Inserción de ecuacións matemáticas

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Engadir ecuacións pode resultar útil para amosar na folla de cálculo algunha fórmula utilizada nalgunha celda bloqueada. Dese xeito, aínda que o usuario non poida ver a fórmula por non poder seleccionar a celda, si a pode coñecer a través da ecuación insertada desa fórmula.

IMPORTANTE. A opción atópase na lapela Insertar da cinta de opcións.

Se pulsas no botón Ecuación poderás crear a túa propia ecuación; se premes na frecha, poderás escoller do listado algunha ecuación predefinida de Excel (aínda que tamén a poderás modificar despois).

Botón para insertar ecuación

Podes escribir a ecuación axudándote dos distintos controles e listas da pestaña contextual Ecuación: engadir fraccións, superíndices ou subíndices, matrices, logaritmos, etc.

Tamén podes mover o cadro de texto no que se enmarca a ecuación ou cambiarlle de tamaño, e incluso asignarlle unha forma distinta ou cambiar a súa contorna, recheo, efectos ou outras características desde a lapela Formato de forma.

PREGUNTA. Excel indica as celdas que teñen notas cun triángulo amarelo na súa esquina superior esquerda?
RESPOSTA. Non, é cun triángulo vermello na esquina superior dereita da celda.

Resumo

Na lapela Insertar atópase o botón Ecuación que permite engadir ecuacións matemáticas nas follas de cálculo.