Firefox para deseño e desenvolvemento
Sumario
Introdución
Mozilla Firefox é unha aplicación para a navegación web, libre e de código aberto e que desenvolve o proxecto o grupo Mozilla Corporation da organización aberta Fundación Mozilla.
É multiplataforma e está dispoñíbel para os sistemas operativos Linux, macOS e Windows, así coma en Android e iOS. Emprega o motor de rendemento web Quantum (que substituíu a Gecko), e executa os modelos web actuais e os próximos a ser aprobados.
A data de xullo de 2022 e conforme a StatCounter, ten unha cuota do 7.8% de uso como navegador de escritorio, sendo o cuarto máis popular por detrás de Google Chrome (66.93%), Microsoft Edge (10.63%) e Safari (8.95%).
Instalación
Podes ver neste titorial os pasos para a instalación e configuración inicial de Mozilla Firefox
Configuración
Podes indagar sobre algunhas opcións de configuración básica e avanzada
Firefox Developer Edition
- Navegador Firefox Developer Edition
- Navegador feito para desarrolladores: a depuración remota, o tema oscuro e o botón da barra de ferramentas para desarrolladores están activados de forma predeterminada.
Complementos
Ademáis do navegador, a web de Firefox conta cunha sección chamada add-ons (complementos) na que se pode atopar a listaxe de extensións dispoñibles. Algunhas das máis interesantes para traballar con linguaxes de marcas e para deeñadores de páxinas web son as seguintes.
- Firefox Developer Tools
- Conxunto de ferramentas para examinar, editar e depurar HTML, CSS e JavaScript. Pods ler a documentación do usuario ou este artigo para saber máis.
- Web Developer
- Barra que se instala xunto co resto de ferramentas do navegador e que permite obter información sobre a páxina e ofertar certas utlidades: redimensión da fiestra do navegador ás dimensións máis utilizadas, recuadrar todos os elementos dun determinado tipo (celdas de táboa, divs, etc.), mostrar unha lupa, una regra redimensionable, mostrar os elementos de tipo hidden, mostrar a ruta de cada imaxe, etc.
- HTML Validator
- E aconsellable que as páxinas XHTML creadas sexan válidas, e pasen polo tanto o validador de HTML e de CSS disponible no W3C. Esta ferramenta facilita esta validación indindoc en todo momento os erros e as recomendacións sobre o código HTML da páxina visualizada no navegador.
- ColorZilla
- Permite obter a cor de calquer elemento da páxina mediante unha ferramienta similar á dos programas de deseño gráfico.
- MeasureIt
- Permite medir a altura e anchura de calquier elemento da páxina.
- Easy Screenshot
- Permite gardar unha página entera coma unha imaxen. Os pantallazos ou capturas de pantalla(screenshots) pódense realizar tamén duhna parte concreta da páxina ou dos contenidos visibles na fiestra do navegador.
Tes tamén detallados estes e outros complementos e o seu funcionamento.
Ferramentas para programadores web
Atoparás comentadas as ferramentas de desarrollador web incluidas na versión estándar de Firefox.
Nota- Cómo dicíamos, na versión especial de Firefox chamada Developer Edition ten unha configuración optimizada para as ferramentas de desarrolladores (e acceso a alguhna herramienta experimental non dispoñible na versión estándar de Firefox).
Referencias
- Atallos de teclado para Firefox
- Uso das lapelas en Firefox
- curso Temas de Informática por Bartolomé Sintes Marcoque. Licencia Creative Commons Reconocimiento-CompartirIgual 4.0 Internacional (CC BY-SA 4.0). ]