Intents implícitos. Permisos. Filtros.
Sumario
Intent en Activities
- Máis información neste enlace.
- Para lanzar outra activity se fai uso dos Intent.
- Nota Importante: En Android cando lanzamos unha nova activity, a anterior queda en memoria formando unha cola LIFO. O pechar a nova activity aparecerá a anterior. SE QUEREMOS PECHAR UNHA ACTIVITY PARA ABRIR UNHA NOVA DEBEMOS DE ABRIR A NOVA ACTIVITY E CHAMAR Ó MÉTODO finish() da activity que chama.
Construíndo un Intent
- http://developer.android.com/training/basics/firstapp/starting-activity.html
- http://developer.android.com/guide/components/intents-filters.html
- A efectos prácticos, unha activity vense a identificar cunha pantalla. Os intent´s vannos servir para chamar a ditas pantallas entre outras cousas.
- Tamén van servir para chamar a outras aplicacións ANDROID e esperar unha resposta (ou non).
- Un intent prové un enlace entre diferentes compoñentes coma poden ser dúas activity´s. Se pode traducir coma a intención da aplicación de facer algo.
- Cando chama, o pode facer indicando a Activity que quere lanzar (Intent Explícitos) ou simplemente indica a acción que quere realizar e é o S.O. quen decide en base a acción e o tipo de información, que aplicación debe lanzar (Intent Implícitos).
- Para chamar a unha activity dende outra temos o seguinte código:
1 Intent intent = new Intent(this, DisplayMessageActivity.class);
- O primeiro parámetro é unha referencia ó contexto (a clase Activity é unha subclase de Context, por iso poñemos this).
- O segundo parámetro é a clase que o Sistema Operativo ‘intentará’ cargar (no noso caso a activity a cargar).
- Nota: O context é unha interface que nos permite acceder os recursos da aplicación, clases e outras operacións, como acceso as activities…
Etiqueta action
- Como vimos anteriormente, cada vez que se crea unha activity se engade no AndroidManifiest.xml.
- Dita activity ten asociado un filtro de intento (<intent-filter>) ou podemos engadirllo en caso de non ser un tipo 'launcher'.
- Dentro deste temos a etiqueta <action....> no que se define o nome do filtro para a activity.
- Desta forma podemos chamar a outra activity polo seu nome:
- startActivity(new Intent(this,NomeClase.class); :Esta é a opción vista ata o de agora.
- startActivity(new Intent(“nome.definido.etiqueta.action”)); :Chamamos co nome definido na etiqueta action.
- Neste segundo caso teremos que definir unha categoría por defecto, para poder chamar a activity polo seu nome (<category android:name="android.intent.category.DEFAULT" />)
- Vexamos un exemplo:
1 <activity 2 android:name="com.example.variasactiviy.MainActivity1" 3 android:label="@string/app_name1" > 4 <intent-filter> 5 <action android:name="android.intent.action.MAIN" /> 6 <category android:name="android.intent.category.LAUNCHER" /> 7 </intent-filter> 8 </activity> 9 <activity 10 android:name="com.example.variasactiviy.MainActivity2" 11 android:label="@string/app_name2" > 12 <intent-filter> 13 <action android:name="com.example.variasactiviy.ActionMainActivity2" /> 14 <category android:name="android.intent.category.DEFAULT" /> 15 </intent-filter> 16 </activity>
- Para chamar a segunda activity:
1 startActivity(new Intent("com.example.variasactiviy.ActionMainActivity2"));
- Nome dos action:
- Aínda que o action pode ter calquera nome, por convención se usa este formato nos action definidos por Android: .intent.action.nome_acción.
- Por exemplo, 'android.intent.action.MAIN' é o action que define Android para unha activity de categoría 'Launcher'.
- Podemos consultar todos os action definidos no seguinte enlace.
- Se queremos chamar a unha activity que 'atenda' a un tipo de acción teríamos que poñer:
1 Intent intent = new Intent(Intent.ACTION_MAIN); // Neste caso buscamos as que atendan o tipo ACTION_MAIN.
2 startActivity(intent);
- No caso das activities definidas por nos que non teñen un action 'predefinido' de Android, o name terá o formato: nome_paquete.nome_accion.
- No exemplo anterior: com.example.variasactiviy.ActionMainActivity2
- Unha activity pode levar varias accións asociadas.
- Se existen varias activities co mesmo nome o S.O. amosará unha mensaxe para que escollamos cal delas debe abrir.
- Os intent´s vainos servir para chamar a outras aplicacións que estean instaladas no sistema operativo Android. A idea é chamar a unha aplicación cun tipo de dato, e que sexa o S.O. en base os 'filter' das aplicacións instaladas, o que chame á aplicación correspondente.
Dentro do Intent irán os datos necesarios para que a aplicación que reciba a petición poida dar o servizo. Así, se abro o navegador, podo enviarlle a url que quero que abra (é opcional mandalo). Para mandar os datos faremos uso do método putExtra da clase Intent (o veremos despois noutro punto).
