Actividades sustentables e medio ambiente

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda


Ud5-actividades-sostibles-e-medioambiente.png

Medición do impacto ambiental das actividades persoais e profesionais

Como xa sabemos, as nosas actividades cotiás teñen repercusións no medio ambiente: contaminación, quecemento global, residuos, deforestación, sobreexplotación de recursos, etc.

A situación actual de emerxencia climática e a degradación que sofre o noso planeta require unha comprensión detallada de como afectan as nosas accións ao noso entorno.

A medición e avaliación do impacto ambiental das actividades persoais e profesionais é fundamental para sermos conscientes dos impactos das nosas accións, así como para tomar medidas que os reduzan.

"O que non se define non se puede medir. O que non se mide, non se pode mellorar. O que non se mellora, degrádase sempre" — William Thomson Kelvin (Lord Kelvin)

Existen moitos métodos para avaliar o impacto ambiental que xera unha persoa, empresa, produto ou actividade.

Exemplo
A análise do ciclo de vida (ACV) realizou o impacto ambiental das actividades persoais e profesionais na que se xerou un estudo de traballo na unidade anterior.

A continuación, explícanse algunhas ferramentas que permiten medir e avaliar o impacto ambiental das actividades persoais e profesionais.

A pegada de carbono

Calculo-pegada-carbono.JPG

As actividades humanas son responsables da emisión dunha gran cantidade de gases de efecto invernadoiro (GEI) que, como sabemos, son os causantes do cambio climático.

A pegada de carbono é un indicador que cuantifica as emisións de GEI que son liberadas á atmosfera, directa ou indirectamente por unha persoa, organización, produto ou actividade.

Hai varios enfoques para medir a pegada de carbono. Os tipos máis comúns son:

  • Pegada de carbono individual: Mide o aporte aos gases de efecto invernadoiro de todas as actividades que realiza unha persoa.
  • Pegada de carbono organizacional: Mide a totalidade de GEI provenientes, directa ou indirectamente, do desenvolvemento da actividade dunha empresa ou entidade.
  • Pegada de carbono de produtos: Mide as emisións de GEI ao longo de todo o ciclo de vida dun produto.
  • Pegada de carbono de eventos: Mide as emisións de GEI que se producen durante a organización e realización dun evento.
  • Pegada de carbono territorial: Mide as emisións de GEI dunha área xeográfica específica.
  • Pegade de carbono dunha industria: Mide a pegada dun sector concreto: industria do automóbil, textil, alimentaria, construcción, etc-

A pegada de carbono das actividades persoais

Moitas das actividades que realiza unha persoa no seu día a día implican un consumo de enerxía que implica na meirande parte dos casos unha contribución ás emisións de GEI á atmosfera.

"A vida é coma unha bicicleta. Para manter o equilibrio, tes que seguir pedaleando" — Albert Einstein.

Para calcular a pegada de carbono dun individuo é necesario realizar un inventario das actividades que poden xerar emisións. Algúns dos aspectos máis relevantes que adoitan considerarse son os seguintes:

Consumo enerxético no fogar Transporte e mobilidade Alimentación Hábitos de consumo e Estilo de vida
  • Consumo de electricidade, butano, gas natural, gasóleo, carbón, etc.
  • Eficiencia enerxética dos electrodomésticos
  • Sistemas de iluminación e calefacción empregados
  • Utilización de fontes de enerxía renovable
  • Desprazamentos ao traballo (a pé, bicicleta, transporte público, vehículo privado, etc.)
  • Tipo de vehículo (gasolina, diésel, híbrido ou eléctrico)
  • Viaxes por estrada
  • Voos nacionais e internacionais
  • Tipo de dieta (omnívora, vexetariana, vegana, consumo de carne e uoltraprocesados, consumo de produtos locais e de tempada, etc.)
  • Procedencia dos alimentos (de proximimdade, nacional ou internacional)
  • Tipo de vivenda e tamaño
  • Hábitos de consumo (moda, tecnoloxía, tabaco, etc.)
  • Compromiso con empresas socialmente e medioambientalmente responsables, locais, etc.
  • Reciclaxe de plástico, vidro, papel, etc.

A pegada de carbono das actividades empresariais

Citas sobre a pegada de carbono

As actividades empresariais xeran grandes cantidades de gases de efecto invernadoiro. Por este motivo, as empresas deben medir a pegada de carbono das súas actividades para reducir e compensar as súas emisións e minimizar o impacto ambiental que provocan.

Para calcular a pegada de Carbono é preciso determinar o alcance do estudo:

Alcance 1: Emisións directas Alcance 2: Emisións indirectas (enerxía) Alcance 3: Outras emisións indirectas
Emisións directas de GEI xeradas directamente pola empresa Emisións indirectas (enerxía) Outras emisións indirectas
Exemplo: emisións dos procesos de fabricación, vehículos, maquinaria, etc. Exemplo: emisións derivadas da electricidade consumida para o funcionamento de máquinas, oficinas, etc. Exemplo: emisións de proveedores e distribuidores na cadea de subministración, viaxes de traballo, uso de produtos que emitan GEI, etc.


