PDM Temas de investigación
Introdución
- Neste punto iremos poñendo temas que poidan ser utilizados polos alumnos para facer a parte de investigación das diferentes unidades.
- Na entrega do proxecto ao alumno terá que poñer no manual técnico as fontes de información (cós enlaces)
- Para que conte na nota as partes de investigación o alumno terá que ser capaz de explicar o funcionamento e o código.
- En caso de non responder correctamente entenderase que o único que fixo o alumno foi copia e pegar un código xa feito nalgúns dos sitios webs, polo que non contará para a nota.
Xerais
- Sumarase a nota de todas as unidades didácticas.
- Realidade aumentada: Máis información neste enlace. (Dependendo da complexidade +1)
- Cargadores: Máis información neste enlace. (+1)
- Animacións: Máis información neste enlace. (Dependendo da complexidade +0.5)
- Navigation Drawer: Máis información neste enlace. (+1)
Específicas
Unidade Deseño gráfico. Views
- Crear un ArrayAdapter personalizado con opción de filtrado, de tal forma que ao escribir sobre a lista ou nun EditText, vaise filtrando a lista de elementos. (+2/3)
- Facer uso do Floating Action Button (FAB) e da SnackBar: Máis información neste enlace e neste outro. (+1/3)
- Utilizar o view TabLayout con iconas, para crear unha interface con Tabs. Máis información neste enlace. (+2/3)
- Utilizar o compoñente RecycleView e un CardView conxuntamente. (+2/3)
-- Ángel D. Fernández González -- (2018).