Instalando Google Chrome OS Flex

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Introdución

É o sistema operativo de Google; o Chrome OS e recoñecido polos seus reducidos requisitos de hardware e o seu áxil funcionamento acadado mediante a integración dos seus servizos na nueve.

A versión Chrome OS Flex xa está disponible non so para Chromebooks sendo posible intalalo en case que todos os equipos con procesadores x86 e arquitectura de 64 bits. Google certifica oficialmente algúns modelos como aptos, pero moitos outros poden funcionar correctamente sen contar coa certificación.

Comparativa de aspectos positivos e negativos
Chrome OS Flex Windows
+ Gratis - Licenza de pago
+ Poucos requisitos - Require moitos recursos
+ Perfecto para traballo/contorna educativa + Tamén para videoxogos
- Require conexión online + Non require conexión contando xa con moitos programas
- Sen Play Store + Aspecto elegante

Requisitos para a instalación

  • Un portátil ou PC. Os requisitos son mínimos (4 Gb de RAM e 16 Gb de espazo en disco))
  • Chave usb externa. Con mínimo 8 Gb de almacenamento
  • Navegador Chrome. Mellor a última versión
  • Ferramenta de recuperacion de Chromebooks. Complemento para Chrome
  • Conta de Google. Si... os teus datos estarán en mans da corporación americana.

Instalación

Pódese instalar Chrome OS Flex mediante unha chave USB ou a través dunha rede (axeitado para empresas). Mediante USB key podes iniciar o sistema operativo sen facer instalación.

Estes son os pasos.

1. Prepara a instalación

1-prepara-a-instalación.PNG

2. Crea unha chave arrancable

2-Chave-autoarrincable.PNG

3. Inicia Chrome OS Flex desde a chave USB

3-Inicia-chome-os-flex-desde-chave.PNG


4. Instala OS Flex no pc e forma permanente

4-Os-Flex-instalado-xeito-independente.PNG

Uso de Chrome OS Flex

Poderemos editar documentos, consultar o correo electrónico, navegar por internet, facer videoconferencias, escoitar música ou ver vídeos. Todo isto xa cos programas preinstalados; e tamén poderás acceder a outras aplicacións a través do Launcher. Casi todas son aplicacións de Google.

Ferramentas na nube de Chrome Os Flex

A diferencia de Android, ou o sistema Chrome OS nativo, OS Flel non ofrece unha Play Store. As aplicacións só poden instalarse coma complementos para o navegador Chrome; con todo, se algunha aplicación non está disponible para o navegador, podes iniciar e executar servizos coma Microsoft Office online, Netflis ou Whatsapp desde Chrome.

Flex Web Store

Podes acceder a complementos para o navegador Chrome e desgarcalos a través do Web Store instalado.

Micorsoft Office 365

Os suscriptores de Microsoft Office 365 poden abrir o navegador Chrome, acceder a office.com, iniciar sesión e utilar as ferramentas da suite, nas súas versións en liña.

WhatsApp & Telegram

Podes acceder iniciando o navegador Chrome e accedendo as súas webs:

  • whatsapp.com
  • web.telegram.org

E a continuación vinculando estes servizos web coa túa conta de usuario a través do código QR que verás; os chats sincronizaranse en Flex.

Referencias