- Así, grazas a esta forma de traballar, podemos usar Intent´s:
- Para chamar a un teléfono
- Para enviar un sms/correo
- Para abrir o navegador
- Para abrir unha localización dentro dun mapa
- Ou para chamar a Activities doutras aplicacións.
- Por exemplo:
- Un intent para enviar un correo electrónico:
1 Intent intent = new Intent(Intent.ACTION_SEND); 2 intent.setType("application/octet-stream"); 3 intent.putExtra(Intent.EXTRA_SUBJECT, "Subject"); 4 intent.putExtra(Intent.EXTRA_TEXT, "Texto do Mail"); 5 intent.putExtra(Intent.EXTRA_EMAIL, new String[]{"android@cursoandroid.es"}); 6 startActivity(intent);
- Un intent para amosar o dial de teléfono:
1 Intent intent = new Intent(Intent.ACTION_DIAL); 2 startActivity(intent);
- Un intent para lanzar unha busca do navegador web:
1 Intent intent = new Intent(Intent.ACTION_WEB_SEARCH); 2 intent.putExtra(SearchManager.QUERY, "Android"); 3 startActivity(intent);
- A un Intent podemos asociarlle unha acción, uns datos e unha categoría.
- As activities poden declarar o tipo de accións que poden levar a cabo e os tipos de datos que poden xestionar.
- As accións son cadeas de texto estándar que describen o que unha activity pode facer.
- Por exemplo android.intent.action.VIEW é unha acción que indica que a actividade pode amosar datos ó usuario.
- Máis información en:
- Cando definimos unha activity normalmente aparece isto no AndroidManifiest,xml:
1 <activity 2 android:name=".MainActivity" 3 android:label="@string/title_activity_main" > 4 <intent-filter> 5 <action android:name="android.intent.action.MAIN" /> 6 <category android:name="android.intent.category.LAUNCHER" /> 7 </intent-filter> 8 </activity>
- Como vemos temos:
- <action android:name="android.intent.action.MAIN" />: indica que é unha activity inicial que non se lle vai a enviar datos nin devolver datos.
- <category android:name="android.intent.category.LAUNCHER" />: indica que a activity pode ser a actividade inicial dunha tarefa.
- Outro exemplo sería o seguinte:
1 <intent-filter > 2 <action android:name="android.intent.action.VIEW" /> 3 <category android:name="android.intent.category.DEFAULT" /> 4 <category android:name="android.intent.category.BROWSABLE" /> 5 <data android:scheme="http" android:pathPattern=".*mp3" android:mimeType="audio/*" /> 6 </intent-filter>
- Neste caso cando esteamos navegando, ó premer sobre unha canción mp3 abrirase a posibilidade de reproducila coa nosa activity. Xa dentro da nosa activity, o dato que podemos obter é a URL da canción a reproducir os poderíamos obter da seguinte forma:
1 Intent intent = getIntent(); 2 // Por se voltamos do navegador web. 3 if (intent != null && intent.getData() != null) { 4 TextView txturl = (TextView)findViewById(R.id.txtURL); 5 txturl.setText(intent.getData().toString()); 6 }
- No caso da ACTION_VIEW é unha acción moi xenérica e Android ten que descubrir que activity pode chamar facendo uso da composición da URI.
- Para iso mira o esquema que posúe a URI (neste caso http) e pregunta a todas as actividades cal delas entende dito esquema.
- Poderíamos ter rexistrados varios esquemas:
1 <activity ...> 2 <intent -filter> 3 <action android:name="android.intent.action.VIEW"/> 4 <data android:scheme="http" /> 5 <data android:scheme="https" /> 6 </intent> 7 </activity>
- Máis información sobre a etiqueta en http://developer.android.com/guide/topics/manifest/data-element.html
Etiqueta category
- No que se refire a etiqueta <category> esta se utiliza para categorizar as activities e que se podan atopar máis facilmente.
- Máis información en: http://developer.android.com/reference/android/content/Intent.html#CATEGORY_ALTERNATIVE
- Anteriormente vimos un exemplo no que tiñamos: <category android:name="android.intent.category.BROWSABLE" />
- Se ides o enlace anterior e buscades dita categoría, vos informa que dita categoría é necesaria para que unha activity sexa chamada dende o navegador.
- Por exemplo, mentres que o sistema se está iniciando busca as activities que teñan a category de launcher: <category android:name="android.intent.category.LAUNCHER" />
- Por exemplo, poderíamos lanzar unha activity en base a súa categoría:
1 Intent intento = new Intent(Intent.ACTION_MAIN, null); 2 intento.addCategory(Intent.CATEGORY_LAUNCHER); 3 startActivity(i);
Dará como resultado:
Comprobando a disponibilidade
- Sempre que facemos uso das chamadas de tipo implícito deberíamos comprobar si existe algunha Activity que poide responder ao tipo de Action que imos solicitar.
