Tarefas de administración sobre o sistema de base de datos MySQL

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Enunciado

Un administrador de sistemas informáticos debe saber explotar os Sistemas Xestores de Bases de Datos. Deberá levar a cabo unha serie de tarefas de administración sobre o sistema de base de datos MySQL que teñen implementado nunha determinada empresa (sabendo que é unha versión 5.7 ou superior e cun sistema Windows). Conteste ás seguintes cuestións: Supoña que iniciou sesión como root e polo tanto, está traballando co cliente mysql a través da liña de comandos.

a) O servidor mantén diferentes variables de estado que proporcionan información sobre as operacións levadas a cabo. Que variable permite coñecer o número de intentos de conexión erróneos ao servidor MySQL?

Supoña que de aquí en adiante estará situado no prompt do sistema.

b) O sitio web que xestionamos aumentou considerablemente o número de visitas por parte dos usuarios, os cales fan uso das conexións á nosa base de datos MySQL e debido a iso xéranse tamén erros. Unha posible solución sería aumentar o número de conexións abertas ao mesmo tempo. Indique o comando a executar dende a consola de Windows para establecer o número de conexións en 200 para o noso servidor MySQL e que ese cambio sexa permanente.

c) Cal é a variable do sistema que permite a un usuario de MySQL conectarse ao servidor dende calquera dirección IP que non sexa a dirección local? Indique cal é o proceso a seguir para que permita conectarse dende outras direccións IP ao servidor MySQL.

d) Hai que levar a cabo a realización dunha copia de seguridade das táboas Cliente e Proveedor que pertencen á base de datos Suministros e que se gardarán nun arquivo chamado “Copia_003. sql”. Escriba a sintaxe correcta para realizar dita copia.

e) Cree un novo usuario “invitado”, de uso temporal, para acceder ao servidor. Dito usuario só terá acceso dende o equipo con IP 192.168.100.100, e chave “invitado01” que debe cambiar cada 15 días. Ademais, habilite o seguimento dos inicios de sesión erróneos que tivese, de tal xeito que se teñen lugar 3 intentos de acceso incorrectos bloquearase temporalmente a conta durante 2 días.

f) O usuario “invitado” terá permisos para seleccionar datos e inserir rexistros na táboa Cliente. Na táboa Proveedor só poderá modificar os campos telefono e direccion, e ver o nome. Ambas táboas pertencen á base de datos Suministros.

g) Cree unha vista chamada “v1” que permita seleccionar todos os rexistros da táboa Cliente onde a deuda sexa inferior a 150€, de xeito que as insercións que se fagan posteriormente a través desta vista, deberán ser verificadas previamente.

Solución