Actividades
Calcula a túa pegada de carbono 
Accede á estas calculadoras (https://offset.climateneutralnow.org/footprintcalc Plataforma da ONU], Calculadora de Cero CO₂, Ciencia de Ética Ambiental (Universidade de A Coruña)) ou outras para medir a pegada de carbono persoal.
Que actividades da vida cotiá xeran unha maior pegada de carbono?  Que podes facer para reducila? Como podes compensala

Queres saber o impacto da túa actividade dixital? 
Podes atopar nesta web cálculos e medidas para minorar o impacto.

A pegada hídrica

"Miles de personas sobreviven sen amor, ningunha sin auga" — W. H. Auden

Actualmente, a escaseza de auga é un dos desafíos máis urxentes aos que se enfronta a humanidade. O crecemento da poboación, o aumento do uso da auga por parte da industria e as secas ocasionadas polo cambio climático están entre as causas que provocan que escasee cada vez máis a auga doce no noso planeta. Este feito obríganos a reflexionar sobre como utilizar este recurso vital dunha maneira máis sostible.

Pegada-hídrica-definición.JPG

A pegada hídrica é un indicador que mide a cantidade total de auga doce utilizada directa e indirectamente para producir os bens e servizos consumidos por un individuo, entidade ou comunidade. Serve para avaliar o impacto das actividades humanas nos recursos hídricos.

Ao igual que ocorre coa pegada de carbono, a pegada hídrica pode calcularse para un individuo, actividade, produto, empresa, entidade, país, etc.

Exemplo. Segundo datos da ONU
* para producir 1 kg de carne de tenreira necesítanse uns 15.000 litros de auga.
* para un brick de leite, uns 1000 litros.
* para fabricar uns vaqueiros consume uns 7500 litros de auga equivalente ao que necesita unha persoa para ducharse durante sete anos.

"A pegada hídrica é un indicador que nos permite saber qué cantidade dos nosos limitados recursos hídricos precisa un producto e se podería fabricarse de manera máis eficiente" — Arjen Hoekstra

Segundo a Water Footprint Network, a pegada hídrica componse de tres elementos, en función da procedencia da auga:

Pegada-hidrica-azul-verde-gris.JPG

Pegada hídrica azul

  • Procede de fontes superficiais ou augas subterráneas: ríos, pantanos, lagos, acuíferos.
  • Refírese á cantidade de auga de fontes naturais para satisfacer as actividades específicas dun proceso, xa sexa no uso ou durante o proceso de produción dun ben, se é auga que se evapora ou se verte ao mar.

Exemplos: agricultura de regadío, industria, uso doméstico (ducha, lavado de roupa, etc.)

Pegada hídrica verde

  • É a cantidade de auga da chuvia que se almacena no solo e que é absorbida polas plantas, principalmente en cultivos e vexetación natural.

Exemplo: a pegada hídrica verde é especialmente relevante nos sectores como a agricultura e a silvicultura.

Pegada hídrica gris

  • Refírese á auga doce que se require para diluír os contaminantes xerados na produción de bens e servizos, asegurando que se cumpren os estándares normais de calidade establecidos.
  • É un indicador do grao de contaminación da auga causada nun determinado proceso.

Exemplo: para producir 1 kg de arroz requirense 1.000 litros de auga limpa para diluír e tratar un litro de vertido contaminado; a pegada hídrica gris sería de 1.000 litros por litro de contaminante.

Actividades.
Profundiza no coécemento da pregada hídrica. Utiliza a calculadora da Fundación Aquae para calcular a túa pegada hídrica persoal-
Interpreta os resultados e indica cales son os principais bens e servizos que máis consumo de auga supoñen.
Cales son os sectores e actividades que máis auga consomen? Que países teñen unha maior pegada hídrica? En que situación se atopa España?

A pegada ecolóxica

A pegada ecolóxica é unha medida do impacto das actividades humanas sobre o planeta, representada pola superficie terrestre e mariña bioloxicamente produtiva necesaria para producir os recursos e absorber os residuos xerados por unha poboación ou actividade.

A superficie de terra bioloxicamente produtiva inclúe a terra necesaria para os cultivos, pastos, solo urbanizado, bosques e ecosistemas acuáticos.

Ao igual que a pegada de carbono ou a pegada hídrica, a pegada ecolóxica calcúlase para unha persoa, produto, país, actividade empresarial, etc.

Pegada-ecoloxica.png

O obxectivo da pegada ecolóxica non é só calcular o consumo de recursos derivados da actividade humana, senón comparalo coa biocapacidade da Terra para rexenerar eses recursos.

Na actualidade, obsérvase que a pegada ecolóxica da humanidade (consumo de recursos e xeración de residuos) é superior á biocapacidade da Terra. Por iso é importante coñecer e reducir a nosa pegada ecolóxica, modificar os nosos hábitos e establecer medidas para minimizar o impacto ambiental, evitando a sobreexplotación dos recursos naturais.

Exemplo.
Segundo datos de Global Footprint Network, estímase que España ten unha biocapacidade de 1,7 hectáreas globais (hag) por persoa, mentres que a súa pegada ecolóxica media é de aproximadamente 3 hag, polo que contamos cun déficit ecolóxico, xa que se necesitan 2,2 hectáreas globais por persoa.

Este déficit é aínda maior en Estados Unidos, de 7,5 hag, e só hai biocapacidade de 3,7 hag.

Estes datos mostran que os habitantes dos países desenvolvidos estamos a vivir moi por riba das posibilidades ecolóxicas.