- Isto é necesario xa que se non o comprobamos, a aplicación deixará de funcionar e se pechará.
- Para comprobalo temos que chamar ao método resolveActivity da clase Intent.
1 if (intent.resolveActivity(getPackageManager())!=null){ // Comprobamos sempre nas chamadas implicitas se existe algunha activity que poida atender a miña petición
2 startActivity(intent);
3 }
- Indicar tamén que os action poden ser indicados chamando ao método setAction da clase Intent da forma:
1 Intent intent = new Intent();
2 intent.setAction(Intent.ACTION_MAIN);
Caso Práctico 1
- Partimos que xa temos creado o proxecto inicial como xa indicamos anteriormente.
- Se non o temos creado antes, crearemos un novo paquete de nome: Intents como un subpaquete do teu paquete principal.
- Dentro do paquete Intents crear unha nova 'Empty Activity' de nome: UD03_02_A1_Intents de tipo Launcher e sen compatibilidade.
- Modifica o arquivo AndroidManifiest.xml e engade unha label á activity como xa vimos na creación do proxecto base.
- Dentro do paquete Intents crear unha nova 'Empty Activity' de nome: UD03_02_A2_Intents de tipo no Launcher e sen compatibilidade.
- Modifica o arquivo AndroidManifiest.xml e engade unha label á activity como xa vimos na creación do proxecto base.
- Dentro do paquete Intents crear unha nova 'Empty Activity' de nome: UD03_02_A3_Intents de tipo no Launcher e sen compatibilidade.
- Modifica o arquivo AndroidManifiest.xml e engade unha label á activity como xa vimos na creación do proxecto base.
- O que imos facer é crear tres activities, unha principal cun botón dende a cal se chamará a outra das dúas activities creadas, pero en base ao seu Action:
- Lanzando unha activity polo seu Action
O XML da Activity Principal
1 <?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
2 <android.support.constraint.ConstraintLayout xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android"
3 xmlns:app="http://schemas.android.com/apk/res-auto"
4 xmlns:tools="http://schemas.android.com/tools"
5 android:layout_width="match_parent"
6 android:layout_height="match_parent"
7 tools:context=".Intents.UD03_02_A1_Intents">
8
9 <Button
10 android:id="@+id/btnLanzar_UD03_02_A1_Intents"
11 android:layout_width="0dp"
12 android:layout_height="wrap_content"
13 android:layout_marginEnd="8dp"
14 android:layout_marginStart="8dp"
15 android:layout_marginTop="8dp"
16 android:text="Lanzar Activity Implicita"
17 app:layout_constraintEnd_toEndOf="parent"
18 app:layout_constraintStart_toStartOf="parent"
19 app:layout_constraintTop_toTopOf="parent" />
20 </android.support.constraint.ConstraintLayout>
Código da Activity Principal
1 package es.cursoandroid.cifprodolfoucha.aprendiendo.Intents;
2
3 import android.app.Activity;
4 import android.content.Intent;
5 import android.os.Bundle;
6 import android.view.View;
7
8 import es.cursoandroid.cifprodolfoucha.aprendiendo.R;
9
10 public class UD03_02_A1_Intents extends Activity {
11
12 @Override
13 protected void onCreate(Bundle savedInstanceState) {
14 super.onCreate(savedInstanceState);
15 setContentView(R.layout.activity_ud03_02__a1__intents);
16
17
18 findViewById(R.id.btnLanzar_UD03_02_A1_Intents).setOnClickListener(new View.OnClickListener() {
19 @Override
20 public void onClick(View v) {
21 Intent intent = new Intent(Intent.ACTION_MAIN);
22 if (intent.resolveActivity(getPackageManager())!=null){ // Comprobamos sempre nas chamadas implicitas se existe algunha activity que poida atender a miña petición
23 startActivity(intent);
24 }
25 }
26 });
27
28 }
29 }
- Neste caso estamos a utilizar un dos Actions predefinidos do S.O. Android.
