Diferencia entre revisiones de «DRUPAL Tipos de contido»
Línea 132: | Línea 132: | ||
=== Administrar a visualización do formulario === | === Administrar a visualización do formulario === | ||
+ | [[Imagen:Drupal_contidos_29.JPG|600px]] | ||
* Cando creamos un novo tipo de contido é necesario dispoñer dun formulario que permite engadir novos contidos do tipo creado. | * Cando creamos un novo tipo de contido é necesario dispoñer dun formulario que permite engadir novos contidos do tipo creado. | ||
* Neste apartado imos ver que opcións podemos ter na xestión de dito formulario. | * Neste apartado imos ver que opcións podemos ter na xestión de dito formulario. | ||
+ | |||
+ | |||
+ | * Como podemos observar no listado de campos aparecen os añadidos previamente para o tipo de contido: | ||
+ | |||
Revisión del 17:03 13 oct 2016
Sumario
Introdución
- En Drupal 8 están creados dous tipos de contido: Artigos e Páxinas estáticas.
- Un tipo de contido ven ser o conxunto de campos relacionados que confirman unha unidade de información para Drupal.
- Cada tipo de contido está formado por campos (caixas de texto, imaxes, listas,...).
- Á hora de engadir contido dun tipo determinado necesitaremos un formulario. Neste formulario se indicará a orde e formato dos campos que conforman o tipo de contido.
- Á hora de presentar un contido nunha páxina necesitaremos indicar que campos son visibles, onde colocalos e o formato que van ter.
Creando un novo tipo de contido
- Para crear un novo tipo de contido ou editar un tipo previamente creado debemos ir a Administrar => Estrutura => Tipos de contido.
- Imos crear a modo de exemplo un tipo de contido que nos permita gardar información sobre os xogadores da liga ACB.
- Os datos que queremos gardar son:
- Nome do xogador
- Altura
- Posición na que xoga
- Puntos de media por partido
- Foto do xogador
Opcións
Opcións comúns
- Nome: Nome que vai ter este tipo de contido. Internamente Drupal vai darlle un nome que pode ser modificado se prememos no enlace editar.
- Descrición: Descrición que vai aparecer na lista de tipos de contido.
Opcións do formulario de envío
- Etiqueta do título: Título que vai ter este tipo de contido.
- Previsualizar: Indicamos se queremos que o usuario poida previsualizar o contido antes de publicalo.
- Explicación: Texto de axuda que se visualizará cando o usuario vaia crear un novo contido deste tipo.
Opcións de publicación
- Todas as opción son opcións que van a aparecer por defecto cando o usuario cre un novo tipo de contido.
- Publicado: Indicamos se cando o usuario garde o contido, sexa publicado por defecto.
- Promocionado á páxina principal: Indicamos se queremos que o contido apareza na páxina principal.
- Fixo ao comezo das listas: En caso de visualizar varios contidos en forma de lista, aparecerá de primeiro.
- Crear unha nova revisión: Permite ter varias 'versións' do contidos creados.
Opcións de Idioma
- No caso de ter varios idiomas instalados podemos, cando engadamos contidos deste tipo, indicar o idioma.
Opcións de Presentación
- Podemos indicar se queremos que se amose ou non o autor e data de publicación do contido.
Opcións do Menú
- Neste caso podemos indicar o menú ao que poderán estar relacionados os contidos que se publiquen con este tipo. Quere isto dicir (como vimos en artigos que cando un usuario publique un contido deste tipo poderá 'colocar' (publicar) o seu contido como unha entrada de menú, pero só dos menús marcados nesta opción.
- Finalmente prememos o botón Guardar y administrar campos.
- Unha vez feito estaremos na sección de Administrador de campos. Estamos editando o tipo de contido creado. En calquera momento podemos premer o enlace Editar para volver as opcións anteriores.
- Se queremos volver a sección de edición de campos premeremos nos puntos suspensivos e aparecerá a opción de Administrar campos.
Administrar campo
- Un tipo de contido está formado por campos. Un campo ven ser un dato a gardar para ese tipo de contido.
- Os tipos de datos poden ser de moitos tipos: numéricos, cadeas, a escoller dunha lista de posibilidades,...
- Por defecto en todo tipo de contido vai aparecer un campo de nome Body cun tipo de campo texto, de formato largo e con resume.
- No noso caso imos crear os campos que especificamos anteriormente:
- Nome do xogador
- Altura (en cm)
- Posición na que xoga
- Puntos de media por partido
- Foto do xogador
- Tipos de datos: a maior parte dos tipos de datos se sabe o que son.
- Todo o que sexa 'con formato' nos campos de tipo cadea fai referencia a que poderemos cambiar o seu aspecto con etiquetas HTML, tipo negrilla, cor, suliñado,...
- Listas: fai referencia a que o usuario vai poder escoller dun conxunto de posibilidades que se presentan en forma de lista.
- Arquivo / Imagen: Se permite adxuntar un arquivo / imaxe ao tipo de contido.
- Booleano: Valores true/false ou on/off.
- Término de taxonomía: Aparece un selector no que podemos seleccionar algunha das palabras que están no vocabulario (creado previamente, xa o [veremos posteriormente).
Indicamos un texto de axuda (non é obrigatorio) para cando un usuario engada un novo contido. Marcamos a opción de campo obrigatorio. Non indicamos un valor por defecto e o formato de texto vai permitir etiquetas básicas. A utilización de formularios por parte de usuarios leva consigo problemas de seguridade. Para evitar estes problemas podemos limitar as etiquetas HTML que un usuario pode utilizar dentro dun formulario. Se prememos no enlace Acerca de formatos de texto podemos ver que etiquetas son permitidas en cada un das opcións.
Non introducimos axuda. Facemos o campo obrigatorio, sen valor predeterminado. Os valores que vai poder introducir o usuario van ir dende 140 a 240 e cando se visualice o dato aparecerá o sufixo cm. a continuación do número (outro exemplo sería no caso dun campo de tipo moeda no que aparecería o símbolo da moeda).
Nota: Ao quitar o campo 'Body' o contido non ten ningún campo para visualizar de forma resumida, polo que se visualizamos estes contidos en forma de lista (como fixemos cos artigos na páxina principal) só aparecerá o título.
Administrar a visualización do formulario
- Cando creamos un novo tipo de contido é necesario dispoñer dun formulario que permite engadir novos contidos do tipo creado.
- Neste apartado imos ver que opcións podemos ter na xestión de dito formulario.
- Como podemos observar no listado de campos aparecen os añadidos previamente para o tipo de contido:
Tipos de control (widget) asociados a un campo
- Cando creamos un tipo de contido, imos creando novos campos dentro dese tipo.
- Cada campo pode ter 'asociado' un control (widget) para a súa visualización.
- Os diferentes campos terán diferentes tipos de controis en función do seu tipo.
Administrar a presentación
-- Ángel D. Fernández González -- (2016).