Noutros países como a República Democrática do Congo, a pegada ecolóxica é moi inferior á súa biocapacidade (0,8 hectáreas globais por persoa, inferior ás 1,8 hectáreas globais por persoa).

O concepto de pegada ecolóxica está estreitamente relacionado co do día do exceso ecolóxico ou sobrexiro da Terra. O día do sobrexiro da Terra calcúlase cada ano para indicar a data en que a humanidade supera os recursos que o planeta é capaz de renovar. Actualmente, este día a nivel mundial prodúcese aproximadamente a metade de ano.

Actividades.
Existen distintas ferramentas web para calcular a nosa pegada ecolóxica coma Global Footprint Network ou Fundación Vida Sostenible
Realiza un dos cuestionarios e propón medidas para saber se o teu estilo de vida é sostible.
Explica os resultados obtidos e as súas implicacións.
A partir dos datos recollidos medita: Por qué os habitantes dos países máis desenvolvidos teñen unha pegada ecolóxica máis alta? 
Verdadero ou falso.
A pegada hídrica e a ecolóxica son o mesmo?
E convinte que a pegada ecolóxica dunha persoa sea o máis alta posíbel
A pegada hídrica dun produto é a cantidade de auga que contén
Quen é Arjen Hoekstra?
Profesor holandés considerado o pai do concepto de pegada hídrica en 2002. En 2008 fundou Water Footprint Network, unha rede internacional de organizacións públicas, entidades privadas, investigadores e profesionais que loitan por un uso máis sostible e equitativo da auga en todo o mundo.
Qué e o Global Footprint Network?
O concepto de pegada ecolóxica foi creado por Mathis Wackernagel e William Rees en 1996.
Actualmente, a pegada ecolóxica converteuse nun indicador clave na avaliación da sustentabilidade ambiental e un dos máis utilizados na educación ambiental.
No 2003 Wackernagel fundou xunto a Susan Burns a Global Footprint Network (Rede Global de Pegada Ecolóxica), unha organización internacional sen ánimo de lucro traballando en coordinación con gobernos, universidades e institucións co obxectivo de medir e avaliar o impacto humano no planeta e promover a sustentabilidade.

Actividades personais sustentables

Reto Galicia sostible de viaqua

Unha vez que os cidadáns tomamos conciencia da pegada que xeran as nosas actividades da vida cotiá, debemos levar a cabo medidas para adoptar un estilo de vida máis sostible co obxectivo de minimizar o impacto que as nosas accións teñen sobre o medio ambiente e a sociedade.

A continuación, propóñense accións que poden aplicarse en distintos ámbitos da nosa vida persoal.

Compra responsable

A compra responsable é un enfoque consciente e ético segundo o cal, na adquisición de bens e servizos, debemos ter en conta non só as nosas propias necesidades e preferencias, senón tamén o impacto que as nosas eleccións de consumo teñen no medio ambiente e nas persoas.

Comercio-xusto-compra-responsable-udc.png


As características das compras responsables son:

  • Concienciación e educación: Os consumidores responsables están informados e concienciados sobre os efectos das súas decisións de compra no medio ambiente e na sociedade.
  • Redución do consumo: Débese priorizar a calidade e a durabilidade sobre a cantidade, evitando o consumismo e adquirindo só o que realmente se necesita.
  • Respecto ao medio ambiente: Débese optar por produtos que minimicen o impacto ambiental ao longo de todo o seu ciclo de vida.
  • Economía circular: As compras responsables baséanse nos principios da economía circular. Débese dar prioridade á reutilización, á reparación e á reciclaxe de materiais.
  • Ética e xustiza social: Débense elixir produtos de empresas que respecten os dereitos humanos, que ofrezan aos seus empregados unhas condicións laborais xustas e dignas e que fomenten a igualdade e a inclusión social.
  • Apoio ao desenvolvemento local: A compra responsable dá preferencia aos produtos locais e de proximidade. Desta forma, ademais de contribuír á economía do entorno próximo, redúcese o impacto ambiental xerado polo transporte dos produtos.
  • Transparencia e trazabilidade: Débense elixir produtos cuxas cadeas de subministración sexan transparentes para que se poida realizar un adecuado seguimento da procedencia dos materiais. Desta forma garántese que se cumpren estándares ambientais e sociais ao longo de toda a cadea de produción.


Características Descrición
Concienciación e educación Estar informado sobre o impacto das decisións de compra no medio ambiente e na sociedade.
Redución do consumo Priorizar calidade sobre cantidade, evitar o consumismo.
Respecto ao medio ambiente Escoller produtos con baixo impacto ambiental durante todo o seu ciclod e vida.
Economía circular Reutilizar, reparar e reciclar.
Ética e xustiza social Apoiar empresas con boas condicións laborais.
Apoio ao local Preferencia por produtos de proximidade.
Transparencia e trazabilidade Saber a orixe e os procesos de produción dos produtos.

Para ser consumidores responsables:

  • Non realizar compras compulsivas e adquirir unicamente o necesario.
  • Elixir produtos de proximidade.
  • Evitar os produtos con embalaxes excesivas.
  • Utilizar produtos elaborados con materiais ecolóxicos ou reciclados.
  • Apoiar ao comercio xusto, local e sostible.
  • Escoller produtos de comercio xusto.

