Instalando e configurando CiviCRM

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda


Instalación

En Linux con Wordpress

Partiremos dunha contorna Debian 11 onde xa se atopan instalados MySQL 8.0.30, PHP 7.4 e Wordpress 6.0.1 baixo nginx.

É convinte facer unha lectura previa da documentación oficial para á instalación.

Primeiro asegurarémos de que cumprimos cos requisitos.

A continuación poderemos facer a instalación de CiviCRM de cando menos dous xeitos: a) Podemos descargar CiviCRM na súa web, no noso caso colleremos o ficheiro comprimido coa última versión 5.52.2 e subirémolo a través da interfaz de Wordpress:

b) Podemos transferir o ficheiro mediante ftp, ou descargalo directamente no directorio onde teñamos Wordpress instalado, no seu cartafol de plugins:

cd /var/www/wordpress/wordpress/wp-content/plugins/
wget https://download.civicrm.org/civicrm-5.52.2-wordpress.zip
unzip civicrm-5.52.2-wordpress.zip
rm civicrm-5.52.2-wordpress.zip

A continuación podemos executar a instalación a través do wizard.

Importante. Pode ser preciso cambiar os límites da configuración PHP para a subida de ficheiros.

Ou por liña de comandos, instalando a ferramenta cv:

curl -LsS https://download.civicrm.org/cv/cv.phar -o /usr/local/bin/cv
chmod +x /usr/local/bin/cv

Imos ó cartafol:

cd /var/www/wordpress/wordpress

Comprobamos o cumpriimento dos requisitos:

cv core:check-req

No meu caso atopei un erro:

+----------+----------+--------------------------------------+---------------------------------------------------------------------->
| severity | section  | name                                 | message                                                              >
+----------+----------+--------------------------------------+---------------------------------------------------------------------->
| error    | database | CiviCRM MySQL Trigger                | Database does not support creation of triggers 

Indagando atopei documentado como solucionar:

In the MySQL CLI, run:
SET GLOBAL log_bin_trust_function_creators=1;

mysql -u root -p
SET GLOBAL log_bin_trust_function_creators=1;

Volvo a verificar: cv core:check-req

E xa non hai erro

Lanzo instalación: cv core:install

Aparece erro

PHP Fatal error:  Uncaught Error: Class 'DomDocument' not found in /var/www/wordpress/wordpress/wp-content/plugins/civicrm/civicrm/CRM/Core/CodeGen/Util/Xml.php:17

Indagando atopo documentada a solución:

Probo:

apt-get install php-dom

Finalmente [https://civicrm.stackexchange.com/questions/39180/what-can-i-do-about-this-error-after-attempting-to-install-civicrm-on-a-wordpres

outro error que xurde]:
cd /var/www/wordpress/wordpress/wp-content/uploads
rm -R civicrm/ 

O normal non é posiblemente topar con tantos erros, pero fixen unha instalación xa existente e cunha configuración determinada. Deixoo detallado porque considero que o proceso de troubleshooting foi enriquecedor, pero nunha instalación limpa non deberían aparecer todos estes erros.

Troubleshooting

Podes ler algunhas suxerencias para faciliar o troubleshooting da documentación oficial de CiviCRM

Tarefas

  1. Realiza a instalación. Podes facela da versión de CiviCRM que queiras, cos requisitos aparellados, e na distro que prefiras. Argumenta a túa decisión.
  2. Leva a cabo a localización noutra lingua, por exemplo castelán
  3. Xoga cos datos de exemplo, ou crea datos. Documenta qué posibilidades che parecen interesante para un determinado escenario (una clínica privada, unha protectora de animais, unha ONG, un partido político,...)

Referencias