ODS10. Redución das desigualdades

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
Ods10.jpg
ODS-10-Redución-das-desigualdades.jpg

Non só existe unha desigualdade social e económica entre distintos países, senón que as desigualdades están presentes entre zonas dun mesmo territorio.

Estímase que o 10% da poboación máis rica do planeta obtén uns ingresos que suman o 40% do total da renda mundial, mentres que o 10% máis pobre só xera o 5% do total dos ingresos obtidos, o que reflicte un alto grao de desigualdade económica no mundo.

En que consiste?

O ODS 10 está centrado na redución destas desigualdades e, aínda que se constata que nos países menos desenvolvidos se están conseguindo logros e diminuíndo as desigualdades, a fenda existente dentro dos países segue aumentando. Non só os estamentos públicos, senón tamén as organizacións empresariais teñen un papel clave e determinante en reverter esta situación.

A fenda salarial é unha das desigualdades existentes que xera maior preocupación entre as persoas e futuros traballadores, e converteuse nun auténtico cabalo de batalla para as Administracións públicas e as empresas.

Como se pode actuar?

A redución das desigualdades por parte das organizacións empresariais, así como dos profesionais, pódese abordar desde varias vertentes:

  • Investir en países emerxentes: Os mercados dos países emerxentes poden ofrecer oportunidades de negocio e contribuír á redución das desigualdades nesas zonas.
  • Oportunidades laborais: Ofrecer os mesmos salarios a todos os traballadores encadrados na mesma categoría, ademais das mesmas posibilidades de ascenso, promoción e oportunidades.
  • Igualdade a través da tecnoloxía: O acceso aos servizos tecnolóxicos é un dos factores que hoxe en día contribúen con máis forza á igualdade das persoas e das sociedades.

No cine

  • Tierra en trance