O XML da Segunda Activity
1 <?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
2 <android.support.constraint.ConstraintLayout xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android"
3 xmlns:app="http://schemas.android.com/apk/res-auto"
4 xmlns:tools="http://schemas.android.com/tools"
5 android:layout_width="match_parent"
6 android:layout_height="match_parent"
7 tools:context=".Intents.UD03_02_A2_Intents">
8
9 <TextView
10 android:id="@+id/textView7"
11 android:layout_width="wrap_content"
12 android:layout_height="wrap_content"
13 android:layout_marginEnd="8dp"
14 android:layout_marginStart="8dp"
15 android:layout_marginTop="8dp"
16 android:text="Segunda Activity"
17 android:textSize="24sp"
18 app:layout_constraintEnd_toEndOf="parent"
19 app:layout_constraintStart_toStartOf="parent"
20 app:layout_constraintTop_toTopOf="parent" />
21 </android.support.constraint.ConstraintLayout>
O XML da Terceira Activity
1 <?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
2 <android.support.constraint.ConstraintLayout xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android"
3 xmlns:app="http://schemas.android.com/apk/res-auto"
4 xmlns:tools="http://schemas.android.com/tools"
5 android:layout_width="match_parent"
6 android:layout_height="match_parent"
7 tools:context=".Intents.UD03_02_A1_Intents">
8
9 <?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
10 <android.support.constraint.ConstraintLayout xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android"
11 xmlns:app="http://schemas.android.com/apk/res-auto"
12 xmlns:tools="http://schemas.android.com/tools"
13 android:layout_width="match_parent"
14 android:layout_height="match_parent"
15 tools:context=".Intents.UD03_02_A3_Intents">
16
17 <TextView
18 android:id="@+id/textView8"
19 android:layout_width="wrap_content"
20 android:layout_height="wrap_content"
21 android:layout_marginBottom="8dp"
22 android:layout_marginEnd="8dp"
23 android:layout_marginStart="8dp"
24 android:layout_marginTop="8dp"
25 android:text="TERCEIRA ACTIVITY"
26 android:textSize="30sp"
27 app:layout_constraintBottom_toBottomOf="parent"
28 app:layout_constraintEnd_toEndOf="parent"
29 app:layout_constraintStart_toStartOf="parent"
30 app:layout_constraintTop_toTopOf="parent" />
31 </android.support.constraint.ConstraintLayout>
O Arquivo AndroidManifiest.xml
1 <activity
2 android:name=".Intents.UD03_02_A1_Intents"
3 android:label="UD03_02_A1_Intents">
4 <intent-filter>
5 <action android:name="android.intent.action.MAIN" />
6
7 <category android:name="android.intent.category.LAUNCHER" />
8 </intent-filter>
9 </activity>
10 <activity android:name=".Intents.UD03_02_A2_Intents"
11 android:label="UD03_02_A2_Intents">
12 <intent-filter>
13 <action android:name="android.intent.action.MAIN" />
14 <category android:name="android.intent.category.DEFAULT" />
15 </intent-filter>
16 </activity>
17
18 <activity android:name=".Intents.UD03_02_A3_Intents"
19 android:label="UD03_02_A3_Intents">
20 <intent-filter>
21 <action android:name="android.intent.action.MAIN" />
22 <category android:name="android.intent.category.DEFAULT" />
23 </intent-filter>
24 </activity>
- Liñas 14,22: Vemos como debes incluír a categoría CATEGORY_DEFAULT no filtro de intents. Se non se pon, startActivity() ou startActivityForResult() non funcionarán.
- Podemos facer o mesmo, pero definindo a noso propio Action (lembrar que nese caso o nome do Action ten que estar precedido polo nome do paquete):
- Modificamos o AndroidManifiest.xml
1 <activity android:name=".Intents.UD03_02_A2_Intents"
2 android:label="UD03_02_A2_Intents">
3 <intent-filter>
4 <action android:name="es.cursoandroid.cifprodolfoucha.aprendiendo.ACCION_VISUALIZAR" />
5 <category android:name="android.intent.category.DEFAULT" />
6 </intent-filter>
7 </activity>
8
9 <activity android:name=".Intents.UD03_02_A3_Intents"
10 android:label="UD03_02_A3_Intents">
11 <intent-filter>
12 <action android:name="es.cursoandroid.cifprodolfoucha.aprendiendo.ACCION_VISUALIZAR" />
13 <category android:name="android.intent.category.DEFAULT" />
14 </intent-filter>
15 </activity>
- E modificamos o código da Activity Principal:
1 package es.cursoandroid.cifprodolfoucha.aprendiendo.Intents;
2
3 import android.app.Activity;
4 import android.content.Intent;
5 import android.os.Bundle;
6 import android.view.View;
7
8 import es.cursoandroid.cifprodolfoucha.aprendiendo.R;
9
10 public class UD03_02_A1_Intents extends Activity {
11
12 public final String ACCION_VISUALIZAR = "es.cursoandroid.cifprodolfoucha.aprendiendo.ACCION_VISUALIZAR";
13
14 @Override
15 protected void onCreate(Bundle savedInstanceState) {
16 super.onCreate(savedInstanceState);
17 setContentView(R.layout.activity_ud03_02__a1__intents);
18
19
20 findViewById(R.id.btnLanzar_UD03_02_A1_Intents).setOnClickListener(new View.OnClickListener() {
21 @Override
22 public void onClick(View v) {
23 Intent intent = new Intent();
24 intent.setAction(ACCION_VISUALIZAR);
25 if (intent.resolveActivity(getPackageManager())!=null){ // Comprobamos sempre nas chamadas implicitas se existe algunha activity que poida atender a miña petición
26 startActivity(intent);
27 }
28 }
29 });
30
31 }
32 }
Caso Práctico 2
- Partimos que xa temos creado o proxecto inicial como xa indicamos anteriormente.
