Endian Firewall Community 3.3.2 e as súas posibilidades na interconexión de redes

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Consideracións pedagóxicas

Este material pode ser utilizado:

  • No módulo Servizos en rede do Ciclo de Sistemas Microinformáticos e redes
    • No "BC7. Despregamento de redes sen fíos"
      • Seguridade en redes sen fíos
      • Enderezos MAC e filtraxe do tráfico
    • No "BC8. Interconexión de redes"
      • Pasarelas a nivel de aplicación. Almacenaxe en memoria caché
      • Encamiñamento de tráfico entre interfaces de rede
      • Devasas (firewalls). Filtraxe do tráfico entre redes
      • Reenvío de portos
  • No módulo Redes locais do Ciclo de Sistemas Microinformáticos e redes
    • No "BC3. Interconexión de equipamentos en redes locais"
      • Adaptadores para rede con cables
      • Dispositivos de interconexión de redes
      • Adaptadores para redes sen fíos
      • Dispositivos de interconexión de redes sen fíos
      • Redes mixtas
    • No "BC5. Despregamento de redes locais sen fíos"
      • Protocolos
      • Recomendacións na instalación de redes sen fíos
      • Seguridade básica en redes sen fíos
    • No "BC6. Resolución de incidencias dunha rede de área local"
      • Estratexias.
      • Parámetros do rendemento.
      • Incidencias físicas e incidencias lóxicas en redes locais.
      • Monitorización de redes con cables e sen eles.
      • Ferramentas de diagnóstico.
      • Comandos e programas.
  • No módulo Seguridade informática do Ciclo de Sistemas Microinformáticos e redes
    • No "BC5. Medidas de seguridade en redes"
      • Métodos para asegurar a privacidade da información transmitida
      • Identificación dixital: sinatura electrónica e certificado dixital
      • Monitorización do tráfico en redes con cables
      • Seguridade en redes sen fíos
      • Riscos potenciais dos servizos de rede
      • Sistemas de seguridade nas telecomunicacións: correo, www, ftp, p2p, etc.
      • Publicidade e correo non desexados
      • Fraudes informáticas e roubos de información
      • Utilización de devasas (firewalls) en equipamentos e en servidores
      • Análise dos rexistros (logs) dun sistema para identificar ataques reais ou potenciais á seguridade
    • No "BC6. Resolución de incidencias dunha rede de área local"
      • Estratexias.
      • Parámetros do rendemento.
      • Incidencias físicas e incidencias lóxicas en redes locais.
      • Monitorización de redes con cables e sen eles.
      • Ferramentas de diagnóstico.
      • Comandos e programas.

Esta práctica toca transversalmente moitos dos conceptos das unidades didácticas anteriores de Servizos en rede:

  • A UD1 coa xestión do servidor DHCP
  • A UD2 co funcionamento de DNS
  • A UD4 con funcionamento do servizo de correo electrónico
  • A UD6 coa xestión de accesos remotos
  • A UD7 con despregamento de redes wifi
  • A UD8 coa interconexión de redes

Para a entrega son relevantes a práctica totalidade de contidos do módulo Aplicacións Ofimáticas do Ciclo de Sistemas Microinformáticos e redes

Como requisitos previos son desexables coñecementos básicos de redes e virtualización

Aprenderemos

  • Instalar Endian UTM
  • Administrar Firewall UTM Endian
  • Realizar análise de tráfico
  • Asegurar a rede da compañía para reducir ataques informáticos
  • Restrinxir o acceso a internet
  • Controlar o consumo de ancho de banda
  • Crear conexións Punto a Punto con IPSEC e OpenVPN
  • Crear Conexións OpenVPN Cliente Servidor desde distintos dispositivos

Introducción

Endian Firewall é unha distribución GNU/Linux libre especializada en devesa (Firewall), enrutamento e xestión unificada de ameazas. O seu desarrollo continua da man da comunidade e liderado polo italiano Srl Endian.

Orixinalmente baseado en IPCop, que é además un fork de SmoothWall. Esta enfocado o uso de pemes pola súa sinxela instalación e facilidade de uso.

A súa instalación pode correr sobre hardware físico ou virtualizado.

Instalación

  • Descargar a ISO
  • Crear unha máquina virtual
  • Configurar como mínimo 2 tarxetas de rede (WAN y LAN)
  • Instalar a distribución

Configuración do proxy

Un proxy é un equipo ou software informático que fai de intermediario entre as conexións dun cliente e un servidor de destino, filtrando todos os paquetes entre ambos. O proxy recibe as peticións do cliente para acceder as páxinas e encárgase de transmitírllas ó servidor da web de xeito que esta descoñece os teus detalles garantindo un maior anonimato. Así en troques de establecer unha conexión directa entre o teu navegador e esa web, a información transmítese a través deste proxy. A páxina que visites non saberá a túa IP se non a do proxy; e así podes facerte pasar por usuario dun país distinto o teu.

Activando CLAMAV

Configurando rutas estáticas

Configurando o IPS e as súas regras

Configuración da VPN

Documentación