Cumprimento normativo en materia de Protección de Datos
Sumario
- 1 LOPD
- 1.1 Proposta didáctica #1: Adecuación dun sitio web á LOPD
- 1.2 Proposta didáctica #2: Deseño e implantación dun sistema de copias de seguridade
- 1.3 Proposta didáctica #3: Eliminación segura de documentos
- 1.4 Proposta didáctica #4: Cifrado de soportes
- 1.5 Proposta didáctica #5: Sistema de videovixilancia
- 1.6 Proposta didáctica #6: Cifrado correos electrónicos
LOPD
Na lexislación española considerase datos de carácter persoal a calquera información numérica, alfabética, gráfica, fotográfica, acústica ou de calquera tipo concernente a persoas físicas identificadas ou identificables. Por exemplo, o nome, DNI, dirección, datos de contacto, currículo vitae, salario, historia clínica, … Os datos de carácter persoal son clasificados pola lexislación en tres niveis segundo á súa seguridade:
| Datos de nivel Básico | Datos de nivel Medio | Datos de nivel Alto |
|---|---|---|
| • Identificativos. • Características persoais. • Circunstancias sociais. • Académicos e profesionais. • Emprego e postos de traballo. • Información comercial. • Económico-financeiros. • Transaccións. |
• Facenda Pública. • Os das Administracións tributarias relacionados co exercicio das súas potestades tributarias. • Os das Entidades Xestoras e Servizos Comúns da Seguridade Social e relaciónense co exercicio das súas competencias. • Os das mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social. • Servizos financeiros. • Solvencia patrimonial e crédito. • Infraccións penais e administrativas. • Os que permitan avaliar determinados aspectos da personalidade ou do comportamento dos mesmos. |
• Ideoloxía. • Afiliación sindical. • Relixión. • Crenzas. • Orixe racial. • Saúde. • Vida sexual. • Datos solicitados para fins policiais sen consentimento das persoas afectadas • Violencia de xénero. |
A lexislación denomina Ficheiro ó conxunto organizado de datos de carácter persoal, calquera que sexa a forma ou modalidade da súa creación, almacenamento, organización e acceso. Un ficheiro é tanto o conxunto de fichas en papel dos pacientes que un dentista garda por orde alfabética, como a máis sofisticada base de datos de clientes dunha multinacional en forma automatizada. A LOPD clasifica os ficheiros en varios tipos:
- Ficheiro automatizado: os datos atópanse almacenados en dispositivos informáticos (discos duros, computadores, DVD...) que requiren de ferramentas capaces de descifrar a información que conteñen para o seu tratamento.
- Ficheiro non automatizado ou manual: os datos están almacenados en soportes que non requiren de ferramentas para o seu tratamento, como o papel (a condición de que o ficheiro estea estruturado conforme a criterios específicos relativos a persoas físicas, que permitan acceder sen esforzos desproporcionados ós seus datos persoais). Por exemplo, o arquivo físico de historias clínicas de pacientes dun hospital, arquivo de nóminas en formato papel dunha empresa, currículo vitae de candidatos a un posto de traballo, facturas de provedores, albaráns de clientes, tarxeteiros con contactos, ...
- Ficheiro mixto: os datos están distribuídos entre soportes automatizados e non automatizados.