- Se non o temos creado antes, crearemos un novo paquete de nome: Intents como un subpaquete do teu paquete principal.
- Dentro do paquete Intents crear unha nova 'Empty Activity' de nome: UD03_03_A1_Intents de tipo Launcher e sen compatibilidade.
- Modifica o arquivo AndroidManifiest.xml e engade unha label á activity como xa vimos na creación do proxecto base.
- Dentro do paquete Intents crear unha nova 'Empty Activity' de nome: UD03_03_A2_Intents de tipo no Launcher e sen compatibilidade.
- Modifica o arquivo AndroidManifiest.xml e engade unha label á activity como xa vimos na creación do proxecto base.
- Engadiránselle, permisos, filtros, e intents implícitos.
Permisos
- Cando instalamos unha aplicación nun dispositivo real (non nun AVD) se precisa acceder a características que esixen algún tipo de permiso, o proceso de instalación pregunta se estamos dispostos a dar eses permisos para que a aplicación poida funcionar con tódalas súas funcionalidades.
- Por exemplo, instalando Gmail:
- O proceso de instalación pregunta ao usuario se por exemplo lle deixa acceder a esta aplicación á súa lista de contactos.
- No ficheiro AndroidManifest.xml é onde se declaran os permisos que precisa a aplicación para poder facer uso de funcionalidades protexidas: contactos, cámara, mermoria usb, gps, etc.
- A través de unha ou varias etiquetas <uses-permission> vanse declarar os permisos que precisa a aplicación.
Exemplos de permisos no ficheiro AndroidManifest.xml
1 <?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
2 <manifest xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android"
3 package="es.cursoandroid.cifprodolfoucha.aprendiendo">
4
5
6 <uses-permission android:name="android.permission.CALL_PHONE" />
7 <uses-permission android:name="android.permission.INTERNET" />
8 <uses-permission android:name="android.permission.READ_CONTACTS" />
9
10
11 <application
12 android:allowBackup="true"
13 android:icon="@mipmap/ic_launcher"
14 android:label="@string/app_name"
15 android:roundIcon="@mipmap/ic_launcher_round"
16 android:supportsRtl="true"
17 android:theme="@style/AppTheme">
18 <activity android:name=".MainActivity" />
- Liña 6: Permiso que "permite" realizar unha chamada de telefono sen pasar a través do interface do teléfono para que o usuario marque.
- Liña 7: Permítelle á aplicación abrir conexións de rede.
- Liña 8: Da súa lectura pódese concluír o que permite.
- Para coñecer os permisos dispoñibles podemos consultar o seguinte enlace e incluílos directamente no xml:
- Se imos a instalar a aplicación nun dispositivo cunha API 23 ou superior, dependendo do tipo de permiso, teremos solicitalo especificamente por programación a maiores de telo posto no arquivo AndroidManifiest.xml como podemos ver neste sección da WIKI.
- Lembrar que os permisos asígnanse no momento da instalación a aplicación. Nun dispositivo real pídeselle consentimento ao usuario, non así nun AVD.
Chamadas a intents de modo implícito
- Como xa se dixo, un compoñente pode ser lanzado de forma implícita cando se indica a acción que se desexa realizar e se é o caso os datos sobre os que se desexa realizar a acción.
- Non se vai especificar cal é a activity que vai atender o intent. Incluso se hai varias Activities que poidan atender ese intent o sistema ofrecerá ao usuario as distintas posibilidades para que escolla.
- Por exemplo, cando dende contactos se desexa enviar un mensaxe a un número de teléfono o sistema ofrece a posibilidade de que se envíe a través de sms, Whatsapp, Viber, etc, se se teñen instalados estes últimos.
- A seguinte imaxe amosa un exemplo no que para abrir unha URL hai dúas aplicacións que o poden facer.
- Para lanzar un intent de modo implícito precísase indicar:
- Acción (action): A acción que se desexa levar a cabo. Por exemplo,
- ACTION_VIEW, para mostrar datos ao usario
- ACTION_EDIT, para editar os datos que nos pasan
- ACTION_PICK. selecciona un ítem dun conxunto de datos e devolve o selccionado.
- ACTION_WEB_SEARCH. busca no navegador as palabras indicadas.
- etc.
- Datos (data): os datos sobre os que se vai operar, por exemplo, unha url, os datos dun contacto,a cadea de busca, etc.
- Acción (action): A acción que se desexa levar a cabo. Por exemplo,
- Exemplo:
- ACTION_VIEW content://contacts/people/1 -- Amosa a información sobre a persoa con identificador 1.