Antes de mercar un produto debemos preguntarnos:

  • Hai outras opcións máis sostibles?
  • Quen o fabricou? Como o fixo?
  • Realmente necesito isto?
  • É respectuoso co medio ambiente? E cos dereitos humanos?
  • Como chega o produto ao consumidor?
  • Canto dura?

O comercio xusto

A Organización Mundial do Comercio Xusto (WFTO) define o comercio xusto como un sistema comercial baseado no diálogo, a transparencia e o respecto, que busca unha maior equidade no comercio internacional e presta especial atención a criterios sociais e medioambientais. Contribúe ao desenvolvemento sostible ofrecendo mellores condicións comerciais e asegurando os dereitos de produtores e traballadores desfavorecidos.

O comercio xusto é un movemento internacional que loita por unha maior xustiza global. Para iso, desenvolveu un modelo comercial que protexe os dereitos humanos e o medio ambiente.

A Organización Mundial do Comercio Xusto establece dez principios que deben cumprir as organizacións que forman parte deste movemento, resumidos en tres grandes bloques:

Bloque Contidos
Respecto aos dereitos humanos, laborais e sociais Salarios dignos, condicións laborais seguras, igualdade laboral, igualdade de xénero, loita contra a explotación infantil, etc.
Prácticas xustas e democráticas Liberdade de formación e de sindicación, funcionamento democrático e participativo, pagamento de prezos xustos aos pequenos produtores, etc.
Protección do medio ambiente Utilización de técnicas de produción ecolóxicas e procesos de fabricación respectuosos co medio ambiente.

O comercio xusto constitúe unha ferramenta fundamental para que os consumidores realicemos compras responsables e contribuamos a combater a explotación, a inxustiza e a degradación do planeta.

Podemos atopar unha ampla gama de produtos de comercio xusto (roupa, alimentación, hixiene e cosmética natural, bixutería, xoguetes, etc.). Todos estes produtos foron fabricados respectando os dereitos das persoas e o medio ambiente.

Podemos asegurar que un produto é de comercio xusto cando conta con algunha das certificacións que otorgan os selos de garantía de Comercio Xusto.

Principios do comercio xusto

Alimentación sostible

O sector da alimentación é un dos que máis contribúe aos problemas ambientais aos que se enfronta o planeta (quecemento global, deforestación, sobreexplotación de recursos, uso de auga e enerxía, xeración de residuos, etc.).

Ademais, a escaseza de alimentos ou a falta de calidade é responsable de problemas sociais e de saúde (fame, desnutrición, enfermidades, desigualdade, conflitos, etc.).

A alimentación sostible é un enfoque que ten como obxectivo garantir a dispoñibilidade de alimentos nutritivos e seguros para todas as persoas e minimizar os impactos ambientais e sociais que se xeran ao longo do ciclo de vida dos alimentos (obtención de materias primas, produción, distribución, consumo, refugallo, etc.).

A Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) estableceu un decálogo de consellos e recomendacións para adoptar hábitos de alimentación sostible:

  1. Loita contra o desperdicio de alimentos
  2. Diminución do consumo de alimentos de orixe animal, especialmente carne
  3. Consumo de carne de gandería extensiva
  4. Produtos locais e de proximidade
  5. Produtos ecolóxicos
  6. Produtos de tempada
  7. Evitar os produtos transportados en avión
  8. Produtos a granel
  9. Comercio xusto
  10. Consumo de máis produtos frescos e menos procesados
Actividades-
Razoar se o comportamento dos seguintes consumidores é sostible ou non. En caso de que non o sexa, explica que deberían facer para que as súas decisións de compra sexan máis respectuosas desde o punto de vista ambiental e social.
a) Cando sae a facer a compra, Rocío unicamente se fixa no prezo. Sempre adquire a marca máis barata.
b) Antes de saír da compra, Jesús elabora unha lista de menús para a semana. Na súa lista predominan as froitas e verduras cultivadas sen pesticidas e procedentes preferentemente do entorno.
c) Ana compra con moita frecuencia carne envasada en bandexas de plástico e comida xa feita. Tamén lle encanta a carne, polo que a consume a diario.
d) Sempre que pode, Alba elixe produtos co selo Fair Trade.
e) Antía compra con moita frecuencia roupa a unha empresa de China a través de internet.

Xestión dos residuos domésticos

A Lei 7/2022, do 8 de abril, de Residuos e Solos Contaminados para unha Economía Circular, define os residuos domésticos como aqueles residuos, perigosos ou non perigosos, xerados nos fogares como consecuencia das actividades domésticas.

Inclúense dentro deste concepto os refugallos orgánicos, envases, vidro, papel e cartón, aceite de cociña usado, mobles e utensilios, aparellos eléctricos e electrónicos, roupa, pilas, sombreiros de obras menores e reparacións, etc.

Así mesmo, tamén se consideran residuos domésticos:

  • Os similares en composición e cantidade aos residuos domésticos propiamente ditos, aínda que se produzan en servizos e industrias, sempre que a súa xestión sexa igual á dos residuos domésticos e non requiran unha organización específica.
  • Aqueles procedentes da limpeza de vías públicas, zonas verdes, áreas recreativas e praias, os animais domésticos mortos e os vehículos abandonados.

