Modificar táboas empregando a sentenza Alter
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
Introdución
As sentenzas de creación da base de datos para o exercicio son as seguintes:
1 create database TarefaAlterTable; 2 use TarefaAlterTable; 3 4 create table fabricante ( 5 idFabricante char(5) primary key, 6 nome varchar(80) not null 7 ); 8 9 create table grupo( 10 codGrupo smallint unsigned, 11 nome varchar(80) not null, 12 cache mediumint unsigned not null, 13 dataFormacion date not null, 14 primary key (codGrupo) 15 }
A tarefa consiste en realizar modificacións en táboas empregando a sentenza ALTER TABLE en varios casos.
Tes información desa sentenza:
- no manual de referencia e nos exemplos do manual
- en titoriais ([1],[2] e [3])
- na propia wiki
Tarefas
Tarefa 1.1
Facer os seguintes cambios na táboa fabricante da base de datos TarefaAlterTable:
- Engadir a columna de tamaño variable email, de máximo 150 caracteres, asignándolle como valor por defecto o valor nulo.
- Engadir a columna de tamaño fixo cif, que non admite valores nulos, e colocala na segunda posición, despois da columna idFabricante.
Tarefa 1.2
Facer os seguintes cambios na táboa fabricante da base de datos TarefaAlterTable:
- Cambiar a clave primaria da táboa fabricante. A nova clave primaria pasa a ser a columna cif.
- Eliminar a columna idFabricante.
Tarefa 1.3
Facer os seguintes cambios na táboa grupo da base de datos TarefaAlterTable:
- Cambiarlle o nome a columna cache. O novo nome é custo.
- Asignarlle á columna dataFormación como valor por defecto o valor cero.
Solución
Podes consultar a solución á tarefa Modificar táboas empregando a sentenza Alter