Controis
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
- Os controis do UI son os elementos interactivos das aplicacións.
- A seguinte imaxe amosa un exemplo dos máis usados:
- Todos os compoñentes visuais están no paquete: android.widget (Ver referencias abaixo)
- Un control pode ser engadido a un Layout a través dun compoñente XML ou a través de Java en tempo de execución.
- Nos seguintes apartados iremos usando os controis máis comúns.
- Ademais de definir os controis en XML tamén veremos unha manipulación básica dos mesmos en Java.
- De paso que se explica un control, nalgúns casos vaise aproveitar para explicar outros conceptos colaterais.
- Queda para o usuario o estudo daqueles controis nos que estea interesado do paquete anterior e non estean contemplados no curso.
- O seguinte é un exemplo dun layout XML cunha etiqueta (EditText) e un botón:
1 <?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
2 <LinearLayout xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android"
3 android:layout_width="fill_parent"
4 android:layout_height="fill_parent"
5 android:orientation="horizontal" >
6
7 <EditText
8 android:id="@+id/edit_message"
9 android:layout_width="0dp"
10 android:layout_height="wrap_content"
11 android:layout_weight="1"
12 android:hint="@string/edit_message" />
13
14 <Button
15 android:id="@+id/button_send"
16 android:layout_width="wrap_content"
17 android:layout_height="wrap_content"
18 android:onClick="sendMessage"
19 android:text="@string/button_send" />
20
21 </LinearLayout>
- Referencias:
- Controis:http://developer.android.com/guide/topics/ui/controls.html
- Paquete android.widget: http://developer.android.com/reference/android/widget/package-summary.html
-- Ángel D. Fernández González e Carlos Carrión Álvarez -- (2015).
