Práctica sobre Elaboración de diagramas de clases

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Comprender diagramas de clase

Biblioteca

Dado o seguinte diagrama de clases, redacta un posible escenario que se adapte á información recollida no diagrama:

Diagrama de clases dunha biblioteca

Posible solución

Un posible escenario podería ser o seguinte:

  • Unha biblioteca ten copias de libros. Estes últimos caracterízanse polo seu nome, tipo (novela, teatro...), editorial, ano e autor.
  • Os autores caracterízanse polo seu nome, nacionalidade e data de nacemento.
  • Cada copia ten un identificador, e pode estar na biblioteca, prestada, con atraso ou en reparación.
  • Os lectores poden ter un máximo de 3 libros (copias) en préstamo. Os lectores caracterízanse polo seu número de socio, nome, apelidos e dirección.
  • Cada copia préstase un máximo de 30 días, por cada día de atraso, imponse unha "multa" de dous días sen posibilidade de coller un novo libro.

Elaborar diagramas de clase

Periféricos - Herdanza

Representa mediante diagramas de clase os vínculos de herdanza entre os periféricos nos dous seguintes casos:

  • Diagrama periferico1: Os periféricos poden ser extraíbles e non extraíbles.
  • Diagrama periferico2: Os disquetes, memorias USB e os discos duros son periféricos.

Posible solución

Figuras xeométricas

Representa mediante diagramas de clase a seguinte estrutura:

  • Unha superclase ObxectoGráfico que ten como atributos protexidos: grosorTrazo, ordenada, abscisa, color e como operacións públicas:
    • mover()
    • visualizar()
    • xirar().
  • Tres subclases Punto, Círculo (ten atributo privado diámetro) e Cadrado (ten atributo privado lado).Cada unha destas clases ten unha maneira diferente de moverse, visualizarse e xirar.
  • Contesta as seguintes preguntas:
    • É accesible diámetro dende Cadrado?.
    • Un obxecto Círculo posúe un atributo color?.
    • Pode aplicarse o método mover a un obxecto Punto?.
    • Que interese pode ter que a clase ObxectoGráfico sexa abstracta?. Modifica o diagrama de clases para que a clase ObxectoGráfico sexa abstracta.

Estende o modelo anterior para que un novo obxecto gráfico chamado GráficoComposto estea composto de varios obxectos gráficos, de tal forma que a supresión do obxecto GráficoComposto implique a supresión dos ObxectoGráfico que o compoñen.

Posible solución

Xestión da información empresarial

Representa a través dun diagrama de clases o seguinte escenario:

  • Necesitamos desenvolver unha aplicación para xestionar a información de diferentes empresas, dos seus clientes e dos seus empregados.
  • Tanto de clientes coma de empregados almacenaremos o seu nome e a súa idade. Da empresa, o seu nome.
  • Dos empregados almacenaremos o seu salario bruto e a aplicación terá que calcular o salario neto. Os empregados que son directivos teñen unha categoría así como un conxunto de empregados subordinados.
  • Dos clientes ademais necesítase coñecer o seu teléfono de contacto
  • A aplicación debe de poder mostrar os datos de empregados, clientes e empresas así como o listado de empregados subordinados dun directivo.
  • Representa tamén no diagrama os métodos para implementar as Propiedades de acceso ós atributos dos obxectos (métodos get e set)

Posible solución

Diagrama de clases de posible solución ó escenario Xestión da información empresarial


Cultura

Representa a través dun diagrama de clases o seguinte escenario, especificando os tipos de datos que consideres apropiados para os atributos, incluíndo os métodos set e get para estes e os construtores das clases:

  • Deséxase almacenar a información de distintos tipos de obras culturais. As devanditas obras poden ser libros, discos ou películas.
  • De toda obra nos interesa almacenar o seu título e ano de edición.
  • Dos libros interésanos almacenar o seu editorial e o seu número de páxinas.
  • Dos discos interésanos almacenar a súa discográfica e o número de cancións.
  • Das películas interésanos almacenar a súa produtora.
  • Ademais interésanos almacenar os distintos artistas (autores) que crearon a obra. Así mesmo, no caso das películas interésannos os artistas (actores) que a interpretan.
  • Dos artistas interésanos o seu nome e ano de nacemento.
  • A aplicación debe de ser capaz de mostrar por pantalla a información de obras e artistas.

