PDM: Android. Obxectivos e escenarios do UNIDADE 3 Eventos

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Nesta unidade aprenderase como xestionar os eventos mais comúns dos seguintes controis (views):

  • TextView: evento Click.
  • EditText: escritura sobre o teclado virtual.
  • ImageView: evento Click e LongClick.
  • Button: evento Click
  • ToggleButton: evento Click e obter estado.
  • SwitchButton: evento Click e obter estado.
  • CheckButton: evento Click e obter estado.
  • RadioButton-RadioGroup: evento Click e obter estado.


En todos eles tamén se indicarán os principais métodos para acceder as súas propiedades, como cambiar o texto do TextView ou obter cal é o estado un CheckBox.

Tamén verase os diferentes métodos polos que pasa unha Activity cando se crea e se destrúe (ciclo de vida da Activity).


Os views ListView, Spinner e RecyclerView serán vistos na sección de adaptadores.







-- Ángel D. Fernández González -- (2020).