Xogueteando con BaseX

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda


Introdución

BaseX-logo-small-transparent.png

baseX é un sistema xestor de bases de datos (SXBD) XML nativo co que é posible realizar consultas usando unha interfaz gráfica; así poderemos visualizar cómo está organizada a base de datos no referente a súa estrutura de etiquetas XML, e mediante os seus procesadores avaliar expresións XPath/XQuery en tempo real.

Como características é:

  • lixeiro
  • de alto rendemento nas operacións
  • facilmente escalable
  • sofware libre e gratuita
  • independente da plataforma

Permite crear unha base de datos constituída por un ou máis documentos XML; nestes sistemas non atoparemos as táboas do modelo relacional.

Unha das aportacións de BaseX é que o contido dos documentos XML pódese visualizar de distintos xeitos mediante vistas sincronizadas entre si:

  • Texto Plano
  • Mapa
  • Árbore
  • Simulación de carpetas e ficheiros
  • Táboa de datos
  • Diagrama de dispersión

Instalación

Opcións para instalar BaseX

A súa descarga ten varias posibilidades, dependendo da plataforma e o que desexemos instalar. Para unha sinxela instalación en contorna windows, o seu windows installer pode ser a opción máis axeitada; tamén e posible facer instalación descargando o ficherio zip, sen que requira de permisos de adminsitrador.

E importante sinalar que é preciso Java 11 para instalar e executar BaseX.

Unha vez instalado a contorna xa poderemos proceder arrincar o programa (executando i ficheiro .jar) e crear a base de datos para explotar despois a información.

Creando a base de datos

Declarararemos en BaseX os ficheiros XML que se utilizarán coma orixe de datos e o nome que se utilizará para cada un destes ficheiros na contorna de traballo.

Seleccionaremos Database / New... e na fiestra pulsaremos en Browse... para escoller o noso ficheiro XML.

Importando XML cos datos dos libros

Escoller a base de datos

Unha vez cargado, o seleccionaremos para poder traballar:

  1. Database / Open & Manage...
  2. Clic sobre o ficheiro XML
  3. Pulsamos o botón Open
Explicación da interfaz gráfica

Executando sentenza e visualizando resultado

Introducimos na interfaz a primera sentencia e observamos o resultado da mesma:

  1. Introducción da sentenza XQuery
  2. Execución da sentenza
  3. Resultado da sentenza (orde alfabético dos títulos dos libros)

Tamén é posible executar onde aparece find, do seguinte xeito:

  • Command: Permite empregar comandos de xestión propios das bases de datos (CREATE DB, OPEN, CREATE INDEX, CREATE USER, ADD, DELETE, REPLACE,...)
  • Find: Permite buscar información mediante XPath
  • XQuery: Permite empregar a linguaxe de consulta XQuery
BaseX-Interfaz-grafica-executando-XQuery.PNG

Rúbrica

Posible rúbrica
Tarefa Puntuación Valoración
Instalación con éxito e ben documentada 1p Completo (1p) / Parcial (0,5p) / Ausente (0p)
Integra cun IDE 1p Completo (1p) / Parcial (0,5p) / Ausente (0p)
Carga un documento XML 1p Completo (1p) / Parcial (0,5p) / Ausente (0p)
Lanza dúas consultas XQuery distintas 2p Completo (2p) / Parcial (1 p) / Ausente (0p)
Transforma XML/JSON 2p Completo (2p) / Parcial (1p) / Ausente (0p)
Devolve dúas consultas XPath 2p Completo (1p) / Parcial (0,5p) / Ausente (0p)
Valida un documento contra un XML Schema 1p Completo (1p) / Parcial (0,5p) / Ausente (0p)

Ampliación

  • Crea un sevizo REST usando RESTXQ. Revisa:

Referencias

BaseX introduction

Using GUI

Integrating IDE

XML para probas