Uso de javadoc desde NetBeans
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
Sumario
Consideracións pedagóxicas
Este material pode ser utilizado:
- No módulo Despregue de Aplicacións Web do Ciclo de Desenvolvemento de Aplicacións web
- No "BC6. Documentación das aplicacións web e sistemas de control de versión"
- Xeradores de doumentación integrados nas plataformas de desenvolvemento
- Formatos estándar para a documentación. Uso de linguaxes de marcas na documentación de aplicacións web.
- No "BC6. Documentación das aplicacións web e sistemas de control de versión"
- No módulo Contornos de Desenvolvemento do Ciclo de Desenvolvemento de Aplicacións web
Consideracións previas
- É convinte un coñecemento básico de programación, do uso dos IDE (en particular Netbeans) e e a linguaxe Java
Instalación
- É necesaria a instalación de Netbeans:
Uso
Os comentarios de documentación comezan con /** e rematan con */ e poden aparecer xusto antes dunha clase, campo (variable de clase ou obxecto), construtor ou definición de método.
Dentro do comentario, a primeira parte é a descrición, seguido por cero ou máis etiquetas que comezan por @.
Documentación dunha clase
/**
* @author Nome e apelidos do autor <nome@dominio.com>
* @version 1.6 (versión actual do programa)
* @since 1.2 (versión do paquete a partir da cal se engadiu a clase)
*/
public class Proba {
// corpo da clase
}
Documentación dun método
/**
* Descrición curta dunha soa liña.
* <p>
* Descrición longa, de varias liñas,
* de existir, iría aquí
* <p>
* E máis explicacións, se fixera falta
* en liñas sucesivas separadas por
* parágrafos HTML
* @param variable Descrición do parámetro
* @return Descrición do valor devolto.
*/
public int nomeDoMétodo (...) {
// Corpo do método
}
Documentación de variables
/** * Descrición da variable x. */ public int x;
Documentación dun paquete
A descrición dun paquete vai nun arquivo aparte chamado package-info.java que debe atoparse no directorio do paquete e que contén a declaración do paquete, precedido inmediatamente pola descrición do mesmo.
/** * paquete.subpaquete Descrición do paquete ou subpaquete. */ package paquete.subpaquete;
Exemplo de uso básico
//EXEMPLO DE PROGRAMA JAVA PARA PROBAR JAVADOC
/**
* Unha clase para empezar a programar en Java
* o clásico exemplo de OlaMundo
* @version 2.1.0, 15/10/20
* @author Xose Programador Java
*/
public class holamundo {
/**
* Amosa a mensaxe de Ola Mundo
*/
public static void main(String[] args) {
// TODO Auto-generated method stub
System.out.println("Ola mundo!");
}
}
Posible tarefa
- Documenta o código, como se fai neste exemplo dunha función que recibe un número e devolve un texto con ese número:
- Xenera a api documentada con Javadoc
- Cambia a plantilla de estilo por outra da túa elección:
- Entrega un documento explicando qué fixches e anexando a documentación xenerada nun documento comprimido.
Referencias
- Material realizado durante unha licenza de formación retribuída pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Autoras. Amalia Falcón Docampo, Laura Fernández Nocelo e Marta Rey López. Licenza Creative Commons BY-NC-SA