PDM Fab

De MediaWiki
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Introdución

  • Máis información en:
PDM Fab 3.jpg
Imaxe obtida deste enlace


  • Este tipo de botón foi engadido a partires da versión 22 de Android (Android 5) e graficamente ten un aspecto redondo cunha icona no centro.
Este e outros compoñentes se atopan na librería Android Design Support Library, coma por exemplo SnackBar.
Fixarse como ao empregar dito compoñente debemos ter no build.gradle (a nivel de módulo) dita librería:
PDM Fab 4.jpg



Segundo a guía de Material Design ten que ter unha elevación de 6dp´s e un tamaño de 56dp´s na súa versión por defecto podendo ter un tamaño de 40x40dp´s cando o ancho da pantalla sexa inferior a 460dp´s. Existen outras series de especificación sobre o tamaño da icona,...que podedes consultar neste enlace.


  • Normalmente non se debe empregar máis de un Fab en cada activity xa que dito Fab vai representar unha acción principal ou unha acción habitual da activity.
Podemos ver nesta imaxe exemplo de uso correctos e incorrectos do FAB, obtidas deste enlace:
PDM Fab 2.jpg
  • Existen dous tipos de Fabs: standard e extended.
Podedes consultar as características de cada un deles no enlace anterior.
No caso do Standard, non se debe empregar texto dentro do Fab e se ten que empregar unha icona que sexa representativa da acción que se vai facer.



Funcionamento e atributos básicos

PDM Fab 1.jpg


  • Tamaño do Fab: : Propiedade app:fabsize a cal acepta os valores 'normal','mini' e 'auto' ou ben por programación chamando ao método setSize().
  • RippleColor: Efecto de cambio de cor do Fab ao premer nel. Un exemplo neste enlace. Propiedade app:rippleColor o por programación setRippleColor().
  • Icona do Fab: Cambiando a propiedade app:srcCompat o por programación chamando ao método setImageDrawable().
  • Cor de fondo: app:backgroundTint e o seu método setBackgroundTintList(ColorStateList.valueOf(Color.XXXXX))
  • Tamaño da icona: app:maxImageSize (non se debería cambiar para cumprir os criterios de Material Design)
  • Tamaño do fab: app:fabCustomSize (non se debería cambiar para cumprir os criterios de Material Design) e o seu método setCustomSize()
  • Tamaño do borde do fab: app:borderWidth
  • Elevación: app:elevation e o seu método setElevation(). Indicar que se temos un minSDK inferior a 21 non poderemos empregar este método e teremos que facer uso da clase ViewCompat da forma: ViewCompat.setElevation(View v, int elevation)







-- Ángel D. Fernández González - (2019)