Os residuos domésticos teñen un elevado impacto ambiental polo que é moi importante unha adecuada xestión e tratamento destes. Para iso hai que levar a cabo as seguintes accións:

  • Aplicar as 7R da economía circular para conseguir que os produtos e materiais permanezan en circulación o máximo tempo posible.
  • Realizar unha correcta separación dos residuos segundo a súa tipoloxía (fraccións) e, posteriormente, depositalos nos contedores adecuados ou levalos ao punto limpo.

Contedores

Segundo a súa tipoloxía, os residuos deben depositarse nos seguintes contedores:

Contenedores-para-reciclaxe.png
Contedor amarelo
Envases lixeiros
Botellas e envases de plástico, envases metálicos (latas, bandexas de aluminio, aerosois, botes de desodorante, chapas de bebidas, etc.), bolsas de plástico, tapas e tapóns de plástico e metal, briks.
Non deben ir aquí os envases sucios ou non baleiros, nin xoguetes, nin utensilios de plástico ou metal.
Contedor azul
Papel e cartón
Envases e caixas de cartón e de papel, bolsas de papel, periódicos, revistas, libros, etc.
Non deben ir aquí briks, pañais, papel de cociña, papel sucio ou plastificado, etc.
Contedor verde
Vidro
Botellas de vidro, frascos de cosméticos de vidro, tarros de alimentos, etc.
Non deben ir aquí cerámica, cristais de fiestras ou lentes, espellos, tapóns, tapas metálicas, etc.
Contedor marrón
Orgánico
Residuos biodegradables de alimentos, papel de cociña, tapóns de cortiza, etc.
Non debe ir aquí material non biodegradable, panos, cueiros, etc.
Contedor gris
Resto
Residuos que non se poden reciclar: residuos sanitarios, louza rota, pañais, pensos de animais, produtos de hixiene persoal, etc.
Non deben ir aquí residuos que teñen o seu contedor específico.

Punto limpo

Outros tipos de residuos requiren polas súas características (tamaño ou peligrosidade) ser levados aos puntos limpos do teu concello.

Residuos para o punto limpo
Outros residuos domésticos Exemplos Onde depositalos?
Aparatos eléctricos e electrónicos Televisores, radios, aspiradoras, ordenadores, teléfonos, neveiras, lavadoras, ferros, tostadoras, etc.
  • Punto Limpo.
  • Moitos comercios se encargan de recoller os usados cando se adquire un novo.
Pilas e baterías Pilas estándar, pilas botón, baterías portátiles, pilas e baterías de automóbiles e industriais. Punto Limpo e contedores específicos en establecementos e industrias.
Téxtil e calzado Roupa, zapatos e produtos téxtiles do fogar (cortinas, mantas, sabas), zapatos, deportivas, marroquinería, etc.
  • Punto Limpo e contedores específicos autorizados.
  • Se están en bo estado poden doarse a entidades sociais.
Medicamentos usados Medicamentos sobrantes e caducados, envases, folletos, tesoiras, termómetros, etc.

Non se inclúen agullas, xeringas, termómetros, placas, produtos químicos, máscaras, test COVID, etc. Os envases baleiros cómpren depositarse no contedor amarelo.

Punto SIGRE (contedores instalados en farmacias que SIGRE, unha entidade sen ánimo de lucro encargada da correcta xestión medioambiental dos envases e restos de medicamentos que se xeran nos fogares).
Mobles e enseres Mobles usados en bo estado que poden desecharse por non ser do agrado ou modernos.

Os usados en bo estado son xestionados por Cáritas cando se solicita o mantemento.

Punto Limpo.

Sistema de recollida en contedores específicos autorizados.

Obxectos voluminosos Mobles, colchóns, estores, madeiras, etc. Punto Limpo, sistemas de recollida en lugares e días específicos (na vila publícase a recollida por entidades sociais).
Neumáticos Neumáticos que son substituídos por uns novos e cando finaliza a vida útil do coche. Punto Limpo e recollida por parte do taller.
Vehículos usados Vehículos, cando finaliza a súa vida útil. Centros autorizados de tratamento de vehículos (desguaces).
Residuos de construción e demolición Residuos procedentes de pequenas obras e reformas: restos de azulexos, vasos, ladrillos mesturados con cables, tubos, táboas, plásticos, madeira, etc. Punto Limpo. É importante realizar unha clasificación previa dos materiais para a súa posterior xestión no punto limpo.
Residuos perigosos Pinturas, barnices, produtos de limpeza, pesticidas, envases de produtos, etc. Punto Limpo.

Uso sustentable da auga

Consellos de ViAQUA

"O ciclo da agua e o ciclo da vida son un mesmo" — Jacques Cousteau

A auga é un recurso esencial para a vida no noso planeta, pero a súa dispoñibilidade, ao igual que a de outros recursos naturais, é limitada. A escaseza de auga é un problema que afecta cada vez a máis rexións do mundo.

As actividades humanas, tanto no ámbito profesional como no persoal, xeran unha importante pegada hídrica.

Aínda que aproximadamente un 90 % da auga doce mundial está producida polas actividades agrícolas e industriais, as cidadáns, nos nosos fogares, tamén consumimos auga, e tamén podemos tomar medidas para facer un consumo máis responsable.

A Organización Mundial da Saúde estima que unha persoa debe consumir unha media de cen litros de auga ao día para satisfacer as súas necesidades, tanto de consumo como de hixiene.

