Instalación de xestores de contidos

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

CMS

Qué son?

Diferentes CMS

CMS é a abreviatura de Content Management System(Sistema de Xestión de Contidos). Trátase dun software que procura facilitar a creación e organización dos contenidos dun ou máis sitios web. O seu obxectivo é paliar as dificultades que ten crear e xestionar sitios con numerosos contidos na web.

Será moi recomendable utilizar un CMS cando os contidos:

  • teñen que actualizarse a miúdo
  • poden ser creados por diferentes personas
  • queremos que poidan ser publicados directamente por usuarios sen coñecementos técnicos

Cun CMS podemos diferenciar:

  • entre os contidos e a estrutura do sitio web: menús, enlaces, almacenamento físico, código, administración de usuarios, etc. Esta estructura é coñecida coma o backend;
  • a visión que teñen os usuarios, tanto os que publican contidos, coma os que simplemente os visualizan, coñécese coma o frontend.

Historia dos CMS

Os contidos que aparecían nas web nos inicios traballabanse directamente desde o código das páxinas utilizando editores simples. Esta forma de traballar dificultaba poder crear sitios con gran cantidade de contidos.

Ademáis, o proceso de engadir contido facíase desde o código fonte: un erro na actualización de contidos podía poñer en riscoa estrucura crítica da aplicación. Só usuarios expertos podían xerar contidos.

A aparición de editores visuales como Adobe Dreamweaver e Frontpage permitíu facer cambios no deseño ocultando o código, pero xerando código de mala calidade. A solución non era suficiente.

A aparición de linguaxes no lado do servidor dotou da posibilidade de crear verdadeiras aplicacións que permitiran a xestión de usuarios e contidos. O sitio de noticias CNET desenvolveo o seu propio sistema de administración e publicación de contenidos no ano 1995; e nese mismo ano a empresa Red Dot crea o que é considerado o primeiro CMS comercial. Xa a finales dos 90 moitas empresas (especialmente de novas) utilizaron sistemas de xestión de contidos; e foron aparecendo CMS tanto comerciales como de código aberto: Allaire, Spectra, Typo 3 ou Mambo.

Quizá o primeiro CMS que obtuivo éxito notorio entre os creadores de aplicacións web, foi o sistema de xestión de sitios de noticias PHP-Nuke.

O éxito dos CMS comezou a partir do ano 2007 cando productos como Joomla!, Drupal ou Wordpress maduraron e comenzaron a utilizarse extensamente. A este fenómeno contribuíu enormemente o éxito dos blogues: sitios web onde os contenidos organízanse en base a súa data de publicación, formando un caderno de bitácora. Con estes CMS posilitouse que personas sen coñecementos avanzados nas tecnoloxías web, puideran crear contidos de apariencia moi profesional fácilmente.

As prestacións e posiblidades dos CMS foron mellorando e na actualidade hai unha extensa oferta tanto de sistemas de código aberto e gratuito coma de sistemas de pago, que se adaptan a casi calquier necesidade concreta.

Ventaxas dos CMS

Funcións do CMS
  • Facilitan a xeneración de contido. O contigo engádese ao sitio a través de sinxelos formularios e menús non requirindo de coñecementos técnicos.
  • Actualización de contidos máis rápida. Como é fácil engadir contenidos e estes se publican instaneneament o resultado é unha web moi dinámica onde os contidos poden cambiar frecuentemente.
  • Facilidade para adaptar o deseño. Permite facer un sitio web con un deseño profesional mediante numerosas plantillas que se aplican rápida y fácilmente. Pódense elaborar a medida, e un cambio na plantilla (template ou theme) permite de xeito inmediato cambiar de forma homoxénea toda a apariencia do sitio.
  • Posibilidade de personalizar a contorna. Os CMS utilizan as linguaxes de creación de aplicacións web: HTML, CSS, ]avaScript, PHP, etc. Aquelas personas con coñecementos avanzados ou cun departamento de informática contan coa posibilidade de adaptar o deseño as necesidades particulares.
  • Administración de usuarios. Permite xestionar usuarios e organizalos en grupos, dotando a cada un de diferentes capacidades. Podemos facer que algúns usuarios poidan publicar contido nunhas partes do sitio web e outros usuarios noutras, ou que para publicar se precise a aprobación do responsable, etc.
  • Adaptación á necesidade concreta. É habitual ter a necesidade de prestar un servizo moi concreto: un blogue, unha plataforma educativa, unha tenda en liña, uunha wiki, unha revista ou xornal, etc. Existen CMS especializados para ese tipo de tarefas.
  • Mantemento de gran cantidade de documentos. A administración e organización de sitios con grandes volumes de información é unha das capacidades fundamentales deste tipo de sistemas. Permite organizar os documentos en áreas ou seccións, saberemos quén e cando publicou o contido e outra serie de metadatos que enriquecen o coñecemento que teremos de cada contido publicado.
  • Consistencia visual. Ante una gran cantidad de páginas en un sitio es dificultoso mantener la misma apariencia visual ou guía de estilo dunha empresa. Os CMS construen un armazón común para os contidos evitando así a sensación de caos ou de falta de profesionalidade.
  • Facilidade para engadir novas funcionalidades. Casi todos os CMS disponen da posibilidade de engadir extensións, plugins ou compoñentes que aportan novas funcionalidades. Podemos, fácilmente, incluir módulos realizados por outras personas e que aporten valor a nosa aplicación

