Uso de máquinas virtuais
Sumario
Con Oracle VM VirtualBox
Un bo videotitorial para inciarse na virtualización con VirtualBox:
Para contar cunnha máquina virtual con Ubuntu desde Windows:
Para contar cunha máquina virtual con Windows 10 desde Linux:
- https://itsfoss.com/install-windows-10-virtualbox-linux/
- https://www.extremetech.com/computing/198427-how-to-install-windows-10-in-a-virtual-machine
Práctica - Instalación e uso de Virtualbox (Ubuntu)
Descubre qué é a virtualización e como usar máquinas virtuais:
Seguindo estes tutoriais (ou calquera outro que localices), realiza a instalación de VirtualBox:
- https://www.geeknetic.es/Noticia/17411/Como-usar-VirtualBox-para-crear-una-maquina-virtual.html
- https://www.softzone.es/manuales-software-2/tutorial-de-virtualbox/
Instala un sistema operativo (recomendoche a última versión de Ubuntu):
- https://www.neoguias.com/instalar-ubuntu-windows-virtual-box/
- https://www.youtube.com/watch?v=v4NBHB0aCXY
- https://www.youtube.com/watch?v=uV5boDESAe0
Responde a estas cuestións:
- Explica a virtualización e as posibilidades das máquinas virtuais
- Amosa unha captura de pantalla da instalación realizada de VirtualBox.
- Coñeces repositorios de virtual appliances coma https://www.turnkeylinux.org/ ou https://bitnami.com/ ? Para que coidas que poden ser útiles?
- Amosa unha captura da máquina virtual executando o sistema operativo desexado
As máquinas virtuais podedes descagalas de internet, ou tedes na carpeta do centro: V:\SOFTWARE\ALUMNOS\INFORMATICA\Sistemas Operativos
Nese caso o contrasinal é abc123.
Recomendación. Hai na carpeta de rede unha máquina OVA de XXX, que pode ser boa candidata.
Práctica - Uso avanzado de VirtualBox
Esta tarefa é optativa e non se avaliará (pero podedes entregar o vídeo e cuestionario de autoavaliación), pero é recomendable porque:
- Aprenderedes a facer un vídeo usando Virtualbox
- Coñeceredes da utilidade de facer clonacións e instantáneas
- E deixara o entorno preparado para traballar con moitas máquinas virtuais de Windows, tanto cliente como servidor, o que será de moita utilidade no resto do curso tanto para este módulo como para outros.
Obxectivo
Crear correctamente a plantilla do Windows 10 empregando Sysprep e crear un clon enlazado.
Pasos
- Crea unha nóva máquina virtual chamada Tarefa 1.1, que sexa un clon enlazado da plantilla do W10. IMPORTANTE. Lembra poñer o disco duro como dispositivo de arranque!
- Fai un vídeo empregando virtualbox no que se amose como arrancas a máquina, e sen facer nada se configura o hardware e aparece a ventá de login.
- Inicia sesión e amosa o nome do equipo. Para iso, executa Configuración avanzada do sistema
Pistas
Os seguintes pdf son unha guía estupenda!
Autoavaliación
Para considerar completa esta tarefa debedes aplicara está táboa de observación sobre o vídeo:
| Indicar | Si/Non |
|---|---|
| A máquina virtual carga o Windows 10 | Si / Non |
| O sistema operativo inicia sen facer preguntas | Si / Non |
| Inicia sesión | Si / Non |
| Mostra o nome do equipo | Si / Non |
Tedes que ter polo menos 3 marcadas como sí para que consideredes a tarefa superada.
Problemas coñecidos
1. A máquina virtual non arranca cando configuramos a grabación
Solución.
Marcar a opción de 'Pantalla 1' en Configuración -> Pantalla -> Pestaña "Grabando" e habilitar a grabación.