Aínda que xa ten anos e algunha cousa está obsoleta, na Guía de Seguridade da Axencia Española de Protección de Datos aparecen resumidas as medidas a aplicar para protexer este tipo de datos:
| Ámbito | Datos de nivel Básico | Datos de nivel Medio | Datos de nivel Alto |
|---|---|---|---|
| Responsable seguridade | • O responsable do ficheiro ten que designar a un ou varios responsables de seguridade (non é unha delegación de responsabilidade). • O responsable de seguridade é o encargado de coordinar e controlar as medidas do documento. |
||
| Persoal | Funcións e obrigas dos diferentes usuarios ou dos perfís de usuarios claramente definidas e documentadas. Definición das funcións de control e as autorizacións delegadas polo responsable. Difusión entre o persoal, das normas que lles afecten e das consecuencias polo seu incumprimento. | ||
| Incidencias | Rexistro de incidencias: tipo, momento da súa detección, persoa que a notifica, efectos e medidas correctoras. Procedemento de notificación e xestión das incidencias. SÓ AUTOMATIZADOS: Anotar os procedementos de recuperación, persoa que o executa, datos restaurados, e no seu caso, datos gravados manualmente. Autorización do responsable do ficheiro para a recuperación de datos. | ||
| Control de acceso | Relación actualizada de usuarios e accesos autorizados. Control de accesos permitidos a cada usuario segundo as funcións asignadas. Mecanismos que eviten o acceso a datos ou recursos con dereitos distintos dos autorizados. Concesión de permisos de acceso só por persoal autorizado. Mesmas condicións para persoal alleo con acceso ós recursos de datos. SÓ AUTOMATIZADOS: Control de acceso físico ós locais onde se atopen situados os sistemas de información. SÓ AUTOMATIZADOS: Rexistro de accesos: usuario, hora, ficheiro, tipo de acceso, autorizado ou denegado. Revisión mensual do rexistro polo responsable de seguridade. Conservación 2 anos. Non é necesario este rexistro se o responsable do ficheiro é unha persoa física e é o único usuario. SÓ NON AUTOMATIZADOS: Control de accesos autorizados. Identificación accesos para documentos accesibles por múltiples usuarios. | ||
| Identificación e autenticación | SÓ AUTOMATIZADOS: Identificación e autenticación personalizada dos usuarios. Procedemento de asignación e distribución de contrasinais. Almacenamento ininteligible dos contrasinais. Periodicidade do cambio de contrasinais (<1 ano). |
SÓ AUTOMATIZADOS: Limite de intentos reiterados de acceso non autorizado. |
|
| Xestión de soportes | Inventario de soportes. Identificación do tipo de información que conteñen, ou sistema de etiquetaxe. Acceso restrinxido ó lugar de almacenamento. Autorización das saídas de soportes (incluídas a través de email). Medidas para o transporte e o refugallo de soportes. |
SÓ AUTOMATIZADOS: Rexistro de entrada e saída de soportes: documento ou soporte, data, emisor/destinatario, número, tipo de información, forma de envío, responsable autorizado para recepción/entrega. Sistema de etiquetaxe confidencial. Cifrado de datos na distribución de soportes. Cifrado de información en dispositivos portátiles fóra das instalacións (evitar o uso de dispositivos que non permitan cifrado ou adoptar medidas alternativas). |
|
| Copias de respaldo | SÓ AUTOMATIZADOS: Copia de respaldo semanal. Procedementos de xeración de copias de respaldo e recuperación de datos. Verificación semestral dos procedementos. Reconstrución dos datos a partir da última copia ou gravación manual no seu caso, si existe documentación que o permita. Probas con datos reais. Copia de seguridade e aplicación do nivel de seguridade correspondente. |
SÓ AUTOMATIZADOS: Copia de respaldo e procedementos de recuperación en lugar diferente do que se atopen os equipos. |
|
| Criterios de arquivo | SÓ NON AUTOMATIZADOS: O arquivo dos documentos debe realizarse segundo criterios que faciliten a súa consulta e localización para garantir o exercicio dos dereitos de Acceso, Rectificación, Cancelación e Oposición (ARCO). |
||
| Almacenamento | SÓ NON AUTOMATIZADOS: Dispositivos de almacenamento dotados de mecanismos que obstaculicen a súa apertura. |
SÓ NON AUTOMATIZADOS: Armarios, arquivadores de documentos en áreas con acceso protexido mediante portas con chave. |
|
| Custodia soportes | SÓ NON AUTOMATIZADOS: Durante a revisión ou tramitación dos documentos, a persoa a cargo de os mesmos debe ser dilixente e custodiala para evitar accesos non autorizados. |
||
| Copia ou reproducción | SÓ NON AUTOMATIZADOS: Só pode realizarse polos usuarios autorizados. Destrución de copias refugadas. | ||
| Almacenamento | SÓ NON AUTOMATIZADOS: Dispositivos de almacenamento dotados de mecanismos que obstaculicen a súa apertura. |
SÓ NON AUTOMATIZADOS: Armarios, arquivadores de documentos en áreas con acceso protexido mediante portas con chave. |
|
| Auditoría | * Polo menos cada dous anos, interna ou externa. * Debe realizarse ante modificacións substanciais nos sistemas de información con repercusións en seguridade. * Verificación e control da adecuación das medidas. * Informe de detección de deficiencias e propostas correctoras. * Análise do responsable de seguridade e conclusións elevadas ó responsable do ficheiro. | ||
| Telecomunicacións | SÓ AUTOMATIZADOS * Transmisión de datos a través de redes electrónicas cifradas. | ||
| Traslado de documentación | SÓ NON AUTOMATIZADOS * Medidas que impidan o acceso ou manipulación. | ||
Fig. Título VIII do Regulamento de Desenvolvemento da Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal (RDLOPD).
