e outros arquivos poden ser indicados no arquivo .gitignore como se amosa na imaxe.
Podemos ir a páxina https://www.gitignore.io/ e buscar pola palabra AndroidStudio. Premendo no botón Create aparecerá o contido que temos que copiar en AndroidStudio.
-- Ángel D. Fernández González -- (2018).