Xestión de servizos con systemctl

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Unha vez instalado un servizo en Linux, pódese xestionar co comando systemctl . Para realizar unha acción sobre un servizo, execútase un comando do tipo:

$ systemctl acción servizo

Onde:

  • servizo é o nome do servizo
  • acción é a acción que se quere realizar sobre o servizo.

En xeral será necesario executaro como superusuario.

As accións disponibles son as seguintes:

status
Amosa o estado de execución do servizo
start
Arranca o servizo se non está en execución
stop
Para o servizo se está en execución
restart
Reinicia o servizo: parao se está en execución o logo o arranca
reload
Alternativa a restart, emprégase para que o servizo tome en consideración os cambios realizados na súa configuración pero sen que se reinicie o servizo
enable
Establece o arranque automático do servizo cando arranca o sistema
disable
Establece que o servizo non arranque automáticamente cando arranca o sistema