Estrutura dun CMS

Vistas dun CMS

Frontend e backend

Os CMS presentan unha estrutura composta de dúas visións:

O backend. Visión relegada aos administradores. Mediante esta vista xeneranse os aspectos ocultos ó usuario (fundamentales na xestión do CMS):
  • A organización de grupos e usuarios
  • A estrutura física dos ficheiros e directorios do CMS
  • A organización lóxica de menús, enlaces e compoñentes
  • Tareas de limpeza
  • Copias de seguridade
  • Aspectos de posicionamiento en buscadores (SEO)
O frontend. Visión do sitio que teñen os visitantes e tamén os usuarios rexistrados sen privilexios administrativos (editores de contido).
  • Desde esta vista é posible ver o resultado final da aplicación web e también modificar os contidos (se temos os permisos axeitados)
INTERESANTE. Está xurdindo un novo modelo de CMS que non diferencia entre estas dúas visións. O headless CMS. Podes ler máis información no enlace.

Elementos dun CMS

Editor WYSIWYG con posilibidade de modificar o código

Os CMS adoitan incorporar estes elementos para realizar as súas funcións:

  • Administrador de usuarios. Vista, dentro do backend, que permite
  • crear, modificar e eliminar usuarios
  • organizalos en grupos
  • designar os seus roles e permisos
  • Editor WYSIWYG de contidos. WYSIWYG é o acrónimo de What You See 15 What You Get (o que ves é o que obtés). Os contidos edítanse sen necesidade de tocar o código HTML, usando un editor que permite modificar e examinar o contenido tal e como aparecerá na páxina. Con todo, a maioría de editores permiten tamén modificar o código HTML por se queremos ter máis control sobre el.
  • Editor de menús, categorías ou xerarquía do sitio. Parte do backend coa que se xenera a estrutura organizativa. É clave para acadar a facilidade de uso do sitio que estamos construíndo.
  • Editor e administrador de temas. Encárgase de xestionar os temas, e así a da apariencia visual do contorno. Permite elixir un tema e dotar das ferramientas para crear temas propios ou modificar/personalizar os existentes.
  • Administrador de extensións e plugins. Encargado de engadir, modificar ou eliminar componentes externos al sitio web.
  • Xestor de redes sociais. Permite que os contenidos poidan ser fácilmente enlazables ás redes sociales, ou ben autentificar mediante as contas das redes máis populares aos usuarios que queiran facer comentarios, etc.
  • Xestor de taxonomías. Permite xestionar os temas e palabras clave dos contidos.

Desta forma, poderemos facer búsquedas en base a esas palabras para atopar contenidos relacionados con elas.

En definitiva, un CMS aporta numerosas ferramentas para cubrir todo o que se precisa na xestión dun sitio web onde hai moitos contidos.

Tecnoloxía subxacente nos CMS

Un CMS é unha aplicación web que estará creada nunha determinada tecnoloxía de servidor e de cliente. Poden ser compatibles cun servidor web concreto ou con varios. Os datos que garda o CMS é a base do seu funcionamiento porque ahí estará a lista de usuarios, os contidos, os metadatos, etc.

Para implementar un CMS como norma xeral precisaremos cando menos dun servidor de aplicacións/web e outro sistema xestor de base de datos.

IMPORTANTE. Para case toda norma case sempre hai excepcións. Por exemplo, Dokuwiki é un CMS que almacena a información en ficheiros e non precisa de base de datos.

A maioría de CMS están construidos en PHP, linguaxe potente mais que non facilita demasiado a escritura estruturada de código: programadores pouco experimentados poden producir un código final pouco eficiente e difícil de manter.