Recomendacións para un uso eficiente da auga:

  • Controlar os litros de auga que gastamos no consumo medio (aproximadamente 100 litros por persoa ao día).
  • Comprobar periodicamente o estado das billas e sanitarios para detectar posibles fugas.
  • Instalar dispositivos de aforro de auga (aireadores e reductores de caudal para billas e cabezais de ducha, cisternas de baixo consumo, etc.).
  • Ducharse en lugar de bañarse. As duchas deben ser curtas.
  • Cerrar as billas cando non se estean a usar (ao xaboarse, cepillarse os dentes, afeitarse, etc.).
  • Non utilizar o inodoro como unha papeleira.
  • Utilizar a lavadora e o lavalouzas só cando estean cheos. Utilizar os programas ECO.
  • Se se lava a man, encher a pía en lugar de facelo con auga corrente e xabonar antes de abrir a billa para aclarar.
  • Regar a última hora da tarde ou á primeira hora da mañá para evitar a evaporación. Utilizar rega por goteo ou mangueira en lugar de aspersores.
  • No lavado do coche, utilizar un cubo e unha esponxa. Evitar lavar con mangueira.
  • Reutilizar a auga de cocción de verduras, para regar as plantas, por exemplo. Tamén a auga de chuvia.
  • Buscar electrodomésticos con etiquetas de eficiencia enerxética que garantan un menor consumo hídrico.

Eficiencia enerxética e enerxías renovables no fogar

A eficiencia enerxética consiste en utilizar menos enerxía para realizar un mesmo proceso ou actividade.

A cidadanía debemos aplicar a eficiencia enerxética en moitas tarefas cotiás. Algunhas recomendacións para lograr unha maior eficiencia enerxética son:

  • Aproveitar ao máximo a luz natural e utilizar lámpadas LED.
  • Ter ben illada a vivenda para evitar perdas de calor.
  • Facer un uso racional dos aparatos de climatización.
  • Apagar as luces e os aparatos electrónicos cando non se utilicen.
  • Mercar electrodomésticos con etiquetas de eficiencia enerxética.
  • Reducir o brillo da pantalla.
  • Desenchufar os cargadores cando non se utilicen.

Transporte e mobilidade sustentable

"Más vías non é a vía" — Armando Martínez (Arquitecto boliviano)

Reflexiona.
Pensas que o tranvía pode ser unha alternativa en España? Lee este artículo e comparte a túa opinión.

"Unha cidade avanzada non é na que os pobres poden moverse en carro, mais si unha na que incluso os ricos empregan o transporte público" — Enrique Peñalosa (Exalcalde de Bogotá).

Reflexiona. Tecnoloxía e o futuro da mobilidade.
 Algunhas citas para meditar
"O coche autónomo traerá unha revolución nos servicios de movilidade. E esta revolución chegou para quedarse"
— Ángel Alonso (Catedrático e presidente de AUVSI España)
"Disponibilizar datos de transporte público ten un enorme potencial para mellorar a intermodalidade e a experiencia de viaxe"
— Natalia Neri (Gerenta Operativa de Transporte GCBA).
Cómo pensas que será a mobilidade do futuro? Qué opinas acerca do coche autónomo? serán no futuro eléctricos ou de hidróxeno?
E do uso dos datos para facilitar o transporte e a intermodadlidade? dos patinetes nas estradas? Do carsharing? Da competencia ao taxi por plataformas coma Cabify ou Uber? Hai moito por debatir!

Actividades empresariais e prefesionais sustentables

Do mesmo modo que acontece na nosa vida persoal, as empresas poden e deben establecer medidas para reducir o seu impacto no planeta.

A dirección debe exercer o liderazgo mais todos os empregados teñen que participar do proceso. É preciso:

  • Establecer obxectivos
  • Asignar recursos
  • Fomentar a cultura empresarial axeitada

Para mimimizar o impacto das actividades empresariais descríbense algunhas accións:

