Exercicios sobre XML

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda


Comparativa de ferramentas de traballo con linguaxes de marcas

Fai un estudo comparativo de ferramentas de traballo con linguaxes de marcas.

Documentos XML ben formados

De marcadores de páxinas web

Crea un documento XML ben formado que:

  • describa unha lista de marcadores de páxinas web
  • almacenarase para cada páxina o seu nome, unha descrición breve e a súa URL
  • non empregaremos atributos

Os datos dos marcadores son os descritos na seguiente taboa:

Marcadores a almacenar
Wikipedia
A enciclopedia libre
gl.wikipedia.org
Wiki do CIFP Rodolfo Ucha
Wiki con interesantes contidos técnicos
wiki.cifprodolfoucha.es
w3schools
Titoriais en inglés
w3schools.com

De equipos de fútbol

Crea un documento XML ben formado que

  • garde información de dous equipos de fútbol (nome, cidade e entrenador)
  • con dous xogadores (nome, posición e nacionalidade) cada equipo
  • a posición (gardameta, defensa, medio, diantero) deberá representarse mediante un atributo do xogador
  • Emprega datos reales para os equipos e xogadores
  • Pero non indiques o nome do adestrador (deixao como atributo baleiro)

Do Banco Simpático Galego

Crea un documento XML con información do Banco Simpático Galego (BSG), tendo en conta que:

  • O banco consta de sucursais e de empregados. Para coñecer os empregados que traballan nunha sucursal débense utilizar claves.
  • O banco ten o código 4444, e también queremos coñecer o seu nome completo, abreviatura, nome e apelidos do seu presidente, data de creación que debe ter 3 atributos: día, mes e ano, e información das sucursais das que consta.
  • Cada sucursal ten un código de catro díxitos e unha superficie que terá un atributo unidade que tomará sempre como valor “m2”.
  • Para cada sucursal queremos coñecer o personal do que consta. Os empregados identificaranse cun código, e ademáis, para cada un dos empregados queremos coñecer o seu nome e apelidos, o seu NSS e o cargo que ocupan na sucursal (que pode ser “Director”, “Interventor” e “Outros”).
  • Debes crear como mínimo dúas sucursais coa súa información correspondente.

De pastelaría

Una pastelaría ten un documento XML para almacenar os productos que vende. O documento ten a siguiente estrutura:

<?xml version="1.1" encoding="utf-8"?>
<productos>
  <tarta>
    <cod>T0123</cod>
    <descripción>Tarta Red Velvet</descripción>
  </tarta>
  <tarta>
    <cod>T01234</cod>
    <descripción>Tarta Morte por Chocolate</descripción>
  </tarta></productos>

Os datos dos clientes habituais almacenaos tamén por medio dun XML, que ten a seguinte estrutura:

<?xml version="1.1" encoding="utf-8"?>
<clientes>
  <cliente>
    <cod>CL099756</cod>
    <nombre>Uxía López Martínez</nombre>
    <dirección>Rúa San Clemente 2, 1ºC</dirección>
    <teléfono>666897895</teléfono>
  </cliente>
  <cliente></cliente></clientes>

Crea un documento de ventas que permita almacenar a información do cliente que realiza cada venta e os productos incluidos nela.

Solucións

Outras tarefas