Ademáis de en PHP hai CMS construidos en Ruby on Rails, Python, .NET, Java ou Perl.

No tocante o sistema de bases de datos', é dominante o uso de MySQL ou o seu fork MariaDB. Outras posibilidades son utilizar:

  • SQL Server (especialmente os que son de pago e creados para a plataforma .NET de Microsoft)
  • Oracle
  • PostgreSQL (tamén sofware libre)
  • SQLite
  • DB2

O resultado final, coma en toda aplicación web, son instruccións HTML, CSS e ]avaScript que calquer navegador pode traducir e amosar. O habitual é ter unha aplicación típica de tres niveles. Compre salientar que na capa de presentación é común que os CMS se actualicen para dar cabida ao estándar HTMLS e as librerías JavaScript máis populares coma jQuery.

En xeneral, a arquitectura de funcionamiento dun CMS pódese esquematizar desta forma:

Figura x: Funcionamento dun CMS

O núcleo dun CMS é o motor de transformación, o compoñente da aplicación que utilizando os contidos (e a información organizativa) que están na base de datos e aos que se accede a través dunha capa de acceso, se lles da formato e organización utilizando os módulos, plugins e extensións instaladas e a/s plantilla/s utilizadas. Con todo isto, o motor xenerará o que o usuario verá: unha página web cos contidos debidamente formateados.

Tipos de CMS

Hai CMS:

  • que son de código aberto gratuitos
  • que son propietarios (solucións comerciales de pago)

A maior parte dos CMS propietarios de pago aportan soporte por parte do fabricante. Ó ser produtos comerciales traballan moito a apariencia e a robustez.

Os CMS de código aberto posúen unha comunidade de programadores e usuarios que continuamente realizan melloras ao produto; teñen pocuo que envidiar aos de pago, aos que superan en moitos aspectos.

Ademáis da posibilidade de usar CMS de código aberto ou propietarios, a outra alternativa e facer un programa a medida (ou contratar a outra empresa para que o faga). Así acontece nos grandes sitios de novas onde centenas de periodistas crean contidos que rápidamente aparecen, e na ubicación axeitada na web. Crear un CMS por parte da propia empresa require un departamento de desenvolvmento de aplicacións, e ter un importante orzamento para isto.

A elección do CMS terá que ver coa necesidade concreta que teñamos, as tecnoloxías e habilidades dos nosos usuarios e o noso orzamento.

CMS de propósito xeral

Tamén denominados CMS para portais, adícanse a todo tipo de sitios (independentemente da temática). O seu obxectivo é implementar webs onde varios tipos de usuarios xeneran contido e a estrutura da publicación de contidos é moi xerárquica e implica unha administración avanzada.

Revistas, periódicos, sitios corporativos, entidades públicas, sitios orientados a publicar eventos, e calquer sitio onde predomina a información estruturada en temas e categorías, na que certos usuarios poden escribir en certas partes mais non noutras.

Entre outros, os máis salientables son:

  • WordPress
  • Joomla
  • Drupal

Orientados a blogues

Os blogues están (polo xeneral) mantidos por particulares e son simplemente unha serie de entradas que se ordenan cronolóxicamente inverso facendo que se amosen primeiro as entradas (chamadas post) más recents arriba. Tamén existen blogs corporativos para informar das novidades da empresa.

O seu éxito foi impresionante desde o comezo deste século (no que o seu uso foi o comezo da denominada web 2.0) e seguen sendo moi relevantes.

Normalmente os usuarios do blogue poden comentar as entradas ademáis de facer a lectura das mesmas.

Un CMS especializado en blogs require a capacidade de:

  • Publicar post (entradas no blogue)
  • Establecer categorías e metadatos nas entradas (para faciltar a súa busca e ordenación)
  • Engadir elementos multimedia
  • Poder buscar entradas segundo o tema, data, autor, etc.
  • Cambiar a apariencia estética fácilmente
  • Exportación do contido a outros formatos, por exemplo RSS.

Blogguer é o producto máis coñecido (e tamén WordPress, que foi evolucionando desta función a ser na actualidade de propósito xeral).

Orientados a comercio electrónico

Facilitan a creación de tendas en liña: a administración de produtos, clientes, categorías, prezos e a xestión de carrito da compra.

O obxectivo é facilitar a venda de producos a través de Internet.

Productos destacados son:

Orientados a sitios Wiki

O termo wiki​ (palabra que provén do hawaiano wiki que significa rápido)​ alude ao nome que recibe unha comunidade virtual na que as súas páxinas son editadas directamente desde o navegador, e así os usuarios crean, modifican, corrixen ou eliminan contidos que sempre serán compartidos por todos.

