Aplicacións web

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Unha definición clásica das características dunha aplicación web que a diferenzan das aplicacións de escritorio tradicionais ou das aplicacións nativas de múltiples dispositivos.

Unha aplicación web podémola considerar como un conxunto de direccións URL (Uniform Resorce Locator) ás que acceder utilizando habitualmente como cliente un navegador web e que nos permiten ver os resultados da lóxica de negocio que reside nun ou máis servidores. Por lóxica de negocio entendemos o conxunto de regras que a aplicación inclúe para dar solución a algún problema do mundo real.

Hai que ter en conta que as aplicacións web están en continua evolución e é moi probable que en casos reais os límites e diferenzas entre elas sexan algo difusos.

Neste escenario, o cliente encargarase fundamentalmente da interacción cos usuarios e o servidor tanto de producir os resultados a presentarlles como de facer os cambios precisos nos datos subxacentes.

Dende o punto de vista do cliente o procesamento das peticións ocorre nunha caixa negra da que non é posible coñecer os seus detalles de funcionamento.

A situación máis habitual será a existencia dun servidor web no porto TCP/IP 80 dunha máquina, ampliado con unha ou máis linguaxes de script, capaz de producir respostas en HTML cando un navegador lle solicite unha determinada URL utilizando o protocolo HTTP.

O exceso de complexidad que implica a posta en funcionamento dunha aplicación web verase compensado polas avantaxes que proporcioanan dende distintos puntos de vista.

Por citar algunhas:

Publicación e non instalación
unha aplicación web faise pública dando a coñecer algunha url na que está dispoñible, de xeito que os seus creadores non precisan dun proceso de distribución do software e ademais teñen a seguridade de que todos os seus usuarios están utilizando a última versión.
Centralización
os datos da aplicación mantéñense na localización que os creadores deciden, facendo máis doado tanto o control de acceso como as copias de seguridade.
Accesibilidade
só se precisa dispoñer dun navegador, presente en calquera dispositivo e sistema operativo, para poder utilizalas.
Rede social
a centralización implica que probablemente sexa preciso identificar aos usuarios para poder decidir o nivel de acceso que se lles permitirá e a partir de aí pódense recopilar patróns de utilización, suxerencias de melloras, ou permitir a comunicación ou colaboración entre eles.
Corrección de erros
probablemente os usuarios da aplicación colaborarán activamente na detección e comunicación de erros e a distribución da solución, unha vez dispoñible, consistirá simplemente en publicar unha nova versión da aplicación.;