DRUPAL Instalacion

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Instalación do Apache

Instalación e configuración do Mysql

  • Cando instalemos o drupal, este vai facer uso dunha base de datos. Imos crear dita base de datos e un usuario que teña permisos sobre dita base de datos.

Xampp

Nota: Para cargar a pantalla gráfica de xestión do xampp podemos ir ao cartafol onde está instalado (/opt/lampp/) e executar o arquivo manager-linux-x64.run.


Instalación do Drupal

Pasos previos

  • Primeiro debemos descargar a versión do drupal que queiramos.
  • Unha vez descargada a descomprimimos:
  • Graficamente, premendo dúas veces e descomprimíndoa.
  • Dende consola coa orde: tar -zxvf /home/angel/Descargas/drupal-8.1.8.tar.gz
  • Onde se move o cartafol descomprimido do drupal.
  • Se estamos a utilizar xampp deberemos movelo ao cartafol /opt/lampp/htdocs/
  • Se estamos a utilizar un servidor web (como apache) deberemos movelo ao cartafol onde cargue os sitios web (en apache é: /apache/htdocs).
Nota:: Cando se descomprime, normalmente teremos o nome 'drupal-8.1.8'. Podemos cambiarlle o nome a ese cartafol por 'drupal' pois despois o usaremos na URL do navegador.


  • Copia do arquivo de configuración.
  • Drupal necesita un arquivo de configuración de nome installation.php que se atopa no cartafol do drupal/sites/default (en xampp sería /opt/lampp/htdocs/drupal/sites/default).
  • Deberemos copiar o arquivo default.settings.php que se atopa nese cartafol e copialo có nome installation.php.
  • Deberemos cambiar os permisos do arquivo installation.php para que poida ser modificado. En Linux, poñeremos: chmod 777 installation.php


  • Cambiando os permisos.
  • Se o fixemos graficamente, o dono dos arquivos será o teu usuario, e se o fixeches dende consola será root (se usaches a orde sudo).
  • Imos cambiar o dono para que sexa o usuario que utiliza o apache para conectarse. Este é www-data.
  • Dende unha consola e con permisos sudo, executamos a orde: chown -R www-data:www-data drupal sendo 'drupal' o cartafol movido do paso anterior.


  • Arquivos do idioma español.
  • Durante a instalación podemos facer a instalación no idioma español. Será necesario ter creados uns cartafoles que por defecto non veñen.
  • Crear o cartafol /cartafol_drupal/sites/default/files e darlle permisos de escritura chmod a+w /cartafol_drupal/sites/default/files.
  • Crear o cartafol /cartafol_drupal/sites/default/files/translations e darlle permisos de escritura chmod a+w /cartafol_drupal/sites/default/files/translations.


  • Activación do opcache.
  • Temos que editar o arquivo php.ini (se estamos utilizando o XAMPP se atopa en /opt/lampp/etc/php.ini) e engadir (ou descomentar a liña no caso de XAMPP): opcache.so.
  • Despois deberemos reiniciar o servidor apache para que colla a nova configuración.


Instalación







-- Ángel D. Fernández González -- (2016).