Filtros de intencións (Intent Filters)
- Android busca os compoñentes que poden responder a unha Acción nos filtros de intención que se definen no ficheiro AndroidManifest.xml de tódalas aplicacións que están instaladas no dispositivo.
- Cando se constrúe unha activity nunha aplicación, pódese indicar os filtros de intención de manifestan que esa activity pode dar resposta as Accións que lanzan outras aplicacións.
- No noso caso, imos modificar un chisco o código da actividade secundaria para que poida atender a peticións de visionar urls de tipo http.
- Así cando se lance, por exemplo, que se desexa ver http://www.google.es o sistema vai ofrecer 2 opcións: o navegador de internet e a nosa actividade secundaria do proxecto (RecibirDatos).
- Para iso é preciso definir que esa Activity pode atender Accións de visionado de datos tipo http.
1 <?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
2 <manifest xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android"
3 package="com.example.u3_20_intents"
4 android:versionCode="1"
5 android:versionName="1.0" >
6
7 <uses-sdk
8 android:minSdkVersion="16"
9 android:targetSdkVersion="21" />
10
11 <application
12 android:allowBackup="true"
13 android:icon="@drawable/ic_launcher"
14 android:label="@string/app_name"
15 android:theme="@style/AppTheme" >
16 <activity
17 android:name=".U3_20_Intents"
18 android:label="@string/app_name" >
19 <intent-filter>
20 <action android:name="android.intent.action.MAIN" />
21
22 <category android:name="android.intent.category.LAUNCHER" />
23 </intent-filter>
24 </activity>
25 <activity
26 android:name=".RecibirDatos"
27 android:label="@string/title_activity_recibir_datos" >
28 <intent-filter>
29 <action android:name="android.intent.action.VIEW" />
30
31 <category android:name="android.intent.category.DEFAULT" />
32
33 <data android:scheme="http" />
34 </intent-filter>
35 </activity>
36 </application>
37
38 <uses-permission android:name="android.permission.CALL_PHONE" />
39 <uses-permission android:name="android.permission.INTERNET" />
40 <uses-permission android:name="android.permission.READ_CONTACTS" />
41
42
43 </manifest>
- Liñas 28 e 25: delimitan os filtros de intencións para a activity RecibirDatos.
- Liña 29: indica para que tipo de accións esta dispoñible esta activity.
- Liña 30: A categoría indica as circunstancias nas que se debe desenvolver a acción.
- Liña 33: o tipo de datos que pode atender esta activity cando haxa unha intención preguntando por recursos http.
Caso práctico
- A continuación imos engadir unha serie de botóns, modificar o código, etc ao proxecto.
- Continuar co proxecto U3_20_Intents.
- Intents implícitos
- I.i
Premer en Chamar por teléfono. Vaise lanzar o seguinte intent:
intent = new Intent(Intent.ACTION_CALL, Uri.parse("tel:(+34)981445566"));Premer en Marcar nº teléfono. Vainos lanzar a activity na que nos decidimos se marcamos o número a marcar.
intent = new Intent(Intent.ACTION_DIAL, Uri.parse("tel:(+34)986112233"));Premer agora en Abrir navegador*. Onde se van ofrecer un par de opcións para abrir a url especificada.
intent = new Intent(Intent.ACTION_VIEW, Uri.parse("http://www.google.es/"));
XML do Layout principal
- Engadiuse unha serie de botóns, todos chaman ao mesmo método. (Liñas 51-91)
1 <LinearLayout xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android"
2 android:layout_width="match_parent"
3 android:layout_height="match_parent"
4 android:orientation="vertical"
5 android:padding="5dp" >
6
7 <LinearLayout
8 android:layout_width="match_parent"
9 android:layout_height="wrap_content"
10 android:orientation="horizontal" >
11
12 <TextView
13 android:layout_width="wrap_content"
14 android:layout_height="wrap_content"
15 android:text="Dime o teu nome" />
16
17 <EditText
18 android:id="@+id/et_nome"
19 android:layout_width="match_parent"
20 android:layout_height="wrap_content" />
21 </LinearLayout>
22
23 <CheckBox
24 android:id="@+id/chk_destruir"
25 android:layout_width="match_parent"
26 android:layout_height="wrap_content"
27 android:checked="false"
28 android:text="Destruír esta activity ao chamar á 2ª" />
29
30 <TextView
31 android:layout_width="wrap_content"
32 android:layout_height="wrap_content"
33 android:layout_gravity="center_horizontal"
34 android:text="Chamadas explícitas a intents"
35 android:textColor="#00F" />
36
37 <Button
38 android:id="@+id/btn_enviar"
39 android:layout_width="match_parent"
40 android:layout_height="wrap_content"
41 android:onClick="onEnviarClick"
42 android:text="Chamar 2ª Activity: Recibir Datos" />
43
44 <Button
45 android:id="@+id/btn_calculadora"
46 android:layout_width="match_parent"
47 android:layout_height="wrap_content"
48 android:onClick="onCalculadoraClick"
49 android:text="Calculadora" />
50
51 <TextView
52 android:layout_width="wrap_content"
53 android:layout_height="wrap_content"
54 android:layout_gravity="center_horizontal"
