Instalación e configuración do servidor DHCP en diferentes contornas Linux
Sumario
Servidor DHCP en Debian 11
Servidor DHCP en Ubuntu 20.04
Con webmin
Poder seguir esta guía paso a paso ou ler a documentación oficial de webmin. Tamén hai este interesante videotitorial.
Con liña de comandos
Conforme a documentación oficial de Ubuntu. Tamén hai un interesante videotitorial guiando paso a paso
1. Para instalar dhcpd:
sudo apt install isc-dhcp-server Nota: as mensaxes dhcpd son enviadas a syslog. Podes mirar ahí para atopar mensaxes de diagnóstico
2. Para configurar /etc/dhcp/dhcpd.conf:
sudo nano /etc/dhcp/dhcpd.conf
# minimal sample /etc/dhcp/dhcpd.conf
default-lease-time 600;
max-lease-time 7200;
subnet 192.168.1.0 netmask 255.255.255.0 {
range 192.168.1.150 192.168.1.200;
option routers 192.168.1.254;
option domain-name-servers 192.168.1.1, 192.168.1.2;
option domain-name "mydomain.example";
}
Algunhas normas de configuración deste ficheiro son:
- Co signo # comenza un comentario ata o final da liña.
- Non é case-sensitive: non se distinguen entre maiúsculas e minúsculas.
- Incluirá parámetros e declaracións
Os parametros:
- indican cómo facer unha tarefa, se debe realizarse ou non ou os parámetros de configuración que se enviarán o cliente
- se comezan coa palabra option, denominanse opcións e controlan as opcións de DHCP.
- se se especifican fóra de calquera declaración son de ámbito global e afectan a todas as declaracións; en caso contrario son de ámbito específico
- Todos os parametros deben acabar con punto e coma (;).
As declaracións:
- describen a topoloxía da rede e os clientes,e proporcionan enderezos que poden asignarse a clientes ou aplican un grupo de parámetros a un grupo de declaracións.
- definen un ámbito mediante chaves { e } non finalizan en punto e coma.
Podes consultar listaxe de parámetros e opcións.
3. Pode ser necesario especificar as interfaces as que dhcpd debe escoitar en /etc/default/isc-dhcp-server:
sudo nano /etc/default/isc-dhcp-server
INTERFACESv4="eth4"
4. Para reiniciar o servizo dhcpd :
sudo systemctl restart isc-dhcp-server.service
Comprobación do funcionamento e troubleshooting
Comprobamos a concesión no servidor executando o comando:
Get-DHCPServerv4scope | Get-DHCPServerv4Lease
No ficheiro /var/lib/dhcp/dhclient.leases quedará rexistrada toda a información da concesion.
tail -f /var/lib/dhcp/dhclient.leases
Atoparase o enderezo IP, a máscara, os tempos (renovación, liberacion e expiración), etc.
Un posible output:
lease {
interface "ra0";
fixed-address 192.168.1.106;
option subnet-mask 255.255.255.0;
option dhcp-lease-time 86400;
option routers 192.168.1.1;
option dhcp-message-type 5;
<span style='color: rgb(255, 0, 0);'>option dhcp-server-identifier <span style='color: rgb(102, 102, 204);'>192.168.1.1;</span></span>
option domain-name-servers 208.67.222.222,208.67.220.220;
option dhcp-renewal-time 43200;
option dhcp-rebinding-time 75600;
option host-name "vivek-desktop";
renew 0 2007/12/9 05:17:36;
rebind 0 2007/12/9 15:06:37;
expire 0 2007/12/9 18:06:37;
}
lease {
interface "ra0";
fixed-address 192.168.1.106;
option subnet-mask 255.255.255.0;
option routers 192.168.1.1;
option dhcp-lease-time 86400;
option dhcp-message-type 5;
option domain-name-servers 208.67.222.222,208.67.220.220;
option dhcp-server-identifier 192.168.1.1;
option dhcp-renewal-time 43200;
option dhcp-rebinding-time 75600;
option host-name "vivek-desktop";
renew 0 2007/12/9 06:11:22;
rebind 0 2007/12/9 16:13:50;
expire 0 2007/12/9 19:13:50;
}
No ficheiro de rexistro syslog do servidor (/var/log/syslog) pódese atopar información:
tail -f /var/log/syslog
Pódese renovar a concesión de rede no cliente utilizando dhclient e ver como cambiar a información de syslog e dhclient.leases no servidor.
Unha opción que pode ser interesante é filtrar a través da configuración de rsyslogd o log de syslog para rexistrar só a información de DHCP.