ODS4. Educación de calidade

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
Ods4.jpg
ODS-4-Educación-de-calidade.jpg

Na actualidade existen moitos conflitos armados, globalizados en maior ou menor medida, e todos eles provocan a diminución da escolarización en niveis básicos, así como a perda de oportunidades en ensinanzas medias e superiores, ademais do deterioro na calidade da educación. Miles de estudantes e profesores sofren cada día as consecuencias dos conflitos armados, polo que se debe reforzar a seguridade e a inviolabilidade dos centros educativos, fomentando a idea de que unha educación equitativa e de calidade favorece a longo prazo a convivencia e a paz.

A disparidade nas ensinanzas que se ofrecen nas zonas rurais comparadas coas zonas urbanas é outro dos fenómenos que se asocian a unha perda de calidade nas ensinanzas.

En qué consiste?

Unha educación integradora, equitativa e de calidade é sinónimo dun desenvolvemento sostible, e este vai acompañado dun aumento das taxas de matriculación, non só nas ensinanzas regradas, senón tamén nas non regradas. O acceso a unha educación de calidade é especialmente prioritario para as mulleres e nenas, xa que é unha das principais ferramentas para combater as desigualdades sociais e levar a cabo políticas que non deixen a ninguén atrás.

Para as Nacións Unidas, o ODS 4 é o gran fío condutor para a consecución do resto dos ODS. Ademais, existe un gran potencial nas iniciativas privadas para que se cumpran con éxito as metas e sub-metas propostas.

Como se pode actuar?

A educación das persoas e dos futuros traballadores é un dos eixos vertebradores dun aumento da produtividade nas organizacións e do crecemento económico.


IMPORTANTE.
Aposta pola dixitalización: A dixitalización e as novas tecnoloxías son unha fonte de mellora das persoas.

No cine

  • La profesora de Historia
  • Madadayo