Porén, un sitio wiki está formado por documentos web construidos pola colaboración dos propios usuarios do sitio. A Wikipedia (enciclopedia con millóns de artigos elaborados por miles de editores usuarios da mesma) é o exemplo máis famoso de páxina wiki.

As wikis aportan rapidez e son unha ferramenta educativa interesante para fomentar o aprendizaxe colaborativo. Aportan facilidade de creación de contidos e ferramentas avanzadas para a súa revisión. Isto require tamén a xestión de varias categorías de usuarios (algúns tengan máis privlexios, en particular para cando se discute a veracidade dos contidos).

Destacan estes CMS:

Orientados a foros de debate

Exemplo con PhpBB

Os foros de debate son sitios web onde os usuarios discuten sobre un tema publicando comentarios que o resto de usuarios poden contestar. Adoitan agrupar os fíos de discusión para que sexa máis doada a navegación, así como etiquetar con palabras clave cada fío a fin de poder buscalos con máis facilidade. É fundamental a figura dun moderador capaz, entre outras cosas, de vetar a usuarios que non cumpran as normas de uso ou non aporten contidos útiles para o foro.

Os CMS permiten:

  • incorporar ferramentas para o establecemento dunha orde xerárquica nos comentarios
  • que os usuarios poidan crear mensaxes privadas
  • que os usuarios se suscriban a temas concretos
  • a realización de enquisas
  • a consulta de estadístas sobre os contidos aloxados

Poden ser:

  • unha boa ferramenta educativa
  • utilizarse coma sitios web orientados a comentarios sobre productos o cultura: libros, música, cine, etc
  • puro entretemento, coma forocoches
  • participación comunitaria de novas, coma Menéame

Moitos CMS deste tipo utilizan a linguaxe de etiquetado BBCode para os comentarios do foro: é unha linguaxe (parecida a HTML) especialmente pensada para foros de debate que facilita a creación de formato nestas páxinas. Non é traducible por un navegador, polo que é o propio CMS o que lle traduce ó HTML correspondente.

Algunhas das solucións máis coñecidas son:

  • phpBB
  • myBB

Orientados a aprendizaxe en liña (LMS)

Ferramentas de eLearning tamén chamadas LMS (Learning Management System, sistema de administración de aprendizaxe). Permiten crear cursos nos que los usuarios se matriculan e se lles pode monitorizar e asignar recursos de aprendizaxe.

Requiren como administrador/profesor:

  • a xestión de cursos, profesores e alumnos
  • administración e publicación de material educativo
  • xestión de axendas de traballo
  • avaliacións
  • tarefas
  • etc.

Adoitan tamén incorporar ferramentas de colaboración entre estudiantes (foros de debate, chat, videoconferencia, cadros de anuncios, etc.).

Orientados á colaboración

Son CMS pensados principalmente para labores internas dunha empresa coa finalidade de facilitar a colaboración entre os traballadores; porén, o seu campo principal de traballo son as intranets. Tamén chamados EMS (Enterprise Managemente System ou sistemas de administración de contidos empresariais).

Permiten a creación de servizos de aloxamiento de ficheiros, permitindo se son aloxados dentro da nosa empresa ter todo o control dos mesmos, e non depender de terceiros. Isto tamén pode ser relevante desde a lexislación referente á protección de datos, para garatir o seu cumprimento.

Ademáis axudan a xestionar fluxos de traballo, grupos e usuarios, documentación colaborativa, contactos e comunicación con sistemas ERP (Enterprise Resource Planning ou sistemas de planificación de recursos).


Orientados á creación de galerías

Son CMS que facilitan a creación de galerías fotográficas: permiten crear álbumes fotográficos ou de vídeo en liña. A idea é a publicación de fotografías e vídeos por parte dos usuarios facendo que outros usuarios poidan comentar ou avaliar ese material. É habitual que se permita crear zonas privadas onde só cer tos usuarios poden acceder, o que implica unha labor de administración de usuarios que o software tene que permitir.

Existen todavía alternativas na actualidade, pero cada vez máis en desuso; para uso empresarial e marketing, as redes sociales (Facebook, Instagram, Tiktok, etc.) son de uso xeneralizado; no caso de querer corporativamente (ou de uso persoal) ter unha solución na que os datos, imaxes e videos non pasen a pertencer as redes sociais, a alternativa é usar un CMS de propósito xeral e adaptalo mediante plugins. Por exemplo para WordPress o plugin nextgen gallery-

Prácticas

Referencias