Tarefas de álxebra e cálculo relacional
Sumario
- 1 Introudcción
- 2 Tarefas
- 2.1 1. O operador de selección
- 2.2 2. O operador de proxección
- 2.3 3. O operador de unión
- 2.4 4. O operador de diferenza
- 2.5 5. O operador de intersección
- 2.6 6. O operador de división
- 2.7 7. O operador de combinación
- 2.8 8. O operador de combinación natural
- 2.9 9. a agrupación e a agregación
- 2.10 10. A reunión externa (outer-join)
- 2.11 11. O cálculo relacional de tuplas
Introudcción
Propóñense as seguintes tarefas para realizar consultas empregando os dintintos operadores e o cálculo relacional de tuplas.
A base de datos está formada polas táboas PROVEDORES, COMPOÑENTES, ARTIGOS e ENVIOS.
- PROVEDOR
- Representan os datos de provedores de compoñentes para a fabricación de artigos e a súa cidade de operación
- COMPOÑENTES
- Indica a información de pezas empregadas na fabricación dos artigos, indicándose o lugar de fabricación do compoñente.
- ARTIGO
- Información sobre os diferentes artigos que se fabrican e o lugar de montaxe dos mesmos.
- ENVIOS
- Suministros realizados polos diferentes provedores de determinada cantidade de compoñentes, asignados para a elaboración do artigo correspondente.
O seu grafo relacional é como segue:
En dita base de datos está almacenada a seguinte información:
Tarefas
Realizar consultas empregando....
1. O operador de selección
Empregando o operado de selección obter todos os detalles dos artigos de “Ourense”
2. O operador de proxección
Tarefa 2.1
Empregando o operador de proxección e os xa vistos nos apartados anteriores obter todos os códigos de todos os provedores que abastecen do artigo con código T1
Tarefa 2.2
Empregando o operador de proxección e os xa vistos nos apartados anteriores obter a lista de atributos ( cor e cidade) da táboa de COMPOÑENTES eliminando as tuplas repetidas
Tarefa 2.3
Empregando o operador de proxección e os xa vistos nos apartados anteriores obter os valores de código de provedores que fornecen para o articulo T1 o compoñente C1
3. O operador de unión
Empregando o operador de unión e os xa vistos nos apartados anteriores codifique unha consulta que devolva todas as cidades coas que se traballa por ter algún provedor, compoñente ou artigo.
4. O operador de diferenza
Empregando o operador de diferenza e os xa vistos nos apartados anteriores realice unha consulta que mostre as cidades coas que traballamos exclusivamente por ter compoñentes.
5. O operador de intersección
Empregando o operador de intersección os xa vistos nos apartados anteriores obter...
Tarefa 5.1
Valores para os provedores que fornecen os artigos T1 e T2
Tarefa 5.2
Amosar as claves dos compoñentes que se fornecen para os artigo T1 e T2
6. O operador de división
Empregando o operador de división e os xa vistos nos apartados anteriores obter os códigos dos artigos para os que se provean envíos de todos os compoñentes existentes na base de datos.
7. O operador de combinación
Empregando o operador de combinación e os xa vistos nos apartados anteriores obter
Tarefa 7.1
...os valores de nome para os artigos do provedor P1.
Tarefa 7.2
... os valores de código para os compoñentes fornecidos por calquera artigo de “Madrid”
8. O operador de combinación natural
Empregando o operador de combinación natural e os xa vistos nos apartados anteriores obter...
Tarefa 8.1
... valores clave de Provedores que fornecen para un artigo de Lugo ou Madrid o compoñente vermello
Tarefa 8.2
... valores de código dos compoñentes fornecidos para algún articulo de Ourense por un provedores de Madrid
Tarefa 8.3
... valores clave para os artigos que usan ao menos un compoñente que se pode obter có provedor P1
Tarefa 8.4
... os códigos de provedores que fornecen o menos un compoñente fornecidos por un provedor que fornece polo menos un compoñente vermello
Tarefa 8.5
... os datos dos envíos realizados de compoñentes con cor vermello
Tarefa 8.6
... os datos de envío e nome de cidade de aqueles envíos que cumpran que artigo, provedor,e compoñente son da mesma cidade
9. a agrupación e a agregación
Empregando a agrupación e agregación xunto cos operadores xa vistos nos apartados anteriores obter...
Tarefa 9.1
... os valores de código de compoñentes tales que ningún outro teña un valor de peso inferior
Tarefa 9.2
... para cada artigo e compoñente fornecido obter os códigos de compoñente e artigo e a cantidade total correspondente.
10. A reunión externa (outer-join)
Supoña que o estado actual da base de datos é a seguinte:
Tarefa 10.1
Indique a cláusula en álxebra relacional para obter a seguinte táboa resultado
Tarefa 10.2
Indique a cláusula en álxebra relacional para obter a seguinte táboa resultado
11. O cálculo relacional de tuplas
Resolve as seguintes consultas mediante o cálculo relacional de tuplas.
Tarefa 11.1
Nome dos provedores que fornecen o compoñente C2
Tarefa 11.2
Nome dos provedores que fornecidos polo menos un compoñente vermello
Tarefa 11.3:
Obter o nome dos compoñentes de cor vermella fornecidos por provedores da cidade de Lugo
Tarefa 11.4
Obter o código dos provedores que tamén fornecen algún compoñente fornecido polo provedor P2
Tarefa 11.5
Obter os datos dos envíos de máis de 100 unidades, mostrando tamén o nome de provedor e compoñente
Tarefa 11.6
Obter o nome dos provedores que fornecen todas as pezas
Tarefa 11.7
Para o grafo relacional que mostra unha versión reducida dunha compañía dedicada á venta de visionado de películas on-line resolver , obter o título das películas prestadas a todos os clientes, mediante o cálculo relacional de tuplas.