55 android:text="Chamadas implícitas a intents"
56 android:textColor="#00F" />
57
58 <Button
59 android:id="@+id/btn_amosar_contactos"
60 android:layout_width="match_parent"
61 android:layout_height="wrap_content"
62 android:onClick="chamarIntent"
63 android:text="Amosar contactos" />
64
65 <Button
66 android:id="@+id/btn_seleccionar_contacto"
67 android:layout_width="match_parent"
68 android:layout_height="wrap_content"
69 android:onClick="chamarIntent"
70 android:text="Seleccionar contacto" />
71
72 <Button
73 android:id="@+id/btn_chamar_tel"
74 android:layout_width="match_parent"
75 android:layout_height="wrap_content"
76 android:onClick="chamarIntent"
77 android:text="Chamar por teléfono" />
78
79 <Button
80 android:id="@+id/btn_marcar_tel"
81 android:layout_width="match_parent"
82 android:layout_height="wrap_content"
83 android:onClick="chamarIntent"
84 android:text="Marcar nº de teléfono" />
85
86 <Button
87 android:id="@+id/btn_navegador"
88 android:layout_width="match_parent"
89 android:layout_height="wrap_content"
90 android:onClick="chamarIntent"
91 android:text="Abrir navegador*" />
92
93 </LinearLayout>
Código Java da activity principal
1 package com.example.u3_20_intents;
2
3 import android.app.Activity;
4 import android.content.Intent;
5 import android.database.Cursor;
6 import android.net.Uri;
7 import android.os.Bundle;
8 import android.provider.ContactsContract;
9 import android.view.Menu;
10 import android.view.View;
11 import android.widget.CheckBox;
12 import android.widget.TextView;
13 import android.widget.Toast;
14
15 public class U3_20_Intents extends Activity {
16
17 public final static String NOME = "com.example.NOME";
18 private static final int COD_PETICION = 33;
19 private static final int COD_CONTACTOS = 7;
20
21 TextView tvNome;
22
23 @Override
24 protected void onCreate(Bundle savedInstanceState) {
25 super.onCreate(savedInstanceState);
26 setContentView(R.layout.activity_u3_20__intents);
27 tvNome = (TextView) findViewById(R.id.et_nome);
28 }
29
30 @Override
31 public boolean onCreateOptionsMenu(Menu menu) {
32 // Inflate the menu; this adds items to the action bar if it is present.
33 getMenuInflater().inflate(R.menu.u3_20__intents, menu);
34 return true;
35 }
36
37 public void onEnviarClick(View view) {
38 CheckBox chkDestruir = (CheckBox) findViewById(R.id.chk_destruir);
39
40 Intent intent = new Intent(this, RecibirDatos.class);
41 intent.putExtra(NOME, tvNome.getText().toString());
42
43 // startActivity(intent);
44 startActivityForResult(intent, COD_PETICION);
45
46 if (chkDestruir.isChecked())
47 finish();
48 }
49
50 protected void onActivityResult(int requestCode, int resultCode, Intent data) {
51
52 if (requestCode == COD_PETICION) {
53 if (resultCode == RESULT_OK) {
54 if (data.hasExtra("APELIDO"))
55 Toast.makeText(this, tvNome.getText() + "\nO teu apelido é: " + data.getExtras().getString("APELIDO"), Toast.LENGTH_SHORT).show();
56
57 } else
58 Toast.makeText(this, "Saíches da actividade secundaria sen premer o botón Pechar", Toast.LENGTH_SHORT).show();
59 } else if (requestCode == COD_CONTACTOS && resultCode == RESULT_OK) {
60 Uri contactoData = data.getData();
61 Cursor c = managedQuery(contactoData, null, null, null, null);
62 if (c.moveToFirst()) {
63 String nombre = c.getString(c.getColumnIndexOrThrow(ContactsContract.Contacts.DISPLAY_NAME));
64 Toast.makeText(this, "Contacto: " + nombre, Toast.LENGTH_LONG).show();
65 }
66 }
67
68 }
69
70 public void onCalculadoraClick(View v) {
71
72 Intent intent = new Intent();
73 intent.setClassName("com.android.calculator2", "com.android.calculator2.Calculator");
74
75 startActivity(intent);
76 }
77
78 public void chamarIntent(View view) {
79 Intent intent = null;
80 switch (view.getId()) {
81 case R.id.btn_seleccionar_contacto:
82 intent = new Intent(Intent.ACTION_PICK, Uri.parse("content://contacts/people/"));
83 startActivityForResult(intent, COD_CONTACTOS);
84 break;
85
86 case R.id.btn_amosar_contactos:
87 intent = new Intent(Intent.ACTION_VIEW, Uri.parse("content://contacts/people/"));
88 startActivity(intent);
89 break;
90
91 case R.id.btn_chamar_tel:
92 intent = new Intent(Intent.ACTION_CALL, Uri.parse("tel:(+34)981445566"));
93 startActivity(intent);
94 break;
95
96 case R.id.btn_marcar_tel:
97 intent = new Intent(Intent.ACTION_DIAL, Uri.parse("tel:(+34)986112233"));
98 startActivity(intent);
99 break;
100
101 case R.id.btn_navegador:
102 intent = new Intent(Intent.ACTION_VIEW, Uri.parse("http://www.google.es/"));
103 startActivity(intent);
104 break;
105 }
106 }
107
108 public void finish() {
109 super.finish();
110 Toast.makeText(this, "Mataches a actividade principal", Toast.LENGTH_SHORT).show();
111 }
112
113 }
- Liña 19: Créase unha nova constante de tipo enteiro cun valor calquera para cando chamemos a activity de contactos para que nos devolva un contacto.
