Xogueteando coa sindicación
Sumario
Enunciado - Accedendo a contidos RSS
1. Busca enlace a contido RSS
Busca nalgún diario nacional o enlace no que se ofreza o contenido RSS. Onde se atopará o enlace?
Terás que buscar pola palabra “podcast” ou algunha destas iconas:
2. Subscríbete
Cando accedas o lugar no que se ofrecen os contenidos RSS ou Atom (formatos normalizados dos ficheiros que describen o título da nova, enlace, etc. que o lector precisa) poden ocurrir dúas cosas, dependendo do navegador:
- Que se amose o código do ficheiro XML (con formato RSS o Atom).
- Que o propio navegador faga de lector interpretando o código coma un cliente. Nese caso amosará o título da nova, data, etc. e permitirá enlazar coa nova completa cando facemos clic sobre o propio título da nova.
En ambos casos toma nota do enderezo que che fará falta para pegar no lector de noticias no lugar no que debas declarar os enderezos os que debe acceder o lector para tomar nota das novidades publicadas no sitio.
3. Probando un lector de noticias web
Investiga qué lectores de noticias web son os máis empregados. Escolle un e despois:
- Rexístrate nel xenerando unha conta (usuario e contrasinal) para poder acceder no futuro.
- Localiza o lugar no que podes poñer/pegar o enderezo do que tomaches nota anteriormente
- Por último, observa cómo se amosan as noticias e cómo ó facer clic sobre elas accedes ó contido completo.
Documenta o proceso.
4. Probando un lector de noticias de escritorio
Escolle:
- Volve a investigar qué lector de escritorio é o máis utilizado, descárgao e instálao no equipo
- Utiliza o cliente de correo que desexes (por exemplo Thunderbird)
Documenta novamente o seu uso coma no punto 3.
5. Xoga cos exemplos de Atom e RSS vistos na teoría
- Pega os códigos anteriores no teu editor XML
- Engade novos elementos tipo "item" ou "entry" (segundo sea un RSS ou Atom)
- Comproba que son válidos
- Subeos con extensión .XML nalgún sitio web (mesmo Google Drive)
- Engade o enderezo destes códigos no teu lector
- Comproba a súa funcionalidade!
Enunciado - Programando con Java RSS
Crea un ficheiro Java que construa o seguinte ficheiro XML:
<?xml version="1.0"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title>Proba</title>
<link>http://www.google.gl</link>
<description>Proba de descricion</description>
</channel>
</rss>
Solución
Unha posible solución é esta:
public class CreadorRSS {
public byte[] getEtiquetas(String titulo,String enlace,String descripcion)
{
String resultado="";
resultado+="<title>";
resultado+=titulo;
resultado+="</title>\n";
resultado+="<link>";
resultado+=enlace;
resultado+="</link>\n";
resultado+="<description>";
resultado+=descripcion;
resultado+="</description>";
return resultado.getBytes();
}
public void crearArchivo(String nombre) throws IOException{
FileOutputStream fos=new FileOutputStream(nombre);
String cabecera="<?xml version='1.0'?>\n";
fos.write(cabecera.getBytes());
String rss="<rss version='1.0'>\n";
fos.write(rss.getBytes());
byte[] etiquetas=this.getEtiquetas("Titulo da nova","http://www.algo.com","Noticia moi importante");
fos.write(etiquetas);
String rssCierre="</rss>";
fos.write(rssCierre.getBytes());
fos.close();
}
public static void main(String[] args) throws IOException {
CreadorRSS creador=new CreadorRSS();
creador.crearArchivo("D:/rutafeed/archivo.rss");
}
}
O seguiente código ilustra outra forma de facelo:
public void crearRSS(){
DocumentBuilderFactory fabrica;
DocumentBuilder constructor;
Document documentoXML;
try{
fabrica=DocumentBuilderFactory.newInstance();
constructor=fabrica.newDocumentBuilder();
documentoXML=constructor.newDocument();
TransformerFactory fabricaConv = TransformerFactory.newInstance();
Transformer transformador = fabricaConv.newTransformer();
DOMSource origenDOM = new DOMSource(documentoXML);
Element e=documentoXML.createElement("rss");
documentoXML.appendChild(e);
StreamResult resultado=new StreamResult(new File("D:\\rutafeed\\archivo.rss"));
transformador.transform(origenDOM, resultado);
}
catch (Exception e){
System.out.print("Non se puideron crear os obxectos necesarios.");
e.printStackTrace();
return ;
}
}
Podes consultar un exemplo similar.
Enunciado - Cómo crear un feed RSS
Pódes crealo desde cero cun editor ou con ferramentas. Algunhas alternativas:
- RSS Builder
- Programa de creación de RSS de código aberto e gratuito que permite crear ficheiros RSS que podes subir o teu sitio web. Tambén pode administrar automáticamente o feed RSS do teu sitio web para non que subir o ficheiro manualmente, xa que incorpora cliente FTP.
- Feedity e Rapifeeds
- Servizos web que permiten administrar varios feeds con actualizacións automáticas (coa actualización do teu sitio web xenerará un ficheiro RSS sen ter que introducir cada elemento
- FeedForAll
- Programa comercial que permite crear feed RSS e subilo ó sitio web. Conta con ferramentas especializadas para crear feeds de podcast para iTunes.
- ListGarden
- Outro RSS Builder
- Absolute RSS Editor
Referencias:
Enunciado - Sindicación de contidos en Drupal
Ver Sindicación de contidos co CMS Drupal.
- Facer que un conxunto de contidos teña unha presentación en forma RSS
- Engadir contido RSS dunha fonte externa ao noso sitio web