Utilizando como referencia esta táboa podemos deseñar prácticas que permitan abordar o tema da LOPD dun xeito máis práctico. A modo de exemplo, unhas posibles ideas:
Proposta didáctica #1: Adecuación dun sitio web á LOPD
Nesta proposta o alumnado terá que modificar o sitio web adaptado á LSSI-CE para cumprir cos requisitos da LOPD, tomando como punto de partida os documentos modelo de Inteco e/ou a información legal proporciona en sitios web activos.
Proposta didáctica #2: Deseño e implantación dun sistema de copias de seguridade
Nesta proposta o alumnado terá que deseñar e implantar un sistema de copias de seguridade respectando o indicado na LOPD. Podemos facer a práctica máis interesante se traballamos con dispositivos de almacenamento en rede, como cabinas de discos NAS ou montamos os nosos sistemas NAS con equipos reais (ou virtuais) e distribucións como TrueNAS, XigmaNAS ou OpenMediaVault.
Outra opción moi interesante é que o alumnado poña en marcha un sistema de copias de seguridade máis profesional como Bacula:
Proposta didáctica #3: Eliminación segura de documentos
O obxectivo desta proposta é que o alumnado comprobe que é posible a recuperación de documentos borrados usando software específico tipo TestDisk & PhotoRec. Unha vez verificado que cun borrado normal é posible a recuperación de información, o alumnado ten que deseñar procedementos de eliminación/destrucción de soportes así como de borrado seguro de información.
Proposta didáctica #4: Cifrado de soportes
Neste escenario deseñarase un sistema de xestión de soportes onde o alumnado teña que:
- Deseñar un sistema de inventario.
- Deseñar un sistema de etiquetado, que en función do tipo de datos pode cambiar.
- Deseñar un sistema de rexistro para controlar entradas/saídas de soportes.
- Implantar medidas técnicas que permitan almacenar e/ou transportar os soportes cifrados para protexer os datos.
Para saber máis sobre este punto ir ó Escenario 7A.
Proposta didáctica #5: Sistema de videovixilancia
Neste escenario deseñarase un sistema de videovixilancia respectando a normativa vixente en materia de protección de datos. Para saber máis sobre este punto ir ó Escenario 7B.
Proposta didáctica #6: Cifrado correos electrónicos
O obxectivo desta proposta é que o alumnado implante unha solución de cifrado das mensaxes de correo electrónico. Aínda que as comunicacións co noso servidor de correo electrónico vaian cifradas, non é seguro que cando enviemos emails (ou alguén nolos envíe) todas as comunicacións que se producirán vaian cifradas; ademais, o comportamento por defecto dos sistemas de correo electrónico é que ó entregar a mensaxe no buzón de correo, ésta gárdase como un ficheiro de texto en claro. Do anterior podemos deducir que ben na viaxe e/ou ben no almacenamento, a información contida nos correos electrónicos é susceptible de ser vista por persoas alleas.
Nesta proposta trabállanse os conceptos criptográficos de módulos anteriores e aplícase ó cifrado e a firma de mensaxes de correo electrónico. Indicar ademais que os conceptos criptográficos manexados nesta proposta son semellantes ós usados na firma electrónica; polo que, abordar a lei de firma electrónica e exemplos prácticos da mesma sería repetir o visto neste escenario, pero adaptándose ás particularidades concretas do software de firma electrónica escollido.