Eficiencia enerxética e enerxías renovables
Adoptar tecnoloxías e equipos enerxeticamente eficientes.
Racionalizar o uso dos sistemas de climatización nas instalacións da empresa.
Fomentar prácticas de aforro enerxético entre os empregados.
Instalar paneis solares, turbinas eólicas u outras fontes de enerxía renovable.
Comprar enerxía verde procedente de fontes renovables.
Economía circular e xestión de residuos
Aplicar as 7R: redeseñar, reducir, reutilizar, reparar, renovar, recuperar e reciclar.
Implementar programas de separación de residuos.
Utilizar materiais biodegradables, reciclados e reciclables.
Analizar o impacto ambiental ao longo de todo o ciclo de vida do produto.
Retirar do mercado os produtos que impliquen un consumo excesivo de recursos naturais.
Transporte sostible
Promover o uso do transporte público: convenios con empresas, bonos de transporte, etc.
Fomentar o uso de bicicletas e vehículos eléctricos entre os empregados: instalar puntos de carga, zonas de aparcamento seguras para bicicletas, etc.
Facilitar e incentivar o uso compartido de vehículos entre os empregados.
Establecer políticas de teletraballo e flexibilidade de horarios para reducir os desprazamentos.
Incorporar vehículos eléctricos á flota da empresa.
Optimizar as rutas de entrega e os percorridos para reducir a distancia e o consumo.
Uso da auga
Implementar sistemas de captación e reutilización da auga da chuvia, por exemplo, para o seu uso en rego de xardíns, limpeza de superficies exteriores, etc.
Instalar dispositivos de aforro de auga en baños, cociñas, etc., ou sistemas de rego eficiente.
Implantar tecnoloxías e prácticas que reduzan o consumo de auga nas actividades da empresa.
Reutilizar a auga en procesos industriais sempre que sexa posible.
Neutralidade de carbono
Reducir a pegada de carbono: minimizar as actividades que xeren emisións de CO₂ (procesos de fabricación contaminantes, transporte, consumo de enerxía, etc.).
Compensar a pegada de carbono mediante accións para eliminar ou capturar da atmosfera a mesma cantidade de emisións xeradas (comprar créditos de carbono, participar en proxectos de reforestación, investir en proxectos de enerxías renovables, etc.).
Cadeas de subministración sostibles
Avaliar as prácticas laborais e ambientais dos provedores.
Manter relacións comerciais con proveedores que respeten os dereitos humanos e o medioambiente
Proporcionar recursos para axudar aos provedores a acadar melloras ambientais e sociais
Promoción da saúde e o benestar
Proporcinonar unha contorna de traballo segura coas medidas de prevencións de riscos laborais axeitadas
Desenvolver programas de benestar e atención médica para os empregados
Formentar un equilibrio entre traballo e vida persoal, con medidas de conciliación familiar e flexibilidade laboral
Condicións laborais, políticas de igualdade e diversidade
Condicións dignas máis alá do mínimo legal en materia de xornada, soldo, permisos, etc.
Promover a igualdade de xénero, a equidade salarial, a diversidade e a non discriminación
Ofrecer posibilidades de formación, adaptación do posto de traballo e promoción profesional
Transparencia e ética
Publicar plans e informes de sustentabilidade que detallen os indicadores de desempeño ambiental, social e de gobernanza da empresa, facendo partícipes a todos os stakeholders
Manter relacións comerciais con clientes e provedores responsables dando a coñecer quenes son e os seus compromisos
Implementar políticas e controis para loitar contra a corrupción e facilitar canles para a súa denuncia e medidas para protexer aos denunciates
Innovación e mellora continua
Invertir en investigación e desenvolvemento de tecnoloxias mais sostibles
Realizar auditorías e revisións periódicas para identificar oportunidades de mellora
Exemplos. Algunhas actividades profesionais sostibles
Turismo sostible.
Hidróxeno verde.

Os certificados de sustentabilidade

No mundo actual, no que cada vez os cidadáns son máis conscientes da importancia da sustentabilidade, as empresas buscan formas de demostralo a través de prácticas responsables. Unha das máis habituais é facelo a través da obtención de certificacións de sustentabilidade.

Na maioría dos casos estas certificacións obteñense tras superar un proceso de auditoría externa realizado por unha entidade de certificación acreditada.


Ambitos de certificacion

Unha empresa pode obter unha certificación en distintos ámbitos.

Ámbito ambiental

Estas certificacións avalían o impacto ambiental da actividade empresarial analizando aspectos como o uso dos recursos naturais, a xeración de residuos, a contaminación e a conservación da biodiversidade. Hai dous tipos.

Certificación de sistemas de xestión ambiental (SXA)
Un sistema de xestión ambiental pode definirse como o conxunto de políticas, procesos, procedementos e prácticas establecidas pola organización para identificar, medir e xestionar o seu impacto ambiental, así como para mellorar o seu desempeño en este ámbito.
Exemplos. 
Norma internacional ISO 14001. É unha norma internacional que establece os criterios que debe cumprir un SXA para obter a certificación.
Sistema Comunitario de Xestión e Auditoría Medioambientais (EMAS). Aplica na UE e nas empresas que cumpren co Regulamento comunitario.
Certificación de produtos ou servizos
Avalían o impacto ambiental dun produto ou servizo.
Exemplo.
A Etiqueta Ecolóxica Europea.

Ámbito social

Certficado SA 8000 de responsabilidade social

Este tipo de certificacións avalían o impacto dunha empresa nas súas relacións coa sociedade en xeral: respecto aos dereitos humanos e laborais, traballo infantil, traballo forzoso, discriminación, etc.

Exemplos
Norma internacional SA 8000
Norma ISO 26000 de Responsabilidade Social

Ámbito de gobernanza

Certifican aspectos relacionados co bo goberno, a loita contra a corrupción e a transparencia na toma de decisións.

Exemplos.'
O Global Reporting Initiative (GRI) é unha organización internacional independente que desenvolve un dos modelos de memoria de sustentabilidade máis empregados no mundo. Establece uns principios para que as empresas informen de xeito transparente e estandarizado sobre o seu desempeño en aspectos económicos, ambientáis e sociais..
Huella fiscal (pegada fiscal) é un distintivo do movemento Knowcosters en España. Informa do país onde pagan os impostos as empresas.

Certificación integral

No caso de que teñan alcance sobre múltiples aspecto da sustentabilidade.

Exemplo.
O certificado B Corp garante que as actividades dunha empresa cumplen con altos niveis de desempeño social, ambiental, transparencia e responsabilidade legal.

Ecocertificados

Tipos-etiquetado-ambiental.png
EXEMPLO
A decisión relata cómo foi o proceso por parte dunha pesquería de atún vasca para obter o certificado MSC
INVESTIGA
A etiqueta ecolóxica da UE. Cales son os beneficios? Cómo se realiza a solicitude? Cáles son as taxas?

