Uso de linguaxes de marcas en contornos web
Sumario
Introdución
Tres linguaxes son as que definen o desenvolvemento front-end: HTML, CSS e JavaScript.
Antes dos comezos das redes e Internet ninguen se sentou e se puxo a maquinar que linguaxes farían falta e qué faría cada un. Foron evoluacionando en paralelo, en ocasións solapándose en funcionalidade e alcance.
A forma máis sinxela de definir a natureza e propósito destas linguaxes sea dicindo a que se adica cada un principalmente:
- HTML - Contidos
- CSS - Deseño (Presentación)
- JS - Interactividade
Esto pode guiarnos nos casos en que algo se poida facer de máis dun xeito. Por exemplo, se lle queremos cambiar a cor a un elemento o primeiro pensamento debe ser usar CSS. Por outra banda, se lle queremos cambiar a cor en resposta a unha acción do usuario, probablemente JavaScript sexa a mellor opción.
Introduciremos a continuación o suo de HTML5 e CSS; JavaScript daría para varios libros, e será no módulo Desenvolvemento de aplicacións cliente onde se trate en varios capítulos con profundidade.
HTML5
HTML 5 (HyperText Markup Language, versión 5) é a quinta revisión importante da linguaxe básica da World Wide Web, HTML. HTML5 específica dúas variantes de sintaxe:
- unha "clásica", HTML (text/html), coñecida coma HTML5
- unha variante XHTML coñecida coma sintaxe XHTML 5 que deberá servirse con sintaxe XML (application/xhtml+xml).
Esta é a primeira vez que HTML e XHTML foron desenvoltos en paralelo. A versión definitiva publicouse no 2014
HTML5 non se recoñece en vellas versións de navegadores; porén é recomendable actualizar o navegador á versión máis nova para poder disfrutar de todo o potencial que provee HTML 5.
O desarrollo desta linguaje de marcado é regulado polo Consorcio W3C.
HTML5 en detalle
Máis información detallada atópase no artigo que serve de guía: HTML5 pasiño a pasiño
CSS
Nas primeras versións de HTML o código fonte dunha páxina web contiña tanto a información (o contido) como a presentación (o deseño ou formato).
Xa no 1994 hai propostas para separar todo o relacionado co deseño nun documento aparte chamado folla de estilo. As propostas fructificaron no ano 1996 coa aprobación da recomendación CSS 1 - Cascading Style Sheets, level 1. Así, a páxina web (o documento html) pode conter únicamente información mentres que a folla de estilo define o formato.
O termo Cascading Style Sheets (Follas de Estilo en Cascada) fai referencia á forma xerárquica en que as propiedades de estilo se aplican aos distintos elementos da páxina web.
O funcionamento das follas de estilo é o seguiente:
* Na páxina web (ficheiro .html) escríbense as etiquetas que definen categorías ou elementos. * Na folla de estilo (ficheiro .css) escríbese cómo queremos que sexa o estilo de presentación das etiquetas (cor, tamaño, fonte, bordes, márxenes, posición, etc). * Na páxina web escríbese qué folla de estilo queremos utilizar.
Ventaxas
Permiten facer un deseño consistente e fácil de modificar. Se varias páxinas web fan referencia á mesma folla de estilo, para cambiar a apariencia de todas as páxinas é suficiente con facer os cambios nun único lugar: na folla de estilo
CSS en detalle
Máis información detallada atópase no artigo de CSS!
Transmisión de información mediante linguaxes de marcas
Se combinamos o XML co protocolo de transferencia de hipertexto, o HTTP, obtemos unha plataforma para dar soporte aos servizos web. Os servizos web permiten que unha aplicación de escritorio poida converterse nunha aplicación web. As aplicacións web son programas que corren na WWW e que, por tanto, poden usarse dende calquera plataforma que teña un navegador. XML é un pilar dos servizos web (ainda que na actualidade hai alternativas) e pode usarse entre diferentes aplicacións para intercambiar información, incluso en diferentes plataformas.
Os servizos web úsanse en dous ámbitos distintos:
- Para crear miniaplicacións, chamadas compoñentes, que se poden reutilizar noutras aplicacións. Hai funcionalidades que se repiten en varias aplicacións como, por exemplo, validar un correo-e, conversión de moedas, informes meteorolóxicos ou un servizo de tradución. Se o noso programa necesita algún destes servizos non é necesario programalo xa que xa existe.
- Para conectar software existente. Os servizos web poden axudar a resolver o problema de interoperabilidade entre aplicacións proporcionando un mecanismo para intercambiar os seus datos. O protocolo que usan é o SOAP (Simple Object Access Protocol) que se executa sobre HTTP e que está baseado en XML. Tamén usan o WSDL (Web Services Description Language), baseado igualmente en XML, para describir os servizos web e como accedelos. A interoperabilidade entre aplicacións é fundamental no sistema de información dunha empresa.
Na documentación do IDE Netbeans atópase información non so dos servizos web SOAP se non tamén dos servizos web REST. Tamén no artigo da nosa wiki.