Selectores CSS

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda


Algúns selectores CSS
Selectores CSS

Selectores CSS

Os selectores CSS son usados para seleccionar elementos na páxina web os que aplicar CSS ruleset (declaracións, isto é, propiedade e valor asociado).

Os máis empregados son:

  • Universal selector CSS
  • Element selector
  • Class selector CSS (o máis relevante!)
  • Id selector CSS
  • Group selector
  • Attribute selector

Selector universal

O selector universal (*) selecciona todos os elentos na páxina. Moi usado por deseñadores para eliminar os márxenes e o padding:

* {
  margin: 0;
  padding: 0;
}

Selector de elemento

Tamén chamado de etiqueta; para seleccionar todos as aparicións do elemento na páxina en base o seu nome. Por exemplo para seleccionar parágrafos (

) e enlaces (<a>), con dous selectores de elemento:

p {
  color: blue;
  text-align: center;
}

a {
  color: red;
}

Selector de clase

Usado para seleccionar elementos que teñan un atributo clase coincidente. A sintaxe é cun punto (.) seguido do nome da clase e a declaración coas propiedades e valores:

.box{
  padding: 10px;
  border: 1px solid blue;
}

Pódense engadir múltiples clases a un elemento: este reflexará a suma de todas as declaracións CSS.

.class1 {
  color: red;
}

.class2 {
  font-size: 25px;
}

.class3 {
  text-align: center;
}

Selector de id

Para seleccionar un único elemento (os ids son únicos), emprégase o símbolo almofada (#) co nome do id.

#usuario {
  color: blue;
  font-size: 15px;
}

Selector de grupo

Agrupando varios elementos os que se quere aplicar a mesma declaración. Por exemplo:

p,
.heading,
#tag {
  color: red;
  background-color: yellow;
  text-align: center;
}

Selector de atributo

Exemplos e máis exemplos de selectores de atributos

Selecciona os elementos baseandose:

  • no seu atributo [atributo]
  • na combinación de atributo e valor [atributo="valor"].

Coma se pode ver usanse corchetes:

[title="my title"] {
  color: green;
  background-color: yellow;
  text-align: center;
}

Pseudo-clases e pseudo-elementos

Pseudoelementos

As follas de estilo asocian características de estilo aos elementos baseandose nas etiquetas dos elementos e na sía posición relativa (na árbore do documento). As pseudo-clases e os pseudo-elementos permiten facer referencia a determinados elementos sen basarse na información contida nesa árbore.

A diferenza entre pseudo-clases e pseudo-elementos é sutil:

  • Os pseudo-elementos adoitan facer referencia a determinadas partes dun elemento mentres que as pseudo-clases adoitan facer referencia ó estado do elemento.
  • Un pseudo-elemento só pode aparecer ó final dun selector mentres que unha pseudo-clase pode aparecer en calquer elemento do selector.

A sintaxe das pseudo-clases e os pseudo-elementos:

  • En CSS 2 era a mesma, etiqueta:pseudo-elemento-ou-pseudo-clase (o nome de la etiqueta seguida de dous puntos e do nome do pseudo-elemento ou da pseudo-clase).
  • Na recomendación CSS 3 Selectores (segunda versión CSS 3 Selectores publicouse no 2018) modificouse a notación dos pseudo-elementos a etiqueta::pseudo-elemento (o nome da etiqueta seguida dúas veces de dous puntos e do nome do pseudo-elemento) para distinguir uns de outros, pero permitiendo utilizar tamén a antigua notación.

Podes revisar estas explicacións con claros exemplos.

Combinando selectores

Algúns exemplos:

Combinando selectores
As catro opcións

Hai:

Máis información no artigo [1]

Referencias