AENOR como caso de estudio de servicios de certificación medioambiental

Xa se explicou que as nosmas ISO regulan tres tipos de certificados. Os de tipo II son autodeclaracións nas que non intervén máis ca empresa que emite a declaración. Nembargantes, as ecoetiquetas (certificados de tipo I) e as declaracións ambientais de produto (certificado de timpo III) requiren dunha entidade externa que verifique que a empresa desexa certificarse e cumpre os requisitos. AENOR é unha entidade que fai estas verificacións.

Algúns dos certificados en materia social e de gobernanza regulados por normas ISO e nos que AENOR ofrece servizos de certificación os podes atopar na súa web.

Os certifiacdos que alí se mencionan veñen precedidos da expresión ISO ou UNE e outras siglas e códigos; todos eles foron especificados por organismos nacionais e internacionais. Tamén hai algúns sen esas siglas, e son os certificados propios deseñados por esa empresa e que porén contan co prestixio de AENOR.

Con todo, AENOR non é a única empresa certficadora, e pódense atopar alternativas na base de datos de ENAC (Entidad Nacional de Acreditación) que é quen se encarga de acreditar e calificar as entidades certificadoras.

Normativa ambiental

A Constitución Española de 1978 establece no seu artigo 45:

  1. Todos los ciudadanos tienen el derecho a disfrutar de un medioambiente adecuado para el desarrollo de la persona, asi como el deber de conservarlo.
  2. Los poderes públicos velarán por la utilización racional de todos los recursos naturales, con el fin de proteger y mejorar la calidad de vida y defender y restaurar el medioambiente, apoyándose en la indispensable solidaridad colectiva.
  3. Para quienes violen lo dispuesto en este artículo, se establecerán sanciones, así como la obligación de reparar el daño causado

As principais normas estatales relacionadas co medioambiente e a sustentabilidade:

Cambio climático
Ley 7/2021, de 20 de mayo, de cambio climático y transición energética. .
Residuos e suelos contaminados
Ley 7/2022, de 8 de abril, de Residuos y Suelos Contaminados para una Economia Circular.
Real Decreto 1015/2022, de 27 de diciembre, de Envases y Residuos de Envases (con presentación explicativa).
Avaliación ambiental
Ley 21/2013, de 9 de diciembre, de Evaluación Ambiental.
Protección dos ecosistemas e a biodiversidade terreste
Ley 42/2007, de 15 de diciembre, del Patrimonio Natural y de la Biodiversidad Ley 30/2014, de 3 de diciembre, de Parques Nacionales.
Agua, costas y protección del medio marino
Ley 41/2010, de 21 de diciembre, de Protección del Medio Marino.
Real Decreto Legislative 1/2001, de 20 de julio, por el que se aprueba el Texto Refundido de la Ley de Aquas
Ley 22/1988, de 28 de julio, de Costas
Ley 2/2013, de 29 de mayo, de Protección y Uso Sostenible del Litoral.
Contaminación atmosférica
Ley 34/2007, de 15 de noviembre, de Calidad del Aire y Protección de la Atmósfera.
Ruido
Ley 37/2003, de 17 de noviembre, del Ruido
Responsabilidade medioambiental
Ley 26/2007, de 23 de octubre, de Responsabilidad Medioambiental.
Xestión forestal
Ley 43/2003, de 21 de noviembre, de Montes.
Economia sustentable
Ley 2/2011, de 4 de marzo, de Economía Sostenible
Ley 1/2023, de 20 de febrero, de Cooperación para el Desarrollo Sostenible y la Solidaridad Global.

Resumo

  • Existen indicadores para medir o impacto ambiental
  • A pegada de Carbono
  • A pegada hídrica
  • A pegada ecolóxica
  • Hai actividades que de xeito individual podemos tomar para procurar un mundo máis sostible
  • Facer comprar responsables e valorar o comercio xusto
  • Alimentarnos de xeito sostible
  • Facer unha axeitada xestión dos residuos domésticos
  • Minimizar o uso da auga
  • Procurar a eficiencia enerxética do noso fogar e migrar hacia enerxías renovables
  • Usar transporte sostible e facer un turismo consciente
  • Tamén hai moitas medidas no eido empresarial para minorar o impacto ambiental
  • As certificacións de ámbito ambiental garanten as prácticas respetuosas co medioambiente en todo o proceso de fabricación: SXA (Sistema de Xestión Ambiental), produtos e servizos
  • AS certificacións de ambito social dan fe do impacto das prácticas empresariais nos traballadores e na sociedade
  • As certificacións no ambito da gobernanza están relacionadas coa toma de decisións na empresa, a súa administración e dirección, e coa transparencia na xestión
  • o ecoetiquetado é un selo que permite recoñecer os servizos e produtos que certifican o deseño sostible durante o seu ciclo de vida.
  • Garante unha produción responsable e un consumo saudable para as persoas
  • A RSE é o compromiso moral, ético e de transparencia que asume unha empresa en relación co impacto das súas actividades nos niveis ambiental, social e económico
  • a Constitución Española menciona o cuidado do medioambiente no seu artigo 45.
  • algunha outra normativa vixente no ámbito da sustentabilidade empresarial é