Caso práctico: Factores a ter en conta para crear unha empresa

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Creando unha empresa

Imos crear unha empresa de soporte informático que debemos administrar de xeito eficiente.

Factores a ter en conta

Qué factores debemos ter en conta para a creación desa empresa?

Posible solución

Un factor a ter en conta cando temos (ou creamos) unha empresa e queremos administrala é o macroentorno. Debemos considerar entre outros os seguintes aspectos para escoller un sistema que nos axude na xestión:

  • Factores tecnolóxicos
  • Factores xurídicos
  • Factores demográficos
  • Factores socioculturáis
  • Factores económicos

O microentorno é outro factor a consideras, para o que debemos ter en conta:

  • os proveedores
  • os clientes
  • os intermediarios
  • os competidores

Con estas variables será posible ter unha visión global da contorna e da súa influencia sobre a empresa que desexamos poñer en marcha.

Informe detallado con exemplos

Elabora un informe no que establecerás os elementos ou factores que deberás ter en conta, explicandoos e exemplificandoos.

Posible solución

O macroentorno é un factor a ter en conta na administración dunha empresa:

  • Factores tecnolóxicos: debido aos cambios nas tecnoloxías, as empresasas innovan constantemente adquirindo software e equipamento, e formándose para adaptarse aos cambios
  • Factores xurídicos: é preciso coñecer lexislación municipal, autonómica, estatal e eruopea. Por exemplo, sobre relacións laborais, tributación e fiscalidade
  • Factores demográficos: debemos saber as variables de idade e sexo. Así poderemos saber se temos poboación interesada no noso produto ou servizo
  • Factores socioculturáis: intereses , crenzas e outras variables sociolóxicas, que poden afectar do mesmo xeito
  • Factores económicos: renta ou taxa de desempregamento son relevantes. Pode adquirir a nosa poboación o noso produto ou acceder o noso servizo? será asequible para as súas posibilidades?

O microentorno é o factor que inflúe directamente e é o que determina en maior medida o ERP-CRM a implantar:

  • Os proveedores. Requeriremos recursos materiais e humáns. E deberemos xestionar compras, stocks, relacións con outras empresas, etc. Por exemplo, hai empresas na zona que subministren materia prima?
  • Os clientes. Hay clientes que podan demandar o noso produto ou servizo?
  • Os intermediarios. En ocasións entre consumidores e empresa, poden haber mayoristas e minoristas
  • Os competidores. As empresas que se adican ao mesmo. Cantas son e cáles son as súas características?

Estas variables posibilitar ter unha visión global da contorna e cómo pode afectar a viabilidade da nosa empresa; e suxerir cales poden ser a mellores solucións de apoio para administrar a empresa