Xestión de máquinas virtuales de VirtualBox desde aplicación Java con procesos

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Enunciado

A tarefa consiste en realizar un programa Java que mediante procesos permita executar aspectos de VirtualBox.

O primeiro paso será preparar o entorno:

  1. Instalar Virtual Box
  2. Ter alguna máquina virtual para poder probar o programa
  3. Instalar e configurar un IDE (Eclipse ou Netbeans) para programar con Java

O programa constará dun menú (desde liña de comandos ou con interfaz gráfica) onde o usuario poderá realizar as operacións indicadas en cada exercicio.

Ademáis, haberá unha opción para que o usuario escolla fin de programa que finalizará o proceso.

As ruta indicadas a continuación son as existentes por defecto (pode ser outra no teu equipo).

Exercicio 1

Listar as máquinas virtuales que se teñen en Virtual Box. Comando necesario a executar:

C:\\Program Files\\Oracle\\VirtualBox\\vboxmanage list vms

Exercicio 2

A partir do parámetro nomemaquina e -memory, (ou pantalla na interfaz gráfica). modificar a memroia ram asignada a esa máquina. O comando necesario a executar:

C:\\Program Files\\Oracle\\VirtualBox\\vboxmanagemodifyvm "nombremáquina" –memory memoria

Exercicio 3

Apagar algunha máquina que está arrincada (e controlar no caso de intentar apagar unha máquina inexistente ou xa apagada). O comando necesario a executar:

C:\\Program Files\\Oracle\\VirtualBox\\vBoxManage controlvm "nombremáquina" acpipowerbutton

Exercicio 4

Agregar una descripción a una máquina ((e controlar no caso de intentar comentar unha máquina inexistente). O comando necesario a executar:

C:\\Program Files\\Oracle\\VirtualBox\\vboxmanage modifyvm "nombremáquina" –description "xxxx"

Puntuación

En total 10 puntos, repartidos de xeito equitativo entre as catro actividades:

  • Actividade 1: 2,5 puntos
  • Actividade 2: 2,5 puntos
  • Actividade 3: 2,5 puntos
  • Actividade 4: 2,5 puntos

Valorarase positivamente a xestión de excepcións e o código limpo, ordenado e documentado.

Recursos de apoio

  • IDE NetBeans/Eclipse
  • Contidos teóricos e prácticos da unidade

VirtualBox desde CLI

Entrega

  • Entregar proxecto Java comprimido nun fichero
  • Pequena memoria en formato PDF (con portada, indice, numeración de páxinas, etc.) onde expoñas a resolución do exercicio (cómo o solventaches, que dificultades atopaches, etc.)