Ler ficheiro JSON mediante AJAX

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda


Enunciado

A tarefa consistirá na explotación de datos meteoroloxicos obtidos de ficheiros JSON

Obtención dos datos

Para realizar a práctica crearemos ficheiros JSON a partir de datos que xeneremos mediante o servicio web de Datos Abertos de AEMET:

Para empregar este servizo de manera gratuita debemos rexistrarnos e obter unha API Key. Se non queremos podemo empregar a seguinte:

  • eyJhbGciOiJIUzI1NiJ9.eyJzdWIiOiJqZmVpam9vQGllc3NhbmNsZW1lbnRlLm5ldCIsImp0aSI6ImJmNTRiYjRhLWQzODQtNGMyZC05M2ZiLWMyNGRiNWUwN2I5NyIsImlzcyI6IkFFTUVUIiwiaWF0IjoxNTg1MjM3NjI2LCJ1c2VySWQiOiJiZjU0YmI0YS1kMzg0LTRjMmQtOTNmYi1jMjRkYjVlMDdiOTciLCJyb2xlIjoiIn0.8PqdCZaGhgkmBsdrv79mdKe20vmXxssijjYOsIDu9ps

Con iso poderemos obter a información desta plataforma. Para a tarefa empregaremos os valores climatológicos diarios dunna provincia e estación concreta, para períodos dun mes completo.

Cando pulsemos abrirase unha fiestra emerxente cun ficheiro JSON que conten un enlace aos datos xenerais: estos son os que nos interesan para facer a práctica. Gardarémolos nun ficheiro de texto plano chamado marzo.json.

Tarefa

  1. Crear un HTML cun botón que ó pulsar permita que mediante Ajax JavaScript ler o ficheiro marzo.json e amosar os datos nunha táboa
  2. Crear un HTML con 3 botóns (Xaneiro, Febreiro e Marzo), e que mediante AJAX amose os datos do ficheiro JSON correspondeente
Nota: a segunda tarefa implica crear os ficheiros de xaneiro e febreiro co sistema anteriormente indicado

Valoración

Valorarase empregar conceptos aprendidos coma HTML e CSS (externo) para amosar o contido dun xeito elegante.

Son necesarios algúns coñecementos básicos de JavaScript.

Formato e data de entrega

Entregarase todo nun ficheiro comprimid (ZIP, RAR ou 7Z) que terá os seguintes elementos:

  • Un documento PDF resumo con capturas dalgúns dos procesos/resultados
  • Todos os ficheiros HTML, JSON y CSS estruturados para poder probalos.

O nome do ficheiro comprimido será no seguinte formato, substituíndo Nome e Apelidos polos teus:

  • DAW-LMSXI-PR1-UD5-NomeApelidos
  • Exemplo: DAW-LMSXI-PR1-UD5-Fernandez_Lopez_Maria

A data límite para a entrega da tarefa será o fixado.

Rúbrica

Posible rúbrica
Tarefa Puntuación Valoración
Accede os ficheiros JSON indicados 1p Completo (1p) / Parcial (0,5p) / Ausente (0p)
Amosa os ficheiros nunha páxina HTML ben estruturada 5p Completo (5p) / Parcial (2,5p) / Ausente (0p)
Recarga os datos con AJAX 3p Completo (3p) / Parcial (1,5p) / Ausente (0p)
Documenta correctamente 1p Completo (1p) / Parcial (0,5p) / Ausente (0p)

Referencias