- Liñas 59-66: Revisamos cando se volva dunha actividade secundaria, se é a de Contactos. Nese caso (escápase aos obxectivos desta unidade) créase un cursos para procesar os datos recibidos da activity contactos.
- Liñas 78-106: Procesado dos distintos botóns, creación dos intents en función do tipo de acción e datos que se desexan procesar.
- Liñas 82 e 83: Observar como se chama a activity de contactos para que logo nos devolva o contacto seleccionado.
XML do Layout da Activity Secundaria: RecibirDatos
- Non hai ningún cambio con respecto ao proxecto anterior.
1 <LinearLayout xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android"
2 xmlns:tools="http://schemas.android.com/tools"
3 android:layout_width="match_parent"
4 android:layout_height="match_parent"
5 android:orientation="vertical" >
6
7 <TextView
8 android:id="@+id/tv_resultado"
9 android:layout_width="wrap_content"
10 android:layout_height="wrap_content"
11 android:layout_gravity="center_horizontal"
12 android:text="resultado"
13 android:textSize="20sp" />
14
15 <EditText
16 android:id="@+id/et_apelido"
17 android:layout_width="wrap_content"
18 android:layout_height="wrap_content"
19 android:layout_gravity="center_horizontal"
20 android:hint="Introduce o teu apelido" />
21
22 <Button
23 android:id="@+id/btn_pechar"
24 android:layout_width="wrap_content"
25 android:layout_height="wrap_content"
26 android:layout_gravity="center_horizontal"
27 android:onClick="onPecharClick"
28 android:text="Pechar" />
29 </LinearLayout>
O código Java da Activity Secundaria: RecibirDatos
1 package com.example.u3_20_intents;
2
3 import android.app.Activity;
4 import android.content.Intent;
5 import android.os.Bundle;
6 import android.view.Menu;
7 import android.view.View;
8 import android.widget.EditText;
9 import android.widget.TextView;
10
11 public class RecibirDatos extends Activity {
12 // String Forma_Pechar_Activity;
13
14 @Override
15 protected void onCreate(Bundle savedInstanceState) {
16 super.onCreate(savedInstanceState);
17 setContentView(R.layout.activity_recibir_datos);
18 // Forma_Pechar_Activity = " Premendo botonera Retroceso";
19
20 TextView tvResultado = (TextView) findViewById(R.id.tv_resultado);
21
22 Intent intent = getIntent();
23
24 if ("http".equals(intent.getScheme()))
25
26 tvResultado.setText("URL: " + intent.getDataString());
27 else
28 tvResultado.setText("Ola " + intent.getExtras().getString(U3_20_Intents.NOME));
29
30 }
31
32 @Override
33 public boolean onCreateOptionsMenu(Menu menu) {
34 // Inflate the menu; this adds items to the action bar if it is present.
35 getMenuInflater().inflate(R.menu.recibir_datos, menu);
36 return true;
37 }
38
39 public void onPecharClick(View view) {
40 // Forma_Pechar_Activity = " Premendo botón Pechar";
41 EditText et_apelido = (EditText) findViewById(R.id.et_apelido);
42
43 Intent datos_volta = new Intent();
44 datos_volta.putExtra("APELIDO", et_apelido.getText().toString());
45 setResult(RESULT_OK, datos_volta);
46 finish();
47
48 }
49
50 public void finish() {
51 super.finish();
52 // Toast.makeText(this, "Saíches da actividade secundaria: " +
53 // Forma_Pechar_Activity, Toast.LENGTH_SHORT).show();
54 }
55
56 }
- Liñas 24-28: Engadiuse a posibilidade de poder procesar intents cuxo esquema (getSchema) sexa de tipo http. Nese caso simplemente amosamos a URL á que desexaba conectarse o usuario.
-- Ángel D. Fernández González e Carlos Carrión Álvarez -- (2015).


