Asciinema
Sumario
Introdución
Asciinema é unha ferramenta de grabación de terminal rápida, liviana e de código aberto.
Asciinema é un programa que permite gravar e reproducir 'vídeos' das accións executadas na liña de comandos; así como, compartilas na Internet se o desexamos. Os arquivos de vídeo xerados son moi lixeiros e permiten durante a súa reproducción facer copiar&pegar. Non teñen son, pero proporcionan unha forma moi sinxela de gardar e reproducir as accións na liña de comandos e cunha calidade fantástica.
Instalación
Asciinema está nos repositorios oficiais das principais distribucións Linux polo que para instalalo, actualizamos a lista de paquetes e indicamos que se desexa instalar o paquete asciinema:
sudo apt update sudo apt install asciinema
Axuda
Escribir o comando asciinema na liña de comandos permite acceder rápidamente á axuda e ver as opcións dispoñibles:
Gravando a liña de comandos nun vídeo no ordenador
Para gravar a liña de comandos e gardar o vídeo no ordenador simplemente executamos: asciinema rec -t "título" nome_do_video.cast e a continuación escribimos os comandos a gravar. Unha opción interesante é -i <tempo_en_segundos> que permite reducir o tempo de inactividade na liña de comandos ó tempo indicado. Por exemplo:
asciinema rec -i 2 -t "Balanceo de carga con docker" docker_balanceo.cast exit ~ Asciicast recording finished.
Escribindo exit ou premendo CTRL+d facemos que termine a gravación. O vídeo gardouse no directorio co nome indicado.
Reproducindo un vídeo no ordenador
Para reproducir un vídeo hai que executar o comando: asciinema play nome_video.cast. Asciinema encárgase de reproducir o vídeo directamente na liña de comandos, amosando todos os comandos executados e as saídas correspondentes. Ó reproducir o vídeo gravado no punto anterior recuperaríamos todo o que se escribiu/saiu na liña de comandos:
asciinema play docker_balanceo.cast
A opción -i <tempo_en_segundos> tamén permite reducir o tempo de inactividade na liña de comandos ó tempo indicado durante a reproducción.
Subindo vídeos a asciinema.org
No caso de querer subir os vídeos gravados con asciinema ó sitio web asciinema.org temos en primeiro lugar que crear unha conta. Para isto executamos no equipo:
asciinema auth Open the following URL in a browser to register your API token and assign any recorded asciicasts to your profile: https://asciinema.org/connect/efdb16a3-8039-4bdd-a858-7c55310df31e
Accedemos ó ligazón e cubrimos os datos.
Unha vez creada a conta, usando o comando asciinema upload nome_video.cast podemos subir o vídeo á nosa conta:
asciinema upload docker_balanceo.cast
Accedendo ó URL indicado poderemos reproducir o vídeo, editar certas características do mesmo (título, descrición, facelo público ou non), descargalo e premendo en Share ver o código html/javascript necesario para incrustalo nun sitio web.
Na parte superior dereita da páxina podemos acceder ó noso perfil, onde poderemos administrar os nosos vídeos.
É posible reproducir os vídeos feitos con asciinema nunha páxina web propia grazas a asciinema-player. Simplemente hai que descargar os arquivos asciinema-player.js e asciinema-player.css da páxina de releases e meter un código semellante ó amosado na nosa páxina web, onde demo.cast sería o arquivo de vídeo a reproducir:
<!DOCTYPE html>
<html>
<head>
...
<link rel="stylesheet" type="text/css" href="/asciinema-player.css" />
...
</head>
<body>
...
<div id="demo"></div>
...
<script src="/asciinema-player.min.js"></script>
<script>
AsciinemaPlayer.create('/demo.cast', document.getElementById('demo'));
</script>
</body>
</html>
O resultado é unha páxina html onde se pode reproducir o noso vídeo.
Referencias
- Curso G2501013 Escenarios de seguridade en contornas de alta dispoñibilidade e cloud computing cofinanciado polo Fondo Social Europeo: "O FSE inviste en ti", impartido por D. Manuel González Regal, profesor de informática no IES San Clemente de Santiago de Compostela
- asciinema
- Grabar sesiones de terminal usando Asciinema en Linux
- mw-asciinema plugin for mediawiki