Posible solución

Diagrama de clases de posible solución ó escenario Cultura

Conferencia científica

Representa mediante un diagrama de clase a xestión dunha conferencia científica coas consideracións seguintes:

  • A conferencia pode ter varias sesións.
  • Unha sesión posúe fecha e hora de inicio, pertence só a unha conferencia e non ten razón de ser sen unha conferencia.
  • Os participantes nunha sesión poden ser oradores ou público. Todos eles teñen que inscribirse na conferencia. Pode cancelarse ou confirmarse unha inscrición.
  • Un ou máis artigos científicos preséntanse nunha sesión. Cada artigo pode ser curto ou longo e trata dun tema determinado.
  • Un autor pode ter un ou varios artigos presentados na conferencia.
  • Coloca os atributos que che parezan convenientes.

Posible solución

Diagrama de clases de posible solución ó escenario Conferencia científica

Doraemon 4D

Información para realizar o suposto:

  • Doraemon ten un peto (chamemoslle peto 4D) no seu abdomen do que obten obxectos vidos do futuro
  • O peto ten dous sensores
    • un de apertura
    • outro de peche
  • Na fábrica teñen que axustarse os sensores para que non se intercambien pois teñen unha ROM (read only memory) interna cuns datos terminados
  • As ROMS teñen as facultades de
    • ler e escribir os seus datos por bytes
    • defragmentarse e leer chunks que son almacenados nun rexistro interno
  • Cada correspondente sensor detecta a apertura ou o peche do peto; pero é común os sensores un valor interno que indica o estado do sensor.
  • Ademáis do estado do sensor, o peto recorda o seu estado (aberto ou pechado).
  • Os sensores monitorizan o estado cada determinado tempo, sendo este valor personalizable.
    • A monitorización será diferente para os sensores de apertura e de peche
  • Hay un LED holográfico que está asociado ós sensores de apertura e peche
    • pode estar encendido ou apagado dependendo de se o peto está aberto ou non
    • amasará holográficamente a imaxe do obxecto que esté máis cerca da apertura do peto.
  • Cada peto dun robot ten un xestor 4D que se encarga de comprimir e descomprimir en 4D para introducir e extraer os obxectos do peto respectivamente.
  • O xestor é privativo do peto e non pote intercambiarse entre robots
  • Os obxectos que contén sí son intercambiables e non son dependentes de cada peto
  • O xestor pode listar os obxectos que contén e coñecer o número dos que almacena
  • Cando se de a orde de abrir o peto, este comprobará previamente se existen obxectos no seu interior
    • de non ser así, o peto non se abrirá e o LED holográfico parpadeará
  • O xestor é de un modelo e versión concreta igual que os sensores
    • No caso de Doraemon oomezará coas letras "4D..." e polo tanto, só aceptará obxectos do modelo "4D..." porque so estes poden executar 4DActuar() e 4DStopit(). As versións anteriores de obxectos, os 3D, tiñan funcións parecidas coma 3D-Dale() pero son menos sotisficados.
    • Encender e apagar e estado son propiedades e accións comúns a todos os obxectos
  • O xestor 4D do peto de Doraemon é capaz de almacenar ata 20 obxectos 4D.
    • Cando chega a ter 20 o seu estado pasa a estar full (cheo) e envía unha mensaxe ó LED para que indique o seu estado FULL (con cor amarelo)
    • Ten internamente un contador de tempo ou crono que, cada 33 horas, envía un sinal o xestor avisando de que ten que facer funcións de mantemento
  • Os técnicos aseguran que na versión 4DPlus isto xa non será necesario.

Posible solución

Diagrama de clases de posible solución ó escenario Doraemon 4D

Bibliografía

Referencias