Configuración DHCP en clientes
Sumario
Ferramentas por liña de comandos
Neste artigo menciónanse varios programas de liña de comandos para probar o servizo DHCP. Entre outros:
- check_dhcp
- sudo nmap --script broadcast-dhcp-discover
- dhcpcd -T eth0
- dhcpdump -i eth0
- dhclient -v
- https://github.com/CyberShadow/dhcptest
- dhcping
- dhcpd -f
Windows 7,8 e 10
Coa combinación de teclas Windows + R introducimos:
ncpa.cpl
Facemos clic co botón dereito na rede a que estamos conecectados e pulsamos en Propiedades, onde faremos doble clic en Protocolo de Internet Versión 4 (TCP/IPv4)
Para configuración por DHCP deixamos marcadas as opcións:
- Obtener una dirección IP automáticamente
- Obtener la dirección del servidor DNS automáticamente
Podemos comprobar o funcionamento accedendo a liña de comando coa combinación de teclas Windows + R e introducindo:
cmd
Executamos o comando:
C:/> ipconfig /all
Se o funcionamento e o esperado, teremos un enderezo ip asignado polo servidor DHCP.
Comprobación do funcionamento e troubleshooting
Executamos para renovar a ip
ipconfig /renew
E posteriormente comprobamos sefoi asignada:
ipconfig /all
Debian
Ubuntu
Por liña de comandos
1. Averiguamos o nome dos adaptadores
Pódese facer con calquera dos seguintes comandos:
- ls /sys/class/net/
- cat /etc/network/interfaces
- ip a
- ip link show
- netstat -I
2. Configuramos a IP
Boa práctica. É recomendable respaldar a configuración orixinal cp /etc/netplan/00-installer-config.yaml /root/00-installer-config.yaml.org
Editamos o ficheiro:
nano -c /etc/netplan/00-installer-config.yaml
2.a Para ip estática:
network: version: 2 renderer: networkd #se utilizamos NetworkManager cambiamolo por este ethernets: enp0s3: #nome da nosa tarxeta dhcp4: no dhcp6: no addresses: [192.168.100.16/24] gateway4: 192.168.100.100 nameservers: addresses: [192.168.100.12,8.8.8.8]
2.b Para ip dinámica:
network: version: 2 renderer: networkd #se utilizamos NetworkManager cambiamolo por este ethernets: enp0s3: #nome da nosa tarxeta dhcp4: yes dhcp6: yes
Nota. En ocasións pode aparecer unha líña máis, parecida a esta: renderer: networkd Esto indicará que o demo systemd-networkd é o encargado de administrar a rede. Nembargantes, se realizas esta tarefa nun sistema de escritorio, aparece NetworkManager, porque este é o programa que ofrece os servizos de detección e configuración automáticas na interfaz gráfica.
3. Aplicamos os cambios:
netplan apply
4. E reiniciamos a rede con algúns dos seguintes comandos:
- sudo systemctl restart networking
- sudo service network-manager restart
- sudo systemctl restart NetworkManager.service
- sudo nmcli networking off # ou on
- sudo ip link set enp0s3 down # ou up
- sudo nmtui (e seguindo pasos)
Ou instalando ifupdown:
$ sudo apt update && sudo apt install ifupdown -y
E executando:
$ sudo ifdown -a && sudo ifup -a
5. Comprobamos o funcionamento
# IP e máscara de subrede ip a
# Porta de enlace route
# DNS cat /etc/resolv.conf
Por intefaz gráfica
- Facemos clic na icona de rede da parte superior dereita
- Cableado conectada
- Configuración de red cableada.
- Facemos clic na icona da roda na opción Cableado
- Seleccionamos a lapela Ajustes de IPv4
Para configuración mediante DHCP:
- seleccionamos método Automático:
Para configuración manual:
- seleccionamos método Manual e introducimos valores nos campos
Comprobación do funcionamento e troubleshooting
Co comando dhclient podemos pedir un enderezo ip o servidor dhcp:
sudo dhclient [-4|-6] [-r] [interfaz]*
Os parámetros son:
- -4 e -6 para indicar protocolo IPv4 ou IPv6. Por defecto tómase IPv4
- con -r a operación libera o enderezo. Por defecto a omisión indica que a operación e renovar o enderezo
- e posible indicar a interfaz concreta. Por defecto a omisión indica que a operación se executará para todas
Por exemplo:
dhclient eth0 -v
E comprobamos que foi asignado co comando:
ip a
É posible facer unha análise do tráfico con Wireshark, para comprobar que o funcionamento práctico coincide co que